Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061448 - Cultivos Herbáceos Intensivos II (Intensificación en Hotofruticultura e Xardinaría) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Illera Vives, Marta .NON
LOPEZ FABAL, ADOLFO.NON
RUIZ NOGUEIRAS, BENIGNO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A.- OBXECTIVO XENÉRICO: Que os alumnos de Cultivos Herbáceos Intensivos II coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos hortícolas comestibles e de ornamentais, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista.

    B.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
    - Recoñecer especies hortícolas e ornamentais e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
    - Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudio e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes á formación do produto final comercializable.
    - Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo dos mesmos.
    - Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies, patróns (no seu caso), e variedades para cada situación concreta.
    - Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
    - Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de produción de sementes, e no seu caso, de propagación de especies polos métodos axeitados.
    - Coñecer a problemática da recolección e os criterios de calidade dos produtos (froitos, flor cortada, planta en testo, etc.).
    - Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.

    Contidos
    Esta materia consta de dúas partes ben diferenciadas agrupados baixo os epígrafes de Olericultura e Floricultura. En cada un deles abordaranse coñecementos xerais sobre os cultivos que engloban, coñecementos particulares aplicados a cada especie, e relación coas demais especies cultivadas, e co entorno no que se desenvolven, permitíndolle ao alumno a planificación dun manexo sostible dos sistemas agrícolas.

    - OLERICULTURA (Cultivos herbáceos hortícolas comestibles).
    Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos hortícolas
    Estudo dos cultivos polo seu aproveitamento: cultivos aproveitados polas súas follas, cultivos aproveitados polos seus froitos, cultivos aproveitados polos seus órganos subterráneos. Estudo de especies de cada cada tipo de cultivo.Técnicas de cultivo, colleita, conservación, comercialización.

    - FLORICULTURA (Cultivos ornamentais e de flor cortada).
    Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos Clasificación. Plantas de exterior e plantas de interior; cultivos para flor cortada, e cultivos en testo. Estudo dos principais grupos de cultivos ornamentais, e dentro destes, as especies mais importantes: técnicas de cultivo, propagación, colleita, comercialización.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    - Cordeiro Budiño,X, e o. 1998 "A nosa horta" Guía: Ed. Xerais de Galicia
    - Descriptores de IPGRI, de la UPOV(Unión Internacional para la Obtención de Vegetales y de la OEVV(Oficina Española de Variedades Vegetales)
    - Maroto,J.V. 1990 "Elementos de Horticultura especial" Ed. Mundi P. Madrid.
    - Ramos,E. Rallo, L. . 1992" Nueva horticultura : Tecnología de los sistemas hotícolas" Ed. M.Prensa,Madrid
    - Serrano Cerdeño, Z. 1990" Técnicas de invernadero" S. Cerdeño , Sevilla.
    - Serrano Cerdeño, Z. 1990 "Protuario del horticultor" S. Cerdeño, Sevilla.
    - Complementaria:
    - Evans,L.T, 1993 "Fisiología de cultivos" E. Hemisferio Sur, Buenos Aires.
    - Valadez López, A. 1989 "Producción de hortalizas" Noriega E. México.
    - Amoros Castañer,M 1998 Ed. M.P. Madrid.
    - Besnier, F. 1989 "Semillas , biología y tecnología .E. Mundi P. ,Madrid
    - López,L e Castillo, J,E. 1987 "Nuevas tecnologías en cultivos en invernadero"ETSIA Cordoba. Universidad .
    - Mainardi-Fzio, F. 1997"Los cultivos hidropónicos" De Vecchi, Barcelona.
    - Martinez Caldevilla, E e García Lozano,M. 1993 "Cultivos sin suelo: hortalizas . Ed. Reus.
    - Serrano Cerdeño, Z. 1997 "Hortalizas en invernadero" E. Aedos, Barcelona.
    - Serrano Cerdeño, Z 1996 "Cultivo de hortaliza" Z. Serrano Cerdeño, Sevilla.
    - Sobrino, E e Sobrino, E. 1994 "Tratado de horticultura herbácea". Ed. Aedos, Barcelona.



    Accati, E, 1982. “La rosa. Techniche di produzione del fiore reciso”. Edagricole, Bologna.
    Alpi, A. y Tognioni, F. 1991. “Cultivo en invernadero”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
    Arbós, A.M. 1992. “El crisantemo. Cultivo, multiplicación y enfermedades”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
    Berninger, E. 1990. “Cultures florales de serres en zone mediterranèenne francaise: éléments climatiques et physiologiques”. INRA Publications, Versailles, Francia.
    Cadahía López, C. 1998. (ed.) “Fertirrigación: cultivos hortícolas y ornamentales”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
    FAO 1988. “Cultures protégées en climat mediterranéen”. FAO, Roma.
    FAO 1990. Soiless culture for horticultural crop production. FAO, Roma.
    Hartman, J.J. y Kester, E. 1987. “Propagación de plantas”. Compañía Editorial Continental, México.
    Jiménez, R. y Caballero, M. 1990. “El cultivo industrial de plantas de maceta”. Ediciones Horticultura, Reus.
    Larson, R.A. (ed.) 1992. “Introduction to floriculture”. Academic Press, San Diego, California.
    Lemaire, F. 1989. “Cultures en pots et en conteneurs: pricipes agronomiques et applications”. INRA Publications, Versailles.
    MacMillan, P. 1990. “Guía práctica de la jardinería. La multiplicación de las plantas”. Folio, Barcelona.
    Rosauro, J. 1983. “El clavel para flor cortada”. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Madrid.
    Soriano, J.M. 1990. “Manual práctico de flor cortada”. Ediciones Veinte, Valencia.

    Competencias
    Coñecer, comprender e aplicar os fundamentos dos cultivos hortícolas e ornametais e de flor cortada, e de manexo dos mesmos, para a súa aplicación á hora da planificación dunha explotación, ou sistema de cultivo no marco dunha agricultura sostible
    Metodoloxía da ensinanza
    - Unha primeira parte de ensinanza teórica: clase maxistral e traballos de alumnos a través do material audiovisual, desenvolvendo o contido dos temas do programa de teoría.

    - Aplicación dos conceptos adquiridos nas clases de teoría mediante clases prácticas, que serán tanto no laboratorio, coma no invernadoiro e no campo de prácticas da Escola, onde se levará a cabo entre outras cousas a realización dunha sementeira, repicado, transplante e seguemento fenolóxico de diferentes cultivos.

    - Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector.

    Sistema de evaluación
    - Será preciso aprobar conxuntamente as partes teórica e práctica da materia.
    A avaliación da teoría farase mediante un exame e a cualificación dos traballos realizados.
    - Nas prácticas avaliarase a asistencia e implicación do alumno, así como os posibles traballos que se realicen. As viaxes de prácticas valoraranse como prácticas, considerando un peso ponderado na nota respecto dunha práctica ordinaria, proporcional á súa duración.
    - As cualificacións corresponderán un 60% á teoría e un 40% á práctica.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Por cada hora de clase de teoría ou práctica, o alumno debería dedicar por término medio de 1,5 horas de estudio.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir a clase e levar a materia ao día.
    - Estudio razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
    - Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
    - Tentar manter un contacto cos factores do entorno relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
    - Consulta da bibliografía recomendada