Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081324 - Termotecnia e Instalacións Térmicas (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Máquinas e Motores Térmicos
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MAGIDE AMEIJIDE, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao futuro Graduado os coñecementos básicos necesarios nas instalacións auxiliares relacionadas co frío e a calor para o desempeño da súa actividade profesional dentro do campo das Industrias Agroalimentarias.
    Contidos
    1.- Transmisión de calor por condución.
    2.- Transmisión de calor por convección.
    3.- Transmisión de calor por radiación.
    4.- Transmisión complexa de calor
    5.- Cambiadores de calor.
    6.- Illantes térmicos
    7.- Vapor de auga. Instalacións.
    8.- Procesos do aire húmido. Instalacións.
    9.- Produción de frío por compresión mecánica.
    10.- Determinación da potencia frigorífica.
    11.- Elementos principais da instalación de compresión mecánica.
    12.- Refrixerantes. Regulación e control do sistema frigorífico.
    13.- Instalacións solares térmicas.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    B1.- AMIGO MARTÍN, P. Termotecnia. Aplicaciones Agroindustriales. Mundi-Prensa. Madrid 2000
    B2.- CHAPMAN, A. J. Transmisión de calor . Interciencia 1999
    B3.- COLEGIO OFIC. DE INGEN. AGR. MURCIA. Nuevo curso de ingeniería del frío. A. Madrid Vicente. Madrid 1997
    B4.- DE ANDRES, J.A. Problemas de Termotecnia. E.T.S.I.de Madrid. Madrid 1990
    B5.- DEL ARCO VICENTE, L. Termotecnia. Calor Industrial. Mitre. Barcelona 1984.
    B6.- LOPEZ GÓMEZ, A. Diseño de instalaciones frigoríficas para la industria agroalimentaria. Colegio Oficial de Ingenieros Agrónomos de Cataluña. Barcelona 1994.
    B7.- MORAN M.J. y SHAPIRO, H.N. Termodinámica Técnica. Reverté. Barcelona
    1998
    B8.- MAGIDE AMEIJIDE, J.M. Termotecnia. Tablas, gráficos, materiales,..Unicopia. Lugo 1996
    B9.- PINAZO OJER, J.M. Cálculo de instalaciones frigoríficas. Univ. Polit. de Valencia. Valencia 2002


    Bibliografía complementaria:

    BC1.- ILLA y ALIBÉS, J. Problemes de Termotecnia. Eumo. Barcelona 1990
    BC2.- INCROPERA, F. Y DEWILT,D. Fundamentos de transferencia de calor. Prentice Hall. México 1999
    BC3.- HOLMAN, J.P. Transferencia de calor. Mc Graw Hill. Madrid 2000
    BC4.- LÓPEZ GÓMEZ, A. Instalaciones frigoríficas en bodegas. A. Madrid Vicente. Madrid1992.
    BC5.- RAPIN, P.J. Instalaciones frigoríficas. Marcombo. Barcelona 1992
    BC6.- IDAE. Uso eficiente de energía en calderas y redes de fluidos. Publicaciones IDAE. 1998

    Competencias
    Competencias xerais:

    Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos relacionados coas industrias agroaliementarias.
    Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias,

    Competencias específicas:

    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de funcionamento de equipos e máquinas auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das instalacións.
    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS:
    As sesións académicas teóricas empregaranse para que o alumno aprenda mediante a exposición do profesor os conceptos e as metodoloxías de traballos necesarias para poder empezar a desenvolver o seu traballo autónomo. As devanditas sesións realizaranse na súa maioría co apoio de presentacións realizadas en ordenador e proxectadas; previamente serán facilitadas ao alumno.

    RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS:
    Ao alumno facilitaráselle unha serie de boletíns de problemas que deberá resolver ou intentar resolver, posteriormente o as sesións expositivas abordaranse as dúbidas e resolucións destes.

    TRABALLOS:
    Na aula serán formulados durante o curso 3 ou 4 traballos, aos que os alumnos darán solución, posteriormente á entrega realizarán a defensa destes

    PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
    O profesor realizará unha explicación do marco teórico necesario para a comprensión da teoría da práctica a desenvolver.
    Explicación do equipo e dos instrumentos
    Os estudantes operarán o equipo, tomarán datos para que posteriormente poidan desenvolver o informe da práctica.
    A realización das prácticas é obrigatoria.

    Utilizarase como apoio á docencia a USC virtual.
    Sistema de evaluación
    Os coñecementos teóricos e prácticos avaliaranse mediante as seguintes:

    A avaliación da asistencia farase mediante controis aleatorios, de forma que o alumno que supere o 80% dos controis, obterá a puntuación por asistencia.

    Ao finalizar cada un dos temas, na sesión seguinte, farase unha proba tipo test con cuestións básicas.

    A avaliación dos traballos farase sobre a base da presentación en data e defensa destes.

    A avaliación das prácticas de laboratorio farase mediante a entrega dos informes correspondentes e a súa posterior corrección.

    As probas escritas constarán de dúas partes: unha teórica, destinada a avaliar o coñecemento e comprensión dos conceptos da materia, e outra práctica, dedicada a problemas. Á parte teórica correspóndelle o 40% da puntuación e á parte práctica o 60%, sendo necesario para superar o exame obter na parte práctica unha puntuación mínima de 2 puntos.

    A cualificación final do alumno obterase como unha suma ponderada das cualificacións obtidas en todas as actividades avaliables realizadas por este e ponderadas do seguinte modo:

    Asistencia......................10%
    Test dos temas............. 10%
    Trabajos........................20%
    Prácticas........................10%
    Exámenes......................50%

    Para a convocatoria extraordinaria consérvanse todas as cualificacións a excepción da do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Preparación e estudo de temas: 13 x 4 h =52 h

    Resolución de problemas: 17 boletíns x 2 h =35 h.

    Elaboración de informes de prácticas: 6 x 2,5 h =15 h.

    Traballos: 4 x 12 h =36 h

    Defensa de traballos: 4 x 0,5 h =2 h.

    Realización de probas escritas: 3 x 3 h =9 h.

    Total horas de estudo e traballo persoal =149
    Total horas de clases, prácticas e titorías =76
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a todas as actividades docentes propostas nesta materia, sexan voluntarias ou
    obrigatorias, facilitan notoriamente a aprendizaxe da materia e supoñen ademais a adquisición de
    puntuación necesaria para a cualificación final. Recoméndase polo tanto ao alumno a súa implicación e participación continuada en todas as actividades.

    Resolución das dúbidas en canto xurdan.

    Deberá realizar ou intentar realizar os exercicios propostos previamente á asistencia ás clases interactivas correspondentes.

    Entrega regular e en data dos traballos propostos e dos informes das prácticas de laboratorio.

    Realizar consultas bibliográficas, de normativa e catálogos comerciais.

    Observacións
    As prácticas superadas gardaranse durante dous cursos, sen detrimento de que o alumno que o
    desexe exerza o seu dereito a repetilas.