G4081326 - Construción Agroindustrial (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia está orientada a proporcionar ao alumnado a formación necesaria para deseñar, calcular, planificar e dirixir as construcións máis habituais no ámbito da súa competencia. Isto implica o estudio dos elementos construtivos na edificación agroindustrial, a adquisición de coñecementos que permitan o dimensionado e o cálculo de estruturas de aceiro e de formigón na construción rural.
ContidosPrograma de teoría
- Unidade I. Accións na edificación
Tema 1: Evaluación das accións que actúan sobre a edificación.
Normativa. Accións gravitatorias. Sobrecarga de uso. Sobrecarga de neve. Accións de vento. Accións térmicas e de retracción. Acción sísmica. Combinación de accións según CTE-SE.
- Unidade II: Estruturas de formigón
Tema 2: Bases de cálculo.
Introdución. Materiais: propiedades tecnolóxicas e datos para o proxecto. Principios xerais e método dos Estados Límite. Análise estrutural.
Tema 3: Comprobación de seccións.
Cálculos relativos aos Estados Límite Últimos. Cálculos relativos aos Estados Límite de Servizo.
- Unidade III: Cimentacións.
Tema 4: Estudio de cimentacións.
Introdución. Normativa DB-SE-C. Tipos de cimentacións. Cimentacións superficiais: clasificación. Cimentacións ríxidas e flexibeis. Comprobación de elementos e dimensionamento das armaduras. Vigas centradoras e vigas de atado.
Programa de actividades interactivas
- Unidade I: Accións na edificación
. Seminario 1: Exemplo de cálculo de accións segundo CTE-AE
. Seminario 2: Cálculo de accións e combinacións posíbeis segundo CTE-SE.
. Laboratorio 1: Cálculo e combinación de accións sobre un pórtico tipo
- Unidade II: Estruturas de formigón
. Seminario 3: Cálculo de seccións en formigón armado (valores de cálculo dos materiais, ambiente e recubrimento)
. Seminario 4: Cálculo de seccións en formigón armado (compresión e tracción simple)
. Laboratorio 2: Cálculo de esforzos en pórtico tipo para as accións calculadas cun programa de cálculo matricial (para armado en próximas prácticas)
. Titoría 1: Accións e hipóteses de cálculo aplicadas a estruturas de formigón
. Seminario 5: Cálculo de seccións en formigón armado (flexión simple)
. Seminario 6: Cálculo de seccións en formigón armado (flexión composta)
. Seminario 7: Exemplos de armado de seccións en formigón (vigas)
. Laboratorio 3: Cálculo de seccións de formigón armado cun programa informático (Vigas: flexíón e esforzos normais)
. Seminario 8: Exemplos de armado de seccións de formigón (piares e pandeo)
. Laboratorio 4. Cálculo de seccións de formigón armado cun programa informático (Piares: flexocompresión e pandeo)
. Seminario 9: Exemplos de cálculo de armadura de cortante en seccións de formigón.
. Laboratorio 5: Cálculo de seccións de formigón armado para os estados límite de servizo. ( Fisuración e deformación)
. Titoría 2: Formigón
- Unidad III: Cimentacións
. Laboratorio 6: Cimentacións. Manexo do DB-SE-C.
. Seminario 10: Exemplo de cálculo de estabilidade.
. Seminario 11: Exemplo de armado de zapata ríxida.
. Seminario 12: Exemplo de armado de zapata flexible.
Bibliografía básica e complementariaUnidade I. Accións na edificación
a) Bibliografía básica:
. VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: bases de cálculo y acciones en la edificación. Ministerio de Vivienda. Madrid.
Última revisión da normativa que rixe a evaluación de accións no país. De obrigado cumprimento, considerase que todo o alumnado debe coñecela tanto nos contenidos coma na súa interpretación e forma de aplicación.
Unidade II. Estruturas de formigón
a) Bibliografía básica:
. EHE-08. INSTRUCCIÓN DE HORMIGÓN ESTRUCTURAL. Ministerio de Fomento. Madrid.
Trátase da normativa que regula o deseño, cálculo e execución de estruturas de formigón, motivo polo que todo o alumnado debe saber interpretar e aplicar .
b) Bibliografía complementaria:
. CALAVERA RUIZ, J. 2008. Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón: en masa, armado y pretensado, de acuerdo con la EHE-08 y EC-2. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
. JIMENEZ MONTOYA, P.; ARROYO PORTERO, J.C.; MORÁN CABRÉ, F.; GARCÍA MESEGUER, A. 2009. Hormigón armado. Editorial Gustavo Gili.
. HERNÁNDEZ MONTES, Y OTROS. 2007. Hormigón Armado y pretensado. Universidad de Granada. Granada.
Unidad III. Cimentacións
a) Bibliografía básica:
. VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: Cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid.
b) Bibliografía complementaria:
. CALAVERA RUIZ, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
CompetenciasA) Xerais
Tal e como se recolle no plano de estudos, de entre as competencias xerais a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona a materia de Construción Agroindustrial son as seguintes:
- Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salga e, en xeral, calquera outra adicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios).
- Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
B) Específicas
- Coñecemento dos diferentes elementos construtivos que compoñen unha edificación agroindustrial.
- Desenvolvemento da capacidade para deseñar e proxectar construcións agroindustriais con estructura de formigón armado.
- Coñecemento dos procedementos para a determinación e cálculo das accións a aplicar sobre unha edificación.
- Coñecemento dos métodos e procedementos para o cálculo e dimensionamento de estruturas de formigón armado, verificando a seguridade das mesmas fronte a estados límite últimos (agotamento por solicitacións normais, cortantes e inestabilidade).
- Desenvolvemento da capacidade para proxectar cimentacións directas mediante zapatas ailladas.
- Saber aplicar a teoría á resolución de problemas prácticos no ámbito da construción
Agroindustrial.
- En todo caso, compre destacar o papel da materia no proceso de xeración do proxecto de enxeñaría, e a necesidade de considerala como un dos piares deste. Neste senso é preciso considerar as edificacións como o soporte físico da actividade agroindustrial que as demanda, cambiando a idea de que cálculos construtivos é sinónimo de traballo de computadora pola idea de que a análise estrutural permite un mellor coñecemento da realidade construtiva.
Metodoloxía da ensinanza A CLASE TEÓRICA
Nas clases teóricas empregarase o método expositivo, de xeito que o/a alumno/a reciba unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos.
En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o razoamento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introdución á aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que ha de lograrse por outros medios.
OS SEMINARIOS E AS PRACTICAS. TRABALLO EN GRUPO
Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo.
Contemplase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos á resolución de estruturas reais de naves agroindustriais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo. Tanto os seminarios, coma as clases de problemas e as clases prácticas baséanse na aplicación do método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular correctamente cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dubidar e preguntarse.
O TRABALLO PERSOAL
Tratarase de orientar o esforzo persoal cara a un modelo no que será o propio alumnado quen descubra relacións entre feitos construíndo interpretacións axeitadas destes. Neste senso contémplase a posibilidade de encomendar a realización de traballos tanto en teoría como en prácticas que serán avaliados.
Así mesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos na materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.
TITORÍAS
Ademais de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou mesmo a formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de lograr unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, se ben estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan se refire ao conxunto do alumnado
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio a titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.
Sistema de evaluación1.- Exame de contidos teórico-práctico (mínimo de 70% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7).
2.- Traballos de curso (ata un 30% da cualificación final).
- Cualificación final
Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalPor termo medio, considérase necesario dedicar dúas horas de estudo por cada hora de carácter expositivo na materia, ás que se lle engade unha media de tres horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases de seminario e de laboratorio.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia á clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos.
Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos.
Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada.
Aproveitamento das titorías establecidas.
ObservaciónsPara o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma da USC onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, boletíns de problemas...