G4081327 - Instalacións Eléctricas (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos das máquinas eléctricas para así poder seleccionalas e aplicalas nas instalacións eléctricas no ámbito agrario
• Coñecemento e comprensión dos elementos necesarios que constitúen as instalacións eléctricas.
• Seleccionar e instalar os aparatos de protección e seguridade segundo a normativa vixente nunha instalación eléctrica e comprensión da súa función.
• Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito das súas competencias profesionais.
• Proxectar e dirixir a instalación de liñas de distribución de enerxía eléctrica, tendo en conta a seguridade da subministración e a normativa vixente.
• Busca autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas
OBXECTIVOS ACTITUDINAIS
• Sensibilizar ao alumno na importancia dos riscos das instalacións eléctricas, que son evitados con instalacións correctamente deseñadas e de acordo coa normativa vixente.
• Sensibilizar ao alumno en relación a importancia da elección de maquinaria eléctrica dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
ContidosCONTIDOS TEÓRICOS
• Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión e Instruccións Técnicas Complementarias.
• Materiais e sistemas de instalación.
• Luminotecnia e instalacións de alumado agroindustrial.
• Instalacións de protección e seguridade.
• Máquinas eléctricas e instalacións de forza na industria agroalimentaria.
• Aforro e eficiencia enerxética.
• Fundamentos de control automático.
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Representación e protección de instalacións eléctricas mediante programas informáticos
• Cálculo luminotécnico de interiores e exteriores mediante programas informáticos
• Esquemas de automatización básica
• Arranque e inversión de xiro de motores asíncronos con variadores de frecuencia
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid (809 pax.).
• Luna Sánchez, Luis et al. Instalaciones eléctricas de baja tension en el sector agrario y agroalimentario. Editorial Mundi-Prensa. Madrid, 2008
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión.Thomson Editores Spain. Madrid (301 pax.).
• Carmona Fernández, D. (2003): Cálculo de Instalaciones y Sistemas Eléctricos: Proyectos a través de supuestos prácticos. Vol. I e II. Ed. @becedario. Badajoz. (1008 páx.).
• Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias. Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (Boletín Oficial do Estado de 18 de setembro de 2002. Núm. 224
• Chapman S.J. 2004. Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill.
• Fernandez, L. ; Landa, J. 1993. Luminotecnia. MC Graw Hill.
• Martínez Domínguez, F. 2003. Tecnología Eléctrica: adaptado al nuevo RBT. Paraninfo
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS DA MATERIA
• CX 1: Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salazóns e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais – parques, xardíns, viveiros, arboledo urbano, etc.–, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornos sometidos a recuperación paisaxística).
• CX 2: Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de suministro hídrico e enerxético, os limites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu contorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e o seu contorno coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
• CX 3: Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
• CX 7: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
• Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• Capacidade de análises e síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• Utilización da información bibliográfica e da internet.
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Metodoloxía da ensinanza CLASES EXPOSITIVAS
Clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases é proporcionar ó alumno os coñecementos básicos que lle permitan aborda-lo estudio da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia
CLASES INTERACTIVAS
Clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema. O estudante disporá do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Boletíns de exercicios resoltos
• Boletíns de exercicios propostos
Preténdese que interactúen profesor e os estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
PRÁCTICAS
TITORÍAS EN GRUPO
Sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
TITORÍAS INDIVIDUAIS
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
O alumno realizará probas escritas constituída por cuestións e exercicios dun conxunto de temas. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas.
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de exames parciais a realizar ao longo do curso, un exame final, traballos, test ou resolución de exercicios de forma individual e/ou por grupo e a realización de prácticas que terán o seguinte peso na cualificación final.
DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
• Exames 70%
• Traballos, tests, actividades 20%
• Prácticas 10%
A porcentaxe dedicado a exames (70%) pódese obter na súa totalidade no exame final. Este exame estará composto de dúas partes: instalacións (50%), máquinas (50%). Os exames parciais a realizar ao longo do semestre permitirán aos estudantes eliminar esa materia de cara ao exame de 1ª convocatoria, sempre que a nota obtida neles sexa de 5 puntos sobre 10. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que será como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os estudantes que xa cursaran a materia e que entregaran a memoria de prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando exclusivamente a nota de prácticas do curso anterior.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 como nota ponderada coas porcentaxes asignadas anteriormente do conxunto dos exames realizados e
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período, examinándose do total da materia xa que non se conservarán as notas dos exames parciais realizados durante o curso.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
• Clases expositivas 24,0
• Clases interactivas 6,0
• Prácticas 6,0
• Titorías en grupo 2,0
• Titorías individuais 0,5
• Actividades de avaliación 4,0
• TOTAL 42,5
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO Horas
• Lectura e preparación de temas 30,0
• Realización de exercicios 12,0
• Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre éstas 6,0
• Elaboración de traballos de curso 16,0
• Preparación de probas de avaliación 6,0
• TOTAL 70,0
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberían ter cursado e superado a materias de Matemáticas e Física do primeiro curso e a materia de Electrotecnia de segundo curso.
ObservaciónsAs titorías serán os luns e os martes de 10:00 a 13:00 h no despacho número 13 do pabillón 2, planta 2ª superior.
Os estudantes matriculados na asignatura contarán con atención continuada a través do Campus Virtual. O correo electrónico do profesor é: manuelramiro.rodriguez@usc.es.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran a “normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas” da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).