Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081341 - CAD. Expresión Gráfica Aplicada (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GUERRA PESTONIT, ROSA ANA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado a familiarización co emprego de diferentes ferramentas informáticas para a elaboración do material gráfico relacionado coa súa especialidade.

    Capacitará ós alumnos para o manexo dun programa comercial de CAD de uso xeral, de ampla difusión. Ademais exploraranse alternativas de software libre e de baixo custo, insistindo nas características comúns a os distintos programas de CAD. Desta maneira a aprendizaxe non se limita a o programa principal manexado no curso, e se facilita o trasvase das habilidades adquiridas a outras ferramentas.

    O uso dos programas líganse cos coñecementos previos dos Sistemas de Representación de da Normalización e propician a continuación do desenvolvemento das habilidades de visión espacial e de debuxo a man alzada. A formación recibida na materia de CAD E EXPRESIÓN GRÁFICA APLICADA intégrase no conxunto de habilidades e coñecementos necesarios para o manexo competente da linguaxe gráfica técnica que necesita un graduado en enxeñería da especialidade.

    Contidos
    A docencia realízase en sesións interactivas e titorías. Os contidos teóricos intercálanse no medio das sesións prácticas e líganse directamente cos traballos propostos, polo que o seu desenvolvemento non é lineal.

    Ordénanse nos seguintes bloques temáticos:

    1- INTRODUCIÓN ÓS GRÁFICOS POR ORDENADOR
    1. Gráficos por ordenador. Gráficos vectoriais e bitmap
    2. Programas de debuxo, programas de modelado,
    3. Outras posibilidades:, CAD/CAE/CAM, BIM, deseño paramétrico, deseño
    xenerativo,realidade aumentada, Structure from Motion, impresoras 3D, Fab-lab.

    2-INI CIACIÓN A UN PROGRAMA DE CAD
    1. Entorno do programa
    2. Introdución de comandos
    3. Introdución de datos
    4. Formato de unidades
    5. Referencia a obxectos
    6. Axudas ó debuxo: grella, orto, forzado do cursor e rastrexo polar
    7. Encadre e zum básicos

    3- COMANDOS BÁSICOS PARA EMPEZAR A DEBUXAR
    1. Debuxo de liñas e círculos
    2. Borrado, desprazamento, copia, recorte e alongamento
    3. Propiedades dos obxectos
    4. Xestión de capas
    5. Cambios de propiedades
    6. Escritura básica de textos: estilos, escritura de liñas e de parágrafos

    4- PRESENTACIÓNS
    1. Espazo modelo e espazo papel
    2. Presentacións
    3. Configuración da páxina
    4. Control da escala
    5. Control de capas nas presentacións
    6. Textos anotativos
    7. Modelos (plantillas)

    5- OUTROS COMANDOS DE DEBUXO E MODIFICACIÓN
    1. Arcos, polígonos, elipses, sombreados, puntos
    2. Bocetos, nubes, splines
    3. Modos de selección
    4. Rotación, escalado, aliñación, desfase, estiramento
    5. Simetría, chafrans e redondeos, división
    6. Debuxo e modificación de polilíneas

    6- CONSULTAS E CONTROL DA VISUALIZACIÓN
    1. Distancias e localización de puntos
    2. Áreas
    3. Encadre e zum
    4. Redebuxado e rexeneración
    5. División da pantalla

    7- ACOUTAMENTO
    1. A norma UNE de acoutamento
    2. Terminoloxía e características do acoutamento en AutoCAD
    3. Definición dun estilo de acoutamento
    4. Creación de cotas
    5. Modificación de cotas
    6. Acoutamento anotativo

    8- GRUPOS, BLOQUES E ATRIBUTOS
    1. Manexo de grupos
    2. Creación de bloques
    3. Inserción de bloques
    4. Redefinición de bloques
    5. Atributos

    9- TRAZADO
    1. Configuración de páxinas
    2. Táboas de plumas: tipos e configuración
    3. Creación de debuxos electrónicos
    4. Inserción de debuxos noutras aplicacións

    10- INTRODUCIÓN Ó MODELADO CON AUTOCAD
    1. Visualización e navegación 3D
    2. Xeneración de sólidos
    3. Desprazamento, xiro e escalado
    4. Extrusión de caras, estampado, corte
    5. Debuxo automático de vistas a partir do modelo 3D

    11- INTRODUCIÓN Ó MODELADO CON SKETCHUP
    1. Entorno de programa
    2. Unidades, modelos (plantillas)
    3. Creación de volumes básicos
    4. Modificación de volumes básicos
    5. Deseño con medidas
    6. Visualización

    12- PRESENTACIÓN DOUTROS PROGRAMAS
    1. Programas de modelado: Rhinoceros, Blender, 123D, FreeCAD
    2. Programas de CAD: DraftSight
    3. Programas de escáner fotográfico: 123D Catch, Photosync, ARC3D


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    - Montaño La Cruz, F. AutoCAD 2010. Guía práctica. Anaya Multimedia. Madrid, 2009

    -Gaspar, Joao. 2011. Google SketchUp Pro paso a paso en español. VectorPro

    -Mora Navarro, J.G. AutoCAD aplicado a la ingeniería civil. Editorial de la UPV. Valencia, 2009


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    - Montaño La Cruz, F. AutoCAD 2010. Manual avanzado. Anaya. Madrid, 2009

    - Autodesk. AutoCAD 2010. Manual del usuario. Autodesk. 2009

    -Roskes, Bonnie. 2007. Google SketchUp® 6 : advanced exercises. 5ª ed. West Caldwell, New Jersey:Conceptual Product Development

    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    -Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica tanto por métodos tradicionais de Xeometría métrica e Xeometría descritiva, como mediante as aplicaciones de deseño asistido por ordenador

    - Capacidade para analizar, comprender e executar planos de obras e instalacións

    - Coñecemento das plataformas de Deseño Asistido por Ordenador máis utilizadas e o seu uso para resolver de forma precisa problemas espaciais e de deseño

    COMPETENCIAS XERAIS

    Ademais das específicas, e de acordo coa la memoria do grado, a materia incide nas seguintes competencias xerais:

    - CG1: Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira […], a industria agroalimentaria […] e a xardinería e o paisaxismo […].

    - CG7: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan a aprendizaxe continua, así como a capacidade de adaptación anovas situacións ou entornos cambiantes.

    - CG8: Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.

    - CG12: Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    A materia fomenta as competencias transversais de:

    - Capacidade de análise y síntese
    - Capacidade de razoamento e argumentación
    - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
    - Habilidade no manexo das tecnoloxías da información e comunicación (TIC)
    - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES INTEREACTIVAS

    Realízanse na aula de informática en grupos dun máximo de 20 alumnos. Repártense en 9 sesións de 4 horas cada unha, ó longo de 9 semanas. Proponse un traballo práctico que se desenvolverá na sesión. O profesor introduce os conceptos teóricos necesarios e aclara e guía o traballo, que se entrega ó remate da sesión para a súa corrección e cualificación.

    TRABALLO PERSOAL

    Por cada hora presencial interactiva o alumno desenvolverá 1,5 horas de traballo individual ou en grupo, no que resolverá un traballo práctico que insiste nos conceptos empregados na sesión anterior.

    TITORÍAS EN GRUPO

    Desenvólvense na aula de informática en grupos dun máximo de 10 alumnos nos que se incide en aspectos de especial complexidade cun seguimento personalizado da aprendizaxe.

    TITORÍAS VOLUNTARIAS

    Realízanse no despacho do profesor de xeito individual ou en pequenos grupos. Teñen por finalidade resolver dúbidas relacionadas coa materia.

    EXAMES

    probas prácticas de aplicación dos coñecementos adquiridos.

    REVISIÓN DO EXAME

    Posibilidade de acceder á explicación da corrección do exame e das distintas prácticas e traballos.

    Todo o proceso realízase co apoio do Campus Virtual.

    Sistema de evaluación
    Baséase no seguimento continuado ó longo do curso, combinado coa realización de probas finais.
    A cualificación componse das seguintes partes:

    -Asistencia e participación activa nas clases interactivas: 20% da cualificación
    -Cualificación das prácticas e traballos: 30% da cualificación
    -Exame final de xuño: 50% da cualificación

    CONVOCATORIA DE XUÑO
    Para acadar a cualificación de aprobado deberase cumprir as seguintes condicións:
    1-A nota media ponderada coas porcentaxes anteriores é igual ou maior a 5 puntos
    2-A asistencia as clases prácticas (coa correspondente entrega dos traballos asignados) é igual ou superior ó 80% das sesións
    3-A cualificación do exame e igual o superior a 4 puntos

    CONVOCATORIA DE XULLO
    Realizarase un novo exame final.
    A cualificación comporase do mesmo criterio que na convocatoria de xuño.

    SEGUNDA MATRÍCULA
    Para os alumnos que se matriculen por segundo ano contémplanse dous casos

    A-Coas prácticas aprobadas e a asistencia mínima cumprida no curso anterior:
    Poderán optar por
    A1-repetir o curso normalmente
    A2-presentarse só ó exame final. Neste caso gardarase a cualificación de asistencia e prácticas do curso anterior

    B-Coas prácticas suspensas e/ou a asistencia mínima non cumprida no curso anterior:
    Poderán optar por:
    B1-repetir o curso normalmente
    B2-repetir só as prácticas que a profesora seleccione, facer os traballos individuais que se lle asignen e facer o exame final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten asignados 4,5 créditos ECTS, cunha dedicación total de 112,5 horas que se distribúen da seguinte manera:
    -36 horas presenciais de clases interactivas na aula de informática
    -2 horas presenciais de titorías en grupo
    -3 horas presenciais de exames
    -71,5 horas de traballo autónomo dos estudantes
    O traballo autónomo é fundamental para reforzar e asimilar os coñecementos manexados nas sesións presenciais. Prevese que o alumno dedique 1,5 horas de traballo persoal por cada hora presencial interactiva, 2 por cada hora de titoría en grupo e 10,5 horas para preparar o exame final. En total resultan 71,5 horas de traballo autónomo, que repartidas nas 15 semanas do semestre supoñen 4,8 horas de traballo personal semanal

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia á clase
    -Realizar con puntualidade os traballos prácticos propostos
    -Acudir á profesora para resolver as dúbidas
    -Utilizar os materiais dispoñibles no Campus Virtual
    -Levar un rexistro ordenado dos materias das prácticas, de teoría, das notas e aclaracións
    -Adoptar unha actitude proactiva