Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051441 - Prospección Xeofísica (Xeoloxía e Xeofísica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría do Terreo
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NUÑEZ TEMES, CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os métodos e técnicas propios da xeodesia física e espacial.
    Coñecer as técnicas xeofísicas aplicadas ao recoñecemento do terreo, á determinación das súas características e á detección de recursos minerais, ambientais e contaminación.

    Aptitudes:
    Saber aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
    Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
    Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.

    Actitudes:
    Alimentar a súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos da Terra.
    Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
    Practicar o razoamento correcto.
    Fomentar o traballo en equipo.

    Contidos
    TEMA 1: INTRODUCIÓN Á PROSPECCIÓN XEOFÍSICA
    Introdución. Prospección xeofísica. Métodos destrutivos e non destrutivos. Métodos activos e pasivos. Planificación de campañas de prospección.
    TEMA 2: MÉTODOS GRAVIMÉTRICOS
    Bases físicas. Adquisición e corrección de datos gravimétricos. Interpretación de mapas gravimétricos. Determinación de profundidades e masas. Aplicacións.
    TEMA 3: PRINCIPIOS DE SISMOLOXÍA APLICADA
    Ondas sísmicas. Propagación de ondas. Fontes de enerxía sísmica. Detección e rexistro de ondas sísmicas.
    TEMA 4: SÍSMICA DE REFRACCIÓN
    Principios xerais. Dispositivos. Procesado de datos de campo. Aplicacións.
    TEMA 5: SÍSMICA DE REFLEXIÓN
    Principios xerais. Dispositivos. Procesado de datos de campo. Aplicacións.
    TEMA 6: MÉTODOS DE RESISTIVIDAD ELÉCTRICA
    Principios básicos. Sondaxes eléctricos verticais. Exploracións eléctricas. Tomografía. Aplicacións.
    TEMA 7: OUTROS MÉTODOS ELÉCTRICOS
    Método do potencial espontáneo. Método de polarización inducida. Aplicacións.
    TEMA 8: MÉTODOS XEOMAGNÉTICOS
    Propiedades magnéticas das rocas. Instrumentación magnética.
    TEMA 9: MÉTODOS ELECTROMAGNÉTICOS
    Principios básicos dos métodos EM. Xeorradar. Aplicacións.

    Bibliografía básica e complementaria
    Ciencias de la Tierra. Una Introducción a la Geología Física
    Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K. Madrid: Ed. Pearson - Prentice Hall. 2005

    An Introduction to Applied and Enviromental Geophysics
    Reynolds, J. Chichester: Ed. Wiley. 1997.

    Fundamentos de Geofísica. 2ª Edición
    Udías, A. y J. Mezcua. Madrid: Ed. Alianza 1996

    Geofísica aplicada para ingenieros y geólogos
    D.H. Griffiths, R.F. King; Editorial Paraninfo, 1972

    Competencias
    Xerais:
    Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas dende a enxeñaría en topografía, analizar os mesmos e proceder a súa implantación. (CG 3)
    Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e economicamente co el. (CG 6)
    Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á enxeñaría medio ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito xeomático. (CG 10)

    Específicas:
    Aplicación dos métodos da xeofísica ás obras de enxeñaría.
    Coñecemento do subsolo, clasificación de materiais, detección de acuíferos, detección de contaminantes.

    Transversais:
    Capacidade de análise e síntese.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
    Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
    Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
    Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
    Habilidade no manexo das TIC’s.
    Utilización de información bibliográfica e de Internet.
    Utilización de información en lingua estranxeira.
    Capacidade para resolver problemas mediante á aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais son de tres tipos:
    -Clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, se desenvolven na aula por parte do profesor, axudado de medios audiovisuais.
    - Os seminarios, prácticas de encerado e clases interactivas, en grupos reducidos de 20 alumnos, son actividades complementarias que permiten ao alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría.
    - As titorías en grupo, con no mais de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, clarexar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).

    Como apoio á materia se proporciona ao alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual.

    Sistema de evaluación
    A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha evaluación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
    A avaliación baséase nos seguintes 4 apartados:
    1) Asistencia obligatoria. 10%
    2) Probas escritas. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima. 60%
    3) Entrega e presentación dos temas preparados nos seminarios. 20%
    4) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario. 10%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación de temas: 20h
    Realización de exercicios: 15h
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12h
    Elaboración de traballos de curso: 10h
    Preparación de probas de avaliación: 12,5h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
    Esforzarse nos informes de prácticas.
    Consultar a bibliografía específica recomendada para cada tema.
    Utilizar e aproveitar as titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.