Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081421 - Ecoloxía e Impacto Ambiental (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Ecoloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL.NON
Villares Pazos, Rubén.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia contribuirá a que o alumno adquira parte das competencias xerais recollidas no plan de estudos da titulación:
    O coñecemento das relacións entre as industrias agroalimentarias e o seu entorno ambiental, así como as necesidades de relacionar estas coas necesidades de preservación do medio ambiente.
    A capacidade para a redacción de estudos de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias.

    Os obxectivos específicos de esta materia son:
    Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de:
    Ecoloxía.
    Estudos de impacto ambiental: avaliación e corrección.
    A xestión e aproveitamento de subprodutos agroindustriais.
    Toma de decisións mediante o emprego dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
    Transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.

    Contidos
    RELACIÓNS ENTRE OS ORGANISMOS E O SEU MEDIO ABIÓTICO: Relacións dos organismos co seu medio físico. Mecanismos de axuste dos organismos ao seu ambiente. Factores ecolóxicos abióticos. Condicións e recursos.
    ESTRUCTURA E DINÁMICA DE POBOACIÓNS: A poboación e a súa demografía. Crecemento de poboacións. Competencia. Depredación. Outras interaccións.
    COMUNIDADES: A comunidade. As comunidades no tempo.
    FUNCIONAMENTO DOS ECOSISTEMAS: Produción primaria. Produción secundaria. Ciclos bioxeoquímicos. Contaminación.
    IMPACTO AMBIENTAL: Impactos ambientais de actividades agrarias e agroindustriais. Manexo de residuos agrarios e agroindustriais. Avaliación do impacto ambiental

    A programación detallada de teoría e prácticas estará dispoñible na USC Virtual.

    Bibliografía básica e complementaria
    Ecoloxía xeral
    Begon, M.; Harper, J.L.; Townsend, C.R. (1999). Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades. Omega. Barcelona.
    Begon, M.; Townsend, C.R.; Harper, J.L. (2006). Ecology: from individuals to ecosystems. Blackwell Publishing, Malden.
    Krebs, C.J. (1986). Ecología. El análisis experimental de la distribución y la abundancia. Pirámide. Madrid.
    Krebs, C.J. (2001). Ecology. The experimental analysis of distribution and abundance. Harper Collins. Nueva York.
    Molles M.C. (2006). Ecología: conceptos y aplicaciones. McGraw-Hill. Madrid.
    Odum. E.P., Barret, G.W. (2006). Fundamentos de Ecología. Thomson. México.
    Ricklefs, R.E. (1998). Invitación a la Ecología. Panamericana. Madrid.
    Smith, R.L., Smith, T.M. (2005). Ecología. Pearson Educación. Madrid.
    Smith, R.L., Smith, T.M. (2001). Ecology and field biology. 6th ed. Benjamin Cummings. San Francisco.
    Terradas, J. (2001). Ecología de la Vegetación: de la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Omega. Barcelona.

    Ecoloxía aplicada:
    Freedman, B. (1995). Environmental Ecology. Academic Press. San Diego, California.
    Townsend, C.R. (2008). Ecological applications: toward a sustainable world. Blackwell, Malden.

    Impacto ambiental
    Andrés, M., García, F.A. (2006). La evaluación de impacto ambiental de proyectos y actividades agroforestales. Ediciones de la Universidad de Castilla – La Mancha. Cuenca.
    Canter, L.W. (1998). Manual de Evaluación de Impacto Ambiental. McGraw-Hill. Madrid.
    Garmendia, A. Salvador, A., Crespo, C., Garmendia, L. (2005). Evaluación de impacto ambiental. Pearson-Prentice Hall, Madrid.
    Cantarino, M. (1999). El estudio de impacto ambiental: una introducción. Universidad de Alicante, Alicante.
    MOPT (1989). Guías metodológicas para la elaboración de estudios de impacto ambiental.


    Competencias
    Os alumnos deberán coñecer e saber manexar os conceptos básicos da materia, así como estar iniciados nas técnicas básicas do estudo do medio natural. Coñecer os impactos que sobre o ambiente poden ter as industrias agroalimentarias. Deberán ter a capacidade de poder participar na elaboración de estudos de impacto ambiental.
    Metodoloxía da ensinanza
    Mediante as clases expositivas explicaranse os conceptos teóricos xerais. Mediante seminarios en grupos reducidos trataranse aspectos máis específicos da materia.
    O Campus Virtual servirá para que os alumnos poidan acceder a toda información suministrada nas clases, así como a outra información complementaria que poida ser da súa inquedanza, pero que por razóns de tempo no se cheguen a comentar en clase.

    Sistema de evaluación
    Mediante un exame final avaliaranse os coñecementos adquiridos durante o curso. As prácticas son de carácter obrigatorio e servirán para matizar a nota de teoría. Se contempla a posibilidade de realizar traballos voluntarios que servirán para mellorar a nota final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal pode ser moi variable en función das capacidades de cada alumno. Por termo medio cada hora de traballo presencial requirirá de dous a tres horas de estudo e traballo persoal do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica. O uso das horas de titoría para a resolución de dúbidas é máis que aconsellable. Recórdase a obrigatoriedade das clases prácticas.