Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051327 - Urbanismo e Ordenación do Territorio (Xestión Territorial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTE RIVEIRA, INES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno a capacidade de interpretar e aplicar a lexislación con incidencia territorial, de comprender os contidos dos instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación territorial.
    Proporcionar ao alumno a capacidade para elaborar e redactar plans de ordenación do territorio e plans urbanístico, para o cal deberá coñecer e poder aplicar diversas técnicas de análise territorial e optimización da localización xeográfica das actividades que se desenvolven sobre o territorio.
    Contidos
    Bloque I. Introdución
    Tema 1. A ordenación do territorio
    - Definición
    - Xustificación
    - Etapas da ordenación territorial
    Tema 2. Situación da ordenación do territorio
    - Situación da ordenación do territorio en España
    - Situación do urbanismo en España

    Bloque II. Instrumentos de Ordenación Territorial
    Tema 3. Instrumentos de Ordenación do Territorio
    - Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia
    - Directrices de Ordenación do Territorio
    - Plans Territoriais Integrados
    - Programas Coordinados de Actuación
    - Plans e Proxectos Sectoriais de Incidencia Supramunicipal
    - Plans de Ordenación do Medio Físico
    Tema 4. Planeamento urbanístico
    - Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia
    - Clases y categorías de solo
    - Regulamento das clases e categorías de solo
    - Instrumentos de planeamento urbanístico

    Bloque III. Métodos de ordenación territorial
    Tema 5. Análise territorial
    - Análise do subsistema medio físico
    - Análise do subsistema núcleos e infraestruturas
    - Análise do subsistema poboación e actividades
    Tema 6. Planificación territorial
    - Identificación de localizacións óptimas. Modelos de localización-asignación
    - Avaliación da aptitud da terra para usos ou actividades
    - Planificación do uso do solo
    Tema 7. Sistemas de Axuda á Planificación territorial
    - Sistemas de Axuda á Planificación
    Bibliografía básica e complementaria
    Lexislación
    Ley 10/1995 de Ordenación del Territorio de Galicia 23/11/1995
    Ley 9/2002 de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia 30/12/2002

    Bibliografía básica
    Gómez Orea. (2002). Ordenación Territorial. Madrid: Mundi-Prensa
    MOPT. (1993). Guía para la elaboración de estudios del medio físico. Madrid: MOPT, Secretaría de Estado para las Políticas del Agua y el Medio Ambiente
    Meilán, J. L., Fernández, A., Raposo, J. J., Pérez, H., Pérez, C., Soto, I., Rivera, M. D., Roma, A. (2009). Comentarios a la Ley de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia. Pamplona: Aranzadi.
    Barredo, J. I. 1996. SIG y evaluación multicriterio en la ordenación del territorio. Madrid: Ra-ma.
    Malczewski, J. 1999. GIS and multicriteria decision analysis. New York: John Wiley & Sons.

    Bibliografía complementaria
    Aerts, J. C. J. H. y Heuvelink, G. B. M. (2002). Using simulated annealing for resource allocation. International Journal of Geographical Information Science, 16 (6), 571-587
    Bosque, J., Gómez, M., Rodríguez, V., Díaz, M. A., Rodríguez, A. E., Vela, A. 1999. Localización de centros de tratamiento de residuos: una propuesta metodológica basada en un SIG. Anales de Geografía de la UCM, 19, 295-323
    Carver, S. J. (1991). Integrating multi-criteria evaluation with geographical information systems. International Journal of Geographical Information Systems, 5 (3), 321-339
    Clarke, K. C., Hoppen, S., Gaydos, L. (1997). A self-modifying cellular automaton model of historical urbanization in the San Francisco Bay area. Environment and Planning B: Planning and Design, 24, 247-261
    Densham, P. J., Rushton. (1992). Strategies for solving large location-allocation problems by heuristic methods. Environment and Planning A, 24, 289-304
    Diamond, J. T. , Wright, J. R. 1989. Efficient land allocation. Journal of Urban Planning and Development, 115 (2), 81-96
    Eastman, J. R., Jiang, H. y Toledano, J. (1998). Multi-criteria and multi-objective decision making for land allocation using GIS. En: Beinat, E. y Nijkamp, P. (Eds.), Multicriteria Analysis for Land-Use Management (pp. 227-251). Dordrecht, The Netherlands: Kluwer Academic Publishers
    FAO. (1976). Esquema para la Evaluación de Tierras. Roma: FAO.
    FAO. (1985). Evaluación de Tierras con Fines Forestales. Estudio FAO, Montes 48. Roma: FAO.
    Matthews, K. B., Craw, S. y Sibbald, A. R. (1999). Implementation of a spatial decision support system for rural land use planning: integrating GIS and environmental models with search
    Voogd, H. (1983). Multicriteria Evaluation for Urban and Regional Planning. London: Pion Limited
    Competencias
    Competencias xerais
    - Capacidade para comprender e aplicar a lexislación e os instrumentos de ordenación territorial.
    - Capacidade para elaborar plans de ordenación territorial
    - Capacidade para expoñer os coñecementos e o dominio adquirido das técnicas.

    Competencias específicas
    - Capacidade para comprender e aplicar a lexislación con incidencia territorial
    - Capacidade para comprender, analizar, aplicar e elaborar plans e instrumentos de ordenación territorial e urbanística
    - Capacidade para identificar, deseñar e aplicar as técnicas máis axeitadas para resolver problemas de planificación territorial
    - Capacidade para determinar a localización óptima dunha actividade
    - Capacidade para avaliar a aptitude do territorio para unha actividade
    - Capacidade para deseñar un plano de categorías de ordenación ou un mapa óptimo de uso do solo

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas
    As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos do urbanismo e a ordenación do territorio, así como das técnicas de análise e planificación territorial, para o cal se presentarán exemplos, casos de estudio e artigos nos que se aplican ditas técnicas. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o alumno comprenda en qué se basean e para qué se poden empregar as técnicas aplicadas nas prácticas.
    En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguemento da clase. No curso virtual porase a disposición dos alumnos para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas en clase.

    Clases prácticas
    Nas prácticas traballarase na aula de informática para a aplicación cun programa SIX das metodoloxías e técnicas de planificación descritas na teoría nunha zona de estudo. O alumno disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O alumno deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.

    Seminarios
    O profesor impartirá as explicacións necesarias para a realización dun traballo práctico, no cal o alumno analizará a figura de planeamento urbanístico vixente nun concello mediante a caracterización da situación urbanística dunha parcela.

    Tutorías
    O profesor resolverá as dúbidas xurdidas tanto nas clases teóricas como nas prácticas e guiará ao alumno na realización do traballo práctico.
    O alumno deberá asistir obligatoriamente ás tutorías para realizar un seguemento do traballo práctico.

    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a nota do exame de teoría sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación das prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservaráselle a nota de prácticas e do traballo para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) daráselle a opción ao alumno de sustituir a asistencia a prácticas por un exame práctico.
    Avaliación dos contidos teóricos (T): realizarase un exame final dos contidos de teoría. Avaliarase positivamente a asistencia ás clases teóricas.
    Avaliación do traballo práctico (Tr): valorarase o documento presentado e a asistencia a tutorías.
    Avaliación das clases prácticas (P): controlarase a asistencia, esixíndose unha asistencia mínima do 80%. A calificación establecerase en función da asistencia ás clases prácticas e da memoria de prácticas presentada.
    A calificación final (N) calcularase do seguinte xeito:
    N = 0.7T + 0.1 Tr + 0.2 P

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas teóricas: 24 h presenciais - 36 h traballo persoal
    Horas prácticas: 24 h presenciais - 36 h traballo persoal (realización da memoria de prácticas)
    Realización do traballo práctico: 22 h traballo persoal
    Titorías: 5 h presenciais
    Avaliacións: 3 h presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia ás clases teóricas, prácticas e titorías.

    Observacións
    Recoméndase cursar previamente a materia de SIX