Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081422 - Análise Instrumental (Tecnoloxía de Alimentos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  • Áreas: Química Analítica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PITA CALVO, CONSUELO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia é que o alumnado adquira uns coñecementos básicos das principais técnicas instrumentais de análise.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:


    Tema 1: Introdución ao Análise Instrumental.

    Tema 2: Tratamento de datos

    Tema 3: Introdución ás Técnicas Ópticas

    Tema 4: Espectrometría molecular

    Tema 5: Espectrometría Atómica

    Tema 6: Introdución ás Técnicas Electroanalíticas

    Tema 7: Potenciometría e Conductimetría.

    Tema 8: Introdución ás Técnicas Cromatográficas

    Tema 9: Cromatografía Líquida

    Tema 10: Cromatografía de gases


    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO:


    Práctica 1: Determinación de cobre en fariña por Espectrometría de Absorción Atómica

    Práctica 2: Determinación de cobre en augas por Espectrofotometría de absorción molecular UV-VIS

    Práctica 3: Determinación do grao de acidez dun vinagre por Potenciometría

    Práctica 4: Determinación de cafeína por HPLC

    Práctica 5: Determinación de quinina nunha auga tónica por Espectrometría de Fluorescencia Molecular

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    D.C. Harris. "Análisis químico cuantitativo". Reverté, Barcelona, 2001.

    L. Hernández Hernández, C. González Pérez: "Introducción al Análisis Instrumental". Ariel Ciencia, Barcelona, 2002.

    J.N. Miller, J.C.Miller: "Estadística y Quimiometría para Química Analítica", Prentice Hall, Madrid, 2002.

    G. Ramis Ramos, Mª.C. Álvarez-Coque: Quimiometría", Síntesis, Madrid, 2001.

    K.A.Rubinson, J.F. Rubinson: "Análisis Instrumental". Prentice Hall, Madrid, 2001.

    D.A. Skoog, D.M. West, F.J. Holler, S.R. Crouch: "Fundamentos de Química Analítica". Thomson-Paraninfo, Madrid, 2005

    D.A. Skoog, F.J. Holler, T.A. Nieman: "Principios de análisis instrumental". McGraw-Hill, Madrid, 2001.

    D.A. Skoog, J.J Leary: "Análisis Instrumental". McGraw-Hill, 1994.




    Competencias
    O alumnado adquirirá uns coñecementos básicos sobre os fundamentos das principais técnicas instrumentais de análise e a súa aplicación práctica mediante a resolución de problemas e prácticas de laboratorio, onde adquirirá ao mesmo tempo destreza no uso desas técnicas así como no tratamento dos datos obtidos.
    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases Expositivas. Duración de aproximadamente 50 minutos.
    2. Seminarios. Duración de aproximadamente 50 minutos. Subministraranse boletíns de problemas ao alumnado ao comezo de cada tema.
    3. Clases Prácticas de Laboratorio. Asistencia obrigatoria. Realizaranse na Facultade de Ciencias segundo o calendario aprobado pola Xunta de Escola e a da citada Facultade.
    4. Titorías individuais. Serán reunións do alumnado co profesorado co fin de orientalo no seguimento e aproveitamento da materia, e resolver as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia. Estas sesións son de carácter voluntario, pero o profesorado fará fincapé na súa utilidade e importancia.
    5. Apoio a través de USC-virtual.

    Sistema de evaluación
    Realizaranse 3 probas de avaliación ao longo do curso.
    Constituirán o 90% da cualificación final.

    -Traballo continuo:
    Pode sumar ata 1 punto á nota final. Para esta avaliación utilizarase a asistencia ás clases expositivas e de seminario, así como a participación activa nas mesmas. Tamén se valorará a resolución dos exercicios propostos nos boletíns e a entrega de outros exercicios ou traballos propostos.

    -Avaliación das prácticas de laboratorio:
    Constituirá o 10% da cualificación final. Para esta avaliación utilizarase a observación do traballo realizado no laboratorio e a presentación dunha memoria de prácticas. As prácticas gárdanse durante un período de 2 cursos académicos.


    Aclaracións:
    (1) A nota obtida en cada proba de avaliación non debe ser inferior a 4.
    (2) Aparte da asistencia obrigatoria ás sesións de prácticas de laboratorio é imprescindible ter unha avaliación positiva da memoria de prácticas.

    Recuperación: Toda proba de avaliación na que a nota obtida sexa inferior a 4, considerarase suspensa, e poderá ser recuperada no exame final de Xuño. En caso de non superar a/as probas de avaliación suspensas en Xuño, na convocatoria de Xullo o alumno/a deberá examinarse de toda a materia.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia é semestral e consta de 6 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas (6 créditos x 25 h/crédito).

    - Traballo presencial na aula:
    Clases expositivas: 24 h
    Seminarios: 12 h
    Prácticas de laboratorio: 12 h
    Probas de avaliación: 4.5 h
    Exame final: 3h

    Total: 55.5 h

    - Traballo persoal do alumnado: 94.5 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Á asistencia ás clases cunha participación activa, un estudio continuado da materia, a resolución previa aos seminarios dos problemas propostos así como o aproveitamento das prácticas de laboratorio son a mellor garantía para superar a materia.

    Recoméndase facer uso das titorías para resolver as dúbidas xeradas no estudio da materia.