G4051443 - Cartografía Catastral Informatizada (Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs principais obxectivos da materia son:
• Facilitar ao alumno coñecementos en materia de cartografía catastral informatizada e as bases gráficas rexistrais, os seus principios, compoñentes e normativa.
• Coñecer os aspectos técnicos e a metodoloxía para a elaboración e aplicación da cartografía catastral informatizada e o Sistema de información xeográfica catastral.
• Introducir aos alumnos nas tecnoloxías web e coñecer as linguaxes e arquitecturas relacionadas a Información Xeográfica.
• Coñecer a cartografía catastral en internet e na contorna das infraestructuras de datos espaciais.
ContidosOs contidos da materia agrúpanse nas seguintes unidades didácticas:
1: A cartografía catastral e a súa informatización.
2: Bases Gráficas Rexistrais.
3: Aspectos técnicos e procedementos da cartografía catastral informatizada.
4: O Sistema de Información Xeográfica Catastral.
5: A estandarización da cartografía catastral.
6: A cartografía catastral en Internet. Servizos Web de Cartografía Catastral.
7: A integración da Cartografía catastral en Infraestructuras de Datos Espaciais (IDE).
Os contidos prácticos desenvólvense en clases interactivas nas cales se afonda e poñen en práctica os contidos teóricos anteriores, unha vez finalizada a súa exposición teórica.
Bibliografía básica e complementaria• ALCÁZAR MOLINA, M.G. (2006). CARTOGRAFÍA CATASTRAL EN ESPAÑA. Revista Estudios Geográficos. Instituto de Economía, Geografía y Demografía. CSIC. Madrid, 2006.
• Ayén López, J.A., Bas Vivancos, C. (2001). CARTOGRAFÍA CATASTRAL. Ed. Universidad Miguel Hernández.
• Berné Valero, J.L., Femenia Ribera, C., y Benítez Aguado, E. (2008). EL CATASTRO EN ESPAÑA. Ed. Universidad Politécnica de Valencia.
• Ley 14/2010, de 5 de julio, sobre las infraestructuras y los servicios de información geográfica en España (Texto parcial).
• MEH. Formato de intercambio de cartografía catastral unificado rústica y urbana. Versión 05.2012. Dirección General del Catastro. http://www.catastro.meh.es/documentos/formatos_intercambio/FICCFormatoUinficado2012.pdf
• MEH. Norma de cartografía catastral urbana y pliego de prescripciones técnicas para la contratación por la dirección general del catastro de los trabajos de cartografía catastral urbana. http://www.catastro.meh.es/documentos/pliego_prescripciones_cartografia_urbana_2011.pdf
• MEH. Servicio WMS por capas. Dirección General del Catastro. http://www.catastro.meh.es/documentos/nuevowms_porcapas.pdf
• Real Decreto 585/1989, de 26 de mayo, por el que se desarrolla la Ley 7/1986, de 24 de enero, en materia de cartografía catastral.
CompetenciasAo termo do curso o alumno será capaz de:
• Deseñar, producir e difundir da cartografía catastral; implementar, xestionar e explotar dos SIG catastrais.
• Definir, desenvolver e aplicar aspectos legais e procedementos sobre a cartografía catastral informatizada e as bases gráficas rexistrais.
• Coñecer, implementar e usar a cartografía catastral en internet e os xeoservizos web.
Metodoloxía da ensinanza Os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
• Clases maxistrais e técnicas de aprendizaxe cooperativa para desenvolver os contidos teóricos.
• Prácticas de laboratorio (en aula de informática) e traballos en grupos reducidos onde os estudantes son guiados sobre como utilizar a tecnoloxía e aplican os coñecementos aprendidos.
Sistema de evaluaciónOs coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado na avaliación continua e na realización de exames. De tal maneira que os aspectos a avaliar e a súa correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
. Probas parciais e/ou exame final, consistente nunha proba teórica sobre os contidos da materia: 40% (Os alumnos que superen os exames parciais eliminarán a parte correspondente da materia).
. O traballo desenvolvido nas actividades de aprendizaxe cooperativa: 15% (Valoración dos resultados obtidos).
. O traballo práctico: 35% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
. Os informes de prácticas: 10 %.
A asistencia a prácticas e sesións de traballo é obrigatoria para poder superar a materia.
Os alumnos que non superasen a materia na convocatoria oficial, e teñan aprobadas as prácticas, só terán que realizar o exame da convocatoria extraordinaria de Xullo. Os alumnos que non aproben as prácticas deberán repetilas.
Os alumnos repetidores conservasen a nota obtida en prácticas, seminarios e sesións de traballo para o curso seguinte, podendo realizar os exames parciais e/ou o final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempos de estudo asignados:
• Clases maxistrais e aprendizaxe cooperativa 18 horas
• Clases prácticas (en grupos pequenos) 18 horas
• Estudo individual: 74 horas (incluídas tutorías, lectura e terminación de prácticas e traballos do curso)
Recomendacións para o estudo da materiaTer cursado as materias: Cartografía I e II, Sistemas de Información Xeográfica, e Catastro e Valoración de Bens Inmobles.
Asistencia ás clases expositivas e seminarios. As clases prácticas son obrigatorias.
Estudo diario da materia.
Asistencia ás titorías de grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida.
ObservaciónsUnha información máis ampla sobre este programa está dispoñible na guía docente da materia: Cartografía Catastral Informatizada, para o curso 2013/2014.