Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051445 - Planeamento Urbanístico (Xestión Territorial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTE RIVEIRA, INES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno a capacidade de interpretar e aplicar a lexislación urbanística e de comprender os contidos dos instrumentos de planeamento urbanístico.
    Proporcionar ao alumno a capacidade para a formulación de plans xerais e plans de desenvolvemento e familiarizarse coas tecnoloxías de enxeñería cartográfica aplicadas á elaboración de plans urbanísticos.

    Contidos
    Tema 1. Introdución
    - Marco legal
    - Réxime do solo
    Tema 2. Planeamento xeral: Planes Xerais de Ordenación Municipal
    - Obxectivo, contido e determinacións
    - Formulación e tramitación
    - Avaliación Ambiental Estratéxica
    Tema 3. Planeamento de desenvolvemento
    - Plans parciais
    - Plans de sectorización
    - Plans especiais de reforma interior
    - Plans especiais de protección.
    - Plans especiais de infraestruturas
    - Plans especiais de ordenación de núcleo rural
    - Estudios de detalle
    Tema 4. Xestión urbanística
    - Dereitos e deberes en urbanismo
    - Sistemas de xestión
    Tema 5. Urbanismo sostible
    - Estrutura urbana e sostibilidade
    - Transporte e sostibilidade
    - Integración de espazos verdes
    Bibliografía básica e complementaria
    Lexislación
    Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia 30/12/2002
    Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da lei 9/2002.
    Lei 9/2006 sobre avaluación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

    Bibliografía básica
    Meilán, J. L., Fernández, A., Raposo, J. J., Pérez, H., Pérez, C., Soto, I., Rivera, M. D., Roma, A. (2009). Comentarios a la Ley de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia. Pamplona: Aranzadi.

    Competencias
    Competencias xerais
    - Capacidade para comprender e aplicar a lexislación e os instrumentos de planificación urbanística.
    - Capacidade para elaborar plans urbanísticos xerais e de desenvolvemento.
    - Capacidade para expor os coñecementos e o dominio adquirido das técnicas.

    Competencias específicas
    - Capacidade para comprender e aplicar a lexislación urbanística.
    - Capacidade para comprender, analizar, aplicar e elaborar plans e instrumentos urbanísticos
    - Capacidade para identificar, deseñar e aplicar as técnicas máis axeitaddas para resolver problemas de planificación e xestión urbanística

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas
    As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos e prácticos do urbanismo, para o cal presentaranse exemplos e casos de estudo nos que se aplican ditas técnicas. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o alumno comprenda en qué se basean e para qué se poden empregar as técnicas aplicadas nas clases prácticas.
    En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguimento da clase. No curso virtual porase a disposición dos alumnos para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas na clase.
    Clases prácticas
    Nas prácticas traballarase na aula de informática para a aplicación cun programa SIX das metodoloxías e técnicas de planificación descritas na teoría nunha zona de estudo. O alumno disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O alumno deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.
    Seminarios
    O profesor exporá diferentes exemplos prácticos de instrumentos de xestión urbanística dun ou varios concellos que posteriormente serán analizados por parte do alumno.
    Titorías
    O profesor resolverá as dúbidas que aparezan tanto nas clases teóricas como nas prácticas e guiará ao alumno na realización do traballo práctico.
    O alumno deberá asistir obrigatoriamente ás tutorías para realizar un seguimento do traballo práctico.

    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a nota do exame de teoría sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación das prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservarase a nota de prácticas e do traballo para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) darase a opción ao alumno de substituír a asistencia a prácticas por un exame práctico.
    Avaliación dos contidos teóricos (T): realizarase un exame final dos contidos de teoría. Avaliarase positivamente a asistencia ás clases teóricas.
    Avaliación de traballos e clases prácticas (P): controlarase a asistencia, esixíndose unha asistencia mínima do 80% ás clases prácticas. A cualificación establecerase en función da asistencia ás clases prácticas, así como das memorias de prácticas e dos traballos presentados.
    A cualificación final (N) calcularase do seguinte modo:
    N = 0.5 T + 0.5 P


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas teóricas: 10 h presenciais - 20 h traballo persoal
    Horas prácticas: 15 h presenciais -30 h traballo persoal (realización da memoria de prácticas)
    Realización do traballo práctico: 15 h
    Titorías: 5 h presenciais
    Avaliacións: 2,5 h presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia ás clases teóricas, prácticas e titorías.

    Observacións
    Recoméndase cursar previamente as materias de Urbanismo e Ordenación do Territorio e Sistemas de Información Xeográfica