G4051343 - Administración de Terras (Xestión Territorial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar coñecementos sobre a administración de terras desde a óptica da UNECE (Comisión Económica das Nacións Unidas para Europa). Polo tanto, referirémonos nesta materia ós procesos de almacenamento e difusión de información sobre a propiedade, o valor e o uso da terra, e os seus recursos asociados.
ContidosPrograma teórico
Tema 1. Introdución á administración de terras
Tema 2. Sistemas de Administración de Terras
- Introdución ós sistemas de administración de terras.
- O Catastro, o Rexistro da Propiedade, o SIGPAC, o SITEGAL.
Tema 3. Sistemas catastrais
- O catastro en España
- O catastro multipropósito
- O catastro 3D
Tema 4. O rexistro da propiedade
- Organización do rexistro da propiedade
- Coordinación entre o catastro e o rexistro da propiedade
Tema 5. O papel da administración de terras na xestión de terras e na ordenación territorial.
- Concentración Parcelaria
- Banco de Terras
- SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal)
- Planes de Ordenación Municipal
Programa de prácticas
Práctica 1. Manexo de sistemas de información territorial. Funcionamento del SITEGAL.
Práctica 2. Acceso e utilidades da Sede Electrónica do Catastro.
Práctica 3. Relación entre a concentración parcelaria, o rexistro da propiedade e a administración de terras (entregar traballo)
Práctica 4. Relación entre a administración de terras e o planeamento urbanístico (entregar traballo)
Programa do traballo práctico
- Realizarase un traballo individual sobre un Sistema de Administración de Terras. A elixir entre un caso práctico e unha revisión bibliográfica.
Bibliografía básica e complementaria- ECE/HBP/1996. Land Administration Guidelines.
- www.catastro.meh.es. Página oficial de la Dirección General de Catastro
- www.fig.net. Página official de la FIG (Federación Internacional de Geodestas)
- www.eurocadastre.org
- www.registradores.org
Durante o desenvolvemento da materia poderanse achegar outros documentos de interés para o alumnado.
CompetenciasCompetencias xenerais:
Analizar, rexistrar e organizar o coñecemento do contorno e da distribución da propiedade e usar esa información para o planeamento e a administración de terras. Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e economicamente con el.
Competencias específicas:
Coñecementos sobre a xestión de terras.
Instrumentos de administración de terras (Concentración Parcelaria, Banco de Terras, Unidades de Xestión Forestal…).
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas
O profesor explicará os contidos teóricos do programa da materia.
O alumno deberá ler previamente os documentos recomendados en cada tema e realizar posteriormente unha revisión ou esquema do tratado en clase.
Clases prácticas
O profesor explicará as prácticas, expoñendo brevemente os resultados a obter. Desde este momento se computará o tempo dedicado polo alumno ó traballo práctico.
O alumno realizará a práctica explicada aplicando as recomendacións do profesor e entregará, de selo caso, os resultados correspondentes en forma de memoria breve.
Titorías
O profesor estará dispoñible para a resolución de dúbidas no estudio ou na realización dos traballos prácticos.
O alumno reservará un tempo para preparar as dúbidas e preguntas das titorías que se programarán durante o curso.
Sistema de evaluación Asistencia e participación na clase (máis dun 75%), representará un 5% da nota total.
A avaliación dos seminarios terá un peso do 20% na cualificación final.
A memoria de prácticas equivale ó 20 % da cualificación final.
Proba escrita de coñecemento, cun exame tipo test, de preguntas curtas, ou dun tema a desenvolver (tamén se poderá realizar unha combinación destas modalidades), que representará un 30% da cualificación final.
Realización do traballo práctico, que representa o 25% da cualificación. Valorarase a proposta, a estrutura do documento, as achegas documentais, referencias bibliográficas, a complexidade do caso, e a discusión crítica.
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Presenciais Traballo persoal Créditos
ECTS
Horas teóricas 14 25 1,56
Horas prácticas 15 18 1,32
Horas de seminario 5 10 0,60
Titorías 2 4 0,24
Aprendizaxe virtual 0 5 0,20
Avaliacións 2 12,5 0,58
Total 38 74,5 4,5
Recomendacións para o estudo da materiaConsultar a bibliografía recomendada