G4051422 - IDE’s e Novas Tecnoloxías en Cartografía (Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs principais obxectivos da materia son:
• Introducir o alumno nas Infraestruturas de Datos Espaciais (IDEs), os seus principios e compoñentes.
• Coñecer o marco legal das IDEs e os principais actores, políticas, normas e especificacións.
• Introducir os alumnos nas tecnoloxías web e coñecer as linguaxes e arquitecturas relacionadas a Información Xeográfica.
• Coñecer os metadatos e as súas normas.
• Coñecer os xeoservizos e proporcionar aos estudantes as habilidades para utilizar os servizos dunha IDE (Servidores de Mapas, Catálogos e Metadatos), crear e xestionar os seus propios xeoservizos e compartir a información xeográfica.
• Coñecer as aplicacións das IDES, a Neocartografía e os Globos Virtuais.
ContidosOs principais contidos teóricos da materia son:
1: Introdución ás Infraestruturas de Datos Espaciais (IDEs).
2: Tecnoloxías Web.
3: Harmonización. Normas e especificacións.
4: Xeoservizos Básicos.
5: Metadatos.
6: Visualizadores e clientes.
7: Linguaxes para a Información Xeográfica Dixital.
8: Xeoservizos Avanzados.
9: Aspectos legais das IDEs
10: Aplicacións das IDEs
Os contidos prácticos desenvólvense en clases interactivas nas cales se afonda e poñen en práctica os contidos teóricos anteriores, unha vez finalizada a súa exposición teórica.
Bibliografía básica e complementaria• Blake, L., Olaya, V. (2011). Metadatos. Sistemas de Información Geográfica de Olaya, V. Capítulo 31. (http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG)
• Crompvoets, J., Rajabifard, A., Van Loenen,B., Delgado Fernández, T. (2008). A Multi-View Framework to Assess Spatial Data Infrastructures. Ed. Space for Geo-Information (RGI), Wageningen University and Centre for SDIs and Land Administration, Department of Geomatics, The University of Melbourne. (http://www.csdila.unimelb.edu.au/publication/books/mvfasdi.html)
• Especificaciones del Open Geospatial Consortium (OGC). (http://www.opengeospatial.org/standards/is)
• INSPIRE. Directive 2007/2/EC of the European Parliament and of the Council of 14 March 2007 establishing an Infrastructure for Spatial Information in the European Community.( http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2007:108:0001:0014:en:PDF)
• Granell Canut, C. (2006). Avances en las infraestructuras de datos espaciales. Ed. Universitat Jaume I.
• Infraestructura de Datos de Espaciales de España. (http://www.idee.es/web/guest/inicio)
• Infrastructure for Spatial Information in the European Community (INSPIRE): http://inspire.jrc.ec.europa.eu/#
• International Journal of Spatial Data Infrastructures Research (http://ies.jrc.ec.europa.eu/SDI/resources/ijsdir-online-journal.html)
• LISIGE. Ley 14/2010, sobre las infraestructuras y los servicios de información geográfica en España. (http://www.boe.es/boe/dias/2010/07/06/pdfs/BOE-A-2010-10707.pdf)
• Luaces, M., Olaya, V., y Fonts, O. (2011). Sistemas de Información Geográfica de Olaya, V. Capítulo 30. (http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG)
• Normas ISO/TC 211. (http://www.isotc211.org/Outreach/Overview/Overview.htm)
• Olaya, V., Turton, I. (2011) Estándares Sistemas de Información Geográfica de Olaya, V. Capítulo 31. (http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG)
• Valencia, J. (2012). Pasado, presente y futuro de las IDE. Ed. Bubok, 2012. (http://blog-idee.blogspot.com.es/2012/02/pasado-presente-y-futuro-de-las-ide.html)
CompetenciasAo termo do curso o alumno será capaz de:
• Definir que é unha Infraestrutura de Datos Espaciais e os seus obxectivos, e identificar cales son os seus compoñentes principais.
• Coñecer os fundamentos teóricos da arquitectura cliente-servidor e a arquitectura Web. Recoñecer, interpretar e usar as linguaxes para a información xeográfica dixital e as súas aplicacións, principalmente, a linguaxe XML.
• Coñecer, aplicar, implementar e validar xeoservizos web e a súa calidade.
• Describir, usar e xerar metadatos de datos e de servizos e as ferramentas para a súa implementación.
• Usar, deseñar e desenvolver xeoportales, visualizadores e clientes web
• Coñecer e xestionar equipos multi-disciplinais de Infraestruturas de Datos Espaciais (IDEs).
Metodoloxía da ensinanza Os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
• Clases maxistrais onde son introducidos os temas teóricos.
• Prácticas supervisadas de laboratorio (en aula de informática) onde os estudantes son guiados sobre como utilizar a tecnoloxía.
• Prácticas non supervisadas onde os estudantes aplican os coñecementos aprendidos realizando tarefas prácticas e traballo en grupos reducidos para resolver problemas reais.
• Seminarios e sesións de traballo, onde os debates e as técnicas de aprendizaxe cooperativa se utilizan para desenvolver e afondar nos contidos teóricos.
Sistema de evaluación Os coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado na avaliación continua e na realización de exames. De tal maneira que os aspectos a avaliar e a súa correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
. Probas parciais e/ou exame final, consistente nunha proba teórico-práctico sobre os contidos da materia: 50% (Os alumnos que superen os exames parciais eliminarán a parte correspondente da materia).
. O traballo desenvolvido nos seminarios e sesións de traballo: 10% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
. O traballo práctico, tanto de laboratorio coma de traballo de campo: 30% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
. Os informes de prácticas: 10 %.
A asistencia a prácticas, seminarios e sesións de traballo é obrigatoria para poder superar a materia.
Os alumnos que non superasen a materia na convocatoria oficial, e teñan aprobadas as prácticas, só terán que realizar o exame da convocatoria extraordinaria de Xullo. Os alumnos que non aproben as prácticas deberán repetilas.
Os alumnos repetidores conservasen a nota obtida en prácticas, seminarios e sesións de traballo para o curso seguinte, podendo realizar os exames parciais e/ou o final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempos de estudo asignados:
. Clases maxistrais: 24 horas (2 horas por semana)
. Prácticas, sesións de traballo e seminarios (en grupos reducidos): 24 horas
. Titorías en grupo: 3 horas
. Probas e exame teórico-práctico: 4 horas
. Estudo individual: 95 horas (incluídas lectura e terminación traballos prácticos)
Recomendacións para o estudo da materia• Ter cursado as materias: Cartografía I e II, Sistemas de Información Xeográfica, Teledetección, Fotogrametría Analítica e Dixital e Catastro e Valoración de Bens Inmobles.
• Asistencia ás clases expositivas e seminarios. As clases prácticas son obrigatorias.
• Estudo diario da materia.
• Asistencia ás titorías de grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida.
Observacións• Unha información máis ampla sobre este programa está dispoñible na guía docente da materia: IDEs e Novas Tecnoloxías en Cartografía, para o curso 2013/2014.
• A materia tamén utiliza a USC virtual: http://www.usc.es/campusvirtual/