G4081425 - Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPROPORCIONAR AO ALUMNO
Coñecementos sobre os condicionantes de maior importancia no deseño de industrias agroalimentarias: lexislación, deseño hixiénico, custes, fluxos de materiais e enerxía, xeración de subprodutos e residuos e aproveitamento dos mesmos.
Capacidade para deseñar, dimensionar e implementar industrias agroalimentarias cun nivel de definición que permita a realización e dirección do proxecto.
Coñecementos avanzados de instalacións en agroindustria
Coñecemento sobre modelización e optimización de industrias agroalimentarias
Coñecemento sobre os procedementos de legalización, e realización de auditorías de calidade hixiénica
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA (24 horas)
PARTE 1.- Deseño de industrias agroalimentarias.
Condicionantes: lexislación, deseño hixiénico, xestión de residuos e subprodutos.
Localización da planta de proceso.
Sistemas de proceso e sistemas auxiliares.
Implementación do proceso
Fluxos de materiais e enerxía
Deseño hixiénico da planta de proceso. Características dos materiais de acabado dos locais de produción. Sistemas de limpeza.
Hixiene ambiental. Persoal e hixiene.
Organización da planta de proceso. Cálculo de superficies. Deseño de almacéns.
Aseguramiento da calidade no deseño.
Legalización de industrias agroalimentarias. Auditorías de seguridade industrial e de calidade hixiénica.
PARTE 2.- Instalacións
Elementos, cálculo, regulación e control das instalacións de subministración de combustibles líquidos e gasosos na Industria Agroalimentaria.
Combustión e eliminación de fumes
Complementos de aire comprimido, vapor e frío. Sistemas frigoríficos de compresión múltiple e refrixeración por absorción
Parte 3.- Modelización, simulación e optimización de plantas de proceso agroalimentarias
Modelado e simulación de procesos agroalimentarios. Síntese, modelos e simulación. Modelización de sistemas. Procesos continuos e discretos. Modelos de problemas de programación lineal. Modelos de simulación discreta. Función de transferencia dun sistema.
Optimización de procesos agroalimentarios.
Eficiencia enerxética nas Industrias Agroalimentarias. Calor de refrixeración de condensadores e motores, gases de escape e vapor de expansión. Sistemas de coxeración.
Impártense 2 clases de 1 hora á semana durante 12 semanas lectivas nos meses de xaneiro a maio, facendo en total 24 horas de teoría. Dedícanse dúas semanas a cada tema
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (24 horas)
Realizásense 8 sesións de prácticas e seminarios de 3 horas, facendo en total 8 sesións, unha por semana
Luns de 18 a 21 h, de febreiro a abril (8 sesións)
Nas prácticas e seminario resolveranse casos prácticos e faranse visitas a industrias agroalimentarias máis representativas:
Matadoiro, industria cárnica e secadeiro de xamóns
Industria para procesado de produtos hortofrutícolas (pataca e castañas)
Industria enolóxica
Industria láctea con produción ecolóxica: elaboración de queixo, iogur e leite envasada
Industria láctea para envasado de leite e derivados lácteos UHT, tona, manteiga e leite en po
Fábrica de pensos
TUTORÍAS OBRIGATORIAS (3 horas)
Seguemento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas
Bibliografía básica e complementariaDISEÑO DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS. A. López. AMV. Ediciones. Madrid 1.990.
INDUSTRIAS DE LA ALIMENTACION. E. Rguez. - Ed. Bellisco. Madrid 1.990.
NUEVO MANUAL DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS. I. Cenzano. AMV. Ediciones. Madrid 1.993.
PROCESADO DE HORTALIZAS. D. Arthey. Ed. Acribia. Zaragoza 1.992.
PROCESADO DE FRUTAS. D. Arthey. Ed. Acribia. Zaragoza 1.997.
CONSERVACION DE FRUTAS Y HORTALIZAS. S. D. Holdsworth. Ed. Acribia. Zaragoza 1.987.
CONSERVACION DE FRUTOS. A Herrero. Ed. Mundi-prensa, Madrid 1.992
CURSO DE INDUSTRIAS LACTEAS. A. Madrid. AMV. Ediciones. Madrid 1.996
MANUAL DE INDUSTRIAS LACTEAS. Alfa-Laval. AMV. Ediciones. Madrid 1.990
MANUAL DE INDUSTRIAS LACTEAS. Tetra Pak. AMV. Ediciones. Madrid 1.996
PROCESOS DE ELABORACION DE ALIMENTOS Y BEBIDAS. M. T. Sánchez. Edicion AMV ed. y Mundi-Prensa, Madrid. 2003
PIENSOS Y ALIMENTOS PARA ANIMALES. A. Madrid. . Edicion AMV ed. y Mundi-Prensa, Madrid 1.995
LAS INSTALACIONES FRIGORIFICAS EN LA INDUSTRIA ALIMENTARIA. A. López, AMV. Ediciones. Madrid 1.994.
AISLAMIENTO, CALCULO Y CONSTRUCCION DE CAMARAS FRIGORIFICAS. P. Melgarejo. AMV. Ediciones.
Madrid 1.995. ENVASADO DE ALIMENTOS EN ATMOSFERAS CONTROLADAS, MODIFICADAS Y A VACIO. A. L. Brody. Ed. Acribia. Zaragoza 1.996
ALONSO VALLE, F. (1996) “La seguridad en calderas”. Ed. Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. Madrid.
CARNICER, E. 1.994 “Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones”. Ed. Paraninfo. Madrid.
ÇENGEL, Y. y BOLES, M. 1.996. Termodinámica. Tomos I y II. McGraw-Hill Interamericana Editores, S. A. México.
CREUS, A. (1997) “Instrumentación industrial”. Ed. Marcombo. Barcelona.
GRIÑAN, J y otros, 1.991. Tratamiento de Aguas Residuales en la Industria Agroalimentaria. Colegio Oficial de Ingenieros Agrónomos de Murcia. Murcia.
MADRID. Aprovechamiento de los subproductos cárnicos
MORAN, M.J. y SHAPIRO, H. N. 1.996. Fundamentos de Termodinámica Técnica. Editorial Reverté. Barcelona, España.
REAL DECRETO 1495/1991, de 11 de Octubre de 1991. Disposiciones de aplicación de la Directiva del Consejo de las Comunidades Europeas 87/404/CEE, sobre recipientes a presión simples
REAL DECRETO 769/1999, de 7 de mayo, por el que se dictan las disposiciones de aplicación de la Directiva del Parlamento Europeo y de Consejo, 97/23/CE, relativa a los equipos de presión
REAL DECRETO 2085/1994, de 20 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento de Instalaciones Petrolíferas.
REAL DECRETO 769/1999, de 7 de mayo , por el que se dictan las disposiciones de aplicación de la Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo, 97/23/CE, relativa a los equipos de presión.
REAL DECRETO 919/2006, de 28 de julio, por el que se aprueba el Reglamento técnico de distribución y utilización de combustibles gaseosos y sus instrucciones técnicas complementarias
REAL DECRETO 1027/2007, de 20 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Instalaciones Térmicas en los Edificios
REAL DECRETO 2060/2008, de 12 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento de equipos a presión y sus instrucciones técnicas complementarias
REAL DECRETO 138/2011, de 4 de febrero, por el que se aprueban el Reglamento de seguridad para instalaciones frigoríficas y sus instrucciones técnicas complementarias.
CompetenciasTras cursar esta materia o alumno adquire os coñecementos básicos para as seguintes tarefas para as que faculta o título de Enxeñeiro en Industrias Agroalimentarias
Deseñar, dimensionar e implementar industrias agroalimentarias cun nivel de definición que permita a redacción e dirección técnica do proxecto.
Deseñar e intervir nas operacións de proceso, control e mantemento relativas relacionadas coas instalacións propias da agroindustria
Analizar, simular, modelizar e optimizar o deseño de industrias agroalimentarias
Legalizar industrias agroalimentarias e realizar auditorías de calidade hixiénica.
Metodoloxía da ensinanza Clases impartidas polos profesores sobre os fundamentos teóricos da materia, realización de exemplos numéricos e aclaración de dúbidas sobre os conceptos explicados
Seminarios para realización de exercicios prácticos e resolución de dúbidas en grupo. . Os alumnos, traballando en grupo, elaborarán e exporán varios traballos relacionado cos contidos da materia.
Realización de viaxes de prácticas para visitar as industrias agroalimentarias máis representativas
Resolución de dúbidas en las clases e durante o horario de titorías.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha avaliación continua do aproveitamento individual mediante 3 exames parciais teórico - prácticos. A cualificación final obterase como a media ponderada da asistencia a clases e prácticas, a avaliación dos traballos e exercicios presentados e la s notas obtidas nos exames de avaliación realizados ao longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL EN AULA (horas)
Clases maxistrais 24
Prácticas de laboratorio 12
Prácticas de seminario 12
Titorías 3
TOTAL TRABALLO EN AULA 51
TRABALLO INDIVIDUAL O En GRUPO (horas)
Estudo individual 32,5
Realización de exercicios 20
Preparación e elaboración memorias de prácticas e traballos de curso 16
Realización de exame 2
TOTAL TRABALLO PERSOAL 70,5
Recomendacións para o estudo da materiaNesta materia recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa que nela recóllese gran cantidade de información dispersa e en continua evolución, da que non existe bibliografía actualizada. Por iso, ademais da consulta da bibliografía recomendada recoméndase a consulta da información deixada en el aula virtual
As competencias da materia só se poden adquirir realizándoas na práctica, polo que é importante facer todos os traballos prácticos. Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.