G4051447 - Microxeodesia (Astronomía e Xeodesia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPreténdese que o estudante saiba realizar o cálculo, análise, planificación e deseño de redes topográficas e non topográficas ou de control con fortes requisitos de precisión e fiabilidade.
Preténdese que o estudante sexa coñecedor das técnicas que resultan imprescindibles no control das deformacións que se poidan producir nas estruturas de enxeñaría ou na codia terrestre.
ContidosMetroloxía. Instrumentación xeodésica de alta precisión. Sinalización e observación de redes locais. Metodoloxías a empregar. Test estatísticos. Concepto de precisión e fiabilidade. Elipses de erro. Calibración de equipos topográficos.
Bibliografía básica e complementariaChueca M. J. Herraez y J.Berné. Redes Topográficas y Locales. Microgeodesia , Editorial Paraninfo. Madrid 1996
Sevilla, M. J.: Curso de Geodesia Superior. U.C. Madrid. 1987.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias.
Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
Utilización dá información bibliográfica e de internet.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
Coñecemento dunha forma rigorosa do vocabulario propio da Topografía.
Coñecemento dos conceptos e procedementos de calibración e verificación do instrumental.
Dirección, investigación e desenvolvemento de proxectos relacionados coas redes locais microxeodésicas.
Coñecemento do control de calidade de obras de enxeñaría. Control de deformacións planimétricas e altimétricas
Coñecemento do cálculo, análise, planificación e deseño de redes topográficas e non topográficas ou de control con fortes requisitos de precisión e fiabilidade.
Coñecementos xerais de metroloxía e control de calidade na enxeñaría.
Metodoloxía da ensinanza CLASES EXPOSITIVAS
Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase o alumno a participar activamente nestas, formulando dúbidas ou a necesidade de afondar en determinadas cuestións.
PRÁCTICAS
Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Os alumnos traballarán en grupos reducidos, baixo a supervisión do profesor, sendo fundamental unha participación activa por parte de todos os membros do grupo.
Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar prácticas que servirán de complemento aos contidos teóricos. Unha vez finalizada cada práctica, os grupos deberán redactar un informe descritivo que será entregado ao profesor para a súa corrección.
TITORÍAS
As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas de laboratorio, etc.).
PRÁCTICAS DE CAMPO
Realizaranse visitas durante o curso académico relacionadas coa materia. Antes de cada visita, o profesor presentará a obra en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.
Como apoio á materia proporcionarase ao alumnado material docente a través do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónNesta materia emprégase a un sistema de avaliación continua no que se premia a regularidade no traballo, e se avalían diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas están sometidas a unha avaliación continua, para estimular o alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación baséase nos seguintes apartados:
1) Asistencia.
2) Probas escritas.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Participación do alumnado nas actividades da aula.
Para superar a materia o alumno deberá cumprir polo menos as condicións:
- Obter unha cualificación mínima en cada aspecto de avaliación
- Obter unha cualificación global superior a un valor mínimo
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
Traballo presencial na aula:
- Clases teóricas: 18 horas
- Prácticas: 18 horas
- Titoría en grupos: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas
- Total: 42 horas
Traballo persoal do alumnado:
- Lectura e preparación de temas: 30 horas
- Realización de exercicios: 10 horas
- Prácticas: 20 horas
- Elaboración de traballos de curso: 5 horas
- Preparación de probas de avaliación: 5 horas
- Total: 70 horas
Recomendacións para o estudo da materiaTer cursado Instrumentos e Métodos Topográficos e Modelos Estatísticos de Axuste de Observacións