G4081441 - Instalacións Hidráulicas (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos concretos que se pretenden coa materia de Instalacións Hidráulicas resúmense en dotar o alumnado da formación necesaria que lle permita deseñar, calcular, planificar e dirixir as instalacións de rega dentro do ámbito da súa competencia. Tratarase, pois, de transmitirlle ao alumnado os seguintes coñecementos:
O coñecemento dos diversos elementos que compoñen unha instalación de rega.
As características intrínsecas de cada un dos sistemas de rega.
Os métodos de cálculo de cada un dos sistemas de rega.
Conseguir a adecuación do sistema de rega ao cultivo que se queira implantar.
Dar coas solucións máis sinxelas ante unhas formulacións complexas, que redundará nunha execución con moi poucos problemas.
Conseguir harmonizar o funcionamento dos múltiples emisores co contorno e tipo de plantas que integran os múltiples currunchos dos que se compón un xardín.
Conseguir a capacitación suficiente para a redacción dun proxecto de instalacións hidráulicas.
ContidosIntrodución
Relacións auga-solo-planta
Necesidades hídricas dos cultivos
Deseño da rega
Rega por gravidade
A rega por aspersión
Cálculos hidráulicos da rega por aspersión
Sistemas autopropulsados e especiais
Deseño de rega por aspersión
Subtotal horas/unidade
Elementos da rega de baixa frecuencia
Rega por goteo
Rega por microaspersión
A rego antixeada
Deseño de instalación de rega en froiteiras
Deseño de instalación de rega en cultivos de primor
Deseño de instalación de rega en invernadoiros
Deseño de instalación de rega en viveiros
Subtotal horas/unidade
Compoñentes da rede de distribución
Deseño de obras de fábrica na rede
Tatamentos físico-químicos das augas para rega
Quimirrigación
Balsas de rega
O grupo de bombeo
Sistemas de filtración
Bombas Dosificadoras e inxectores
O cabezal de rega
Automatización dos sistemas de rega
Subtotal horas/unidade
Deseño de drenaxe de instalacións deportivas
Deseño da rega de instalacións deportivas
Deseño de rega en xardinaría
Bibliografía básica e complementaria- Álvarez, C.J., Amiama,C., Marey, M.F. (2003) Los otros Proyectos. Prácticas. UNICOPIA
- Álvarez,C.J., et Al.(1995). Ingeniería del Diseño: una aproximación a la distribución en planta. Publicaciones de la E.T.S.I.A - U.P.M. Madrid
- Álvarez, C.J., Barrasa.M. e Díaz, F. Ejercicios de Evaluación Económica de Proyectos de Ingeniería. UNICOPIA
- Gómez Pompa P. 1993. Instalaciones de bombeo para riego y otros usos. Ed. Editorial Agrícola S.A. Madrid.
- Martínez Cañadas, M.A. 1993. Hidráulica aplicada a proyectos de riego. Universidad de Murcia
- Mateos, M. 1990. Válvulas para abastecimiento de aguas. Ed. Bellisco. Madrid.
- Boswell, Michael J. 1990. Micro-irrigation desing manual. James Hardie Irrigation (Iberia) S.A. Sevilla.
- Dooreubos, J. e Pruitt, W.0.1976. Las necesidades de aguas de los cultivos. Estudios F.A.O. Riegos y Drenajes nº 24. Roma.
- Losada Villasante, Alberto. 1996. Fundamentos de hidrología y da la práctica de riegos. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. Universidad Politécnica de Madrid.
- IRYDA. 1981. Normas para la redacción de proyectos de riego. Estudios monográficos nº 3. M.A.P.A. Madrid.
- IRYDA. 1985. Proyectos de riego por aspersión. IRYDA. Estudios monográficos nº 2 M.A.P.A. Madrid.
- Medina Sanjuan, J.A. 1998. Riego por goteo. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
- Tarjuelo, J.M. 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ed. Mundi Prensa.
- Vademécum de materiales de riego. 200. Ed. Edipublic S.L. Valencia.
CompetenciasEn calquera caso, a formación recibida debe facilitar a integración do enxeñeiro técnico dentro dos equipos multidisciplinares, un método de traballo cada vez máis xeneralizado.
É preciso transmitir tamén unha idea globalizadora e integradora, que lles proporcionará a aquelas persoas que adquiran a titulación unha adecuada capacidade para o diagnóstico de problemas e para a asignación de recursos e programación de actividades, aspecto fundamental nos traballos da Administración ou en tarefas de dirección nas empresas.
A actividade profesional dos técnicos agrícolas que se encontra relacionada coas materias que son obxecto do concurso, referirase fundamentalmente á planificación, proxecto, cálculo e dirección de distintas instalacións. Sen ánimo de ser exhaustivos, poderíamos citar as seguintes:
- Abastecemento de auga sanitaria a núcleos rurais.
- Redes de saneamento en núcleos rurais.
- Proxectos de rega en instalacións deportivas.
- Regas de campos de golf.
- Redes colectivas de rega.
- Rega de explotacións hortofrutícolas.
- Regas antixeadas.
- Regas en xardíns privados ou públicos.
- Depósitos.
- Instalacións contra incendios.
- Instalacións de fontanería.
- Presas e presas de derivación.
- Depuración de augas.
- Infraestrutura de regadíos.
Metodoloxía da ensinanza Materia cuadrimestral, con 30 horas de clases maxistrais distribuídas en dúas horas por semana.
A práctica de laboratorio realízase en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 15 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha).
Sistema de evaluaciónRealizarase un único exame escrito, cunha duración máxima de dúas horas, que constará de 4 preguntas de teoría (cunha valoración dun punto por pregunta) e tres problemas como aplicación desa teoría, cunha valoración de dous puntos por cada problema.
O exame final poderá obviarse para aqueles alumnos que entreguen un estudo de rega, e o aproben, dunha parcela e unha dedicación proposta. O devandito estudo constará de: unha memoria descritiva da instalación, un anexo climático, un anexo agronómico, outro de deseño e cálculos hidráulicos, uns planos: o de situación e emprazamento, o de coberturas, o de deseño hidráulico e planos de detalles. O devandito estudo será testado en tres ocasións, coincidindo co desenvolvemento dos distintos anexos e temporizados segundo a evolución do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalPRESENCIAIS
Asistencia a 30 horas de clases maxistrais.
Realización presencial de 30 horas de prácticas.
NON PRESENCIAIS
Preparación de prácticas: 40 horas.
Elaboración de memorias de prácticas: 30 horas de traballo en grupo.
Preparación do exame final: 15 horas.
AVALIACIÓN
15 horas.
Total volume de traballo: 160 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaAdecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo co programa da materia, para o aproveitamento da súa realización.
Asistencia regular ás clases e participación nelas e ás titorías, individuais e colectivas.
Asistencia obrigatoria ás prácticas.