Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051448 - Auscultación Non Topográfica de Obras de Enxeñaría (Materias sen Vincular ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría da Construción
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GARRIDO, GABRIEL.NON
QUIROS NUÑEZ, ENRIQUE CAMILO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Preténdese que o estudante se familiarice coas obras xeotécnicas, de estruturas e de obras hidráulicas en xeral dende un punto de vista da enxeñaría, necesario para o desenvolvemento profesional na topografía de obras.
    Contidos
    Enxeñaría Xeotécnica:

    TEMA 1. AUSCULTACIÓN DE NOIROS
    Introdución.
    Magnitudes usualmente suxeitas a control.
    Sistemas de medida. Control de movementos superficiais. Control de movementos no interior do terreo. Medida de deformacións entre puntos superficiais próximos
    Medida de presións intersticiais. Control de forzas. Equipos para control de movementos e tensións en terrapléns en construción
    Plan de lecturas. Sistemas de toma de datos.

    TEMA 2. AUSCULTACIÓN E CONTROL DE TÚNELES
    Introdución. Instrumentación dun túnel.
    Converxencias. Cintas de converxencia. Auscultación xeodésica das deformacións. Valoración das converxencias e das medicións de deformacións. Capacidade portante de carga do formigón proxectado
    Outras medidas a realizar. Instrumentación para a medición de desprazamento do terreo. Instrumentación para a medición de tensións no terreo.
    Nova instrumentación para control de túneles. Escáner de túneles para o control do perfil da escavación e do espesor de formigón. Medicións con deflectómetro para o control de traballos de perforación na construción de túneles.
    Auscultación durante a construción dun túnel

    Enxeñaría de Estruturas:

    TEMA 3. AUSCULTACIÓN DE ESTRUTURAS
    Auscultación de cimentacións. Pilas de ponte. Estribos de ponte. Muros de fábrica. Alicerces de terrapléns.
    Equipos e sistemas de auscultación
    Medidores de converxencia. Clinómetros. Piezómetros. Extensómetros. Placas de asento. Células hidráulicas de asento. Inclinómetros. Células de presión total. Ternas de bases de elongámetro

    Obras hidráulicas:

    TEMA 4. AUSCULTACIÓN DE PRESAS
    Introdución. Sistemas de auscultación. Auscultación das presas e a súa cimentación. Consideracións xerais sobre os sistemas de auscultación. Auscultación de ladeiras. Toma e proceso de datos. Interpretación dos resultados

    Bibliografía básica e complementaria
    Francisco J. Ayala Carcedo y Francisco J. Andreu Posse. Manual de Ingeniería de Taludes. Instituto Geológico y Minero de España. 2006
    Helmut Bock. “Instrumentación geotécnica de túneles. Ingeo Túneles-volumen 9. capítulo 16.
    Mario Peláez. “Auscultación: Seguimiento y control de túneles. Ingeo Túneles-volumen 7. capítulo 14.
    Guía de cimentaciones en obras de carretera. Serie monografías. Ministerio de Fomento. Año 2009
    Auscultación de las presas y sus cimientos. Guías técnicas de seguridad de presas. Comité nacional español de grandes presas.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS:
    Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas dende a enxeñaría en topografía, analizar os mesmos e proceder á súa implantación.
    Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á enxeñaría medio ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito xeomático.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    Capacidade de análise e síntese.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
    Utilización dá información bibliográfica e de internet.
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    Coñecementos sobre métodos de construción; análise de estruturas; deseño, execución e control de infraestruturas no traballo con equipos multidisciplinares, coñecementos de hidráulica.
    Coñecementos de enxeñaría xeotécnica.
    Coñecemento, utilización e aplicación das instrumentacións de auscultación de estruturas, obras xeotécnicas, obras hidráulicas

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS
    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase o alumno a participar activamente nestas, formulando dúbidas ou a necesidade de afondar en determinadas cuestións.

    PRÁCTICAS
    Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas.
    Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar un traballo práctico que consistirán na execución en grupos reducidos dun traballo sobre a temática da materia. Estas prácticas servirán de complemento e ampliación dos contidos teóricos relacionados co exposto no temario. Os grupos deberán entregar os seus traballos ao profesor para a súa corrección. Tras esta entregarase a versión definitiva do informe coas correccións e suxestións realizadas polo profesor.

    TITORÍAS
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas, etc.).

    PRÁCTICAS DE CAMPO
    Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar un traballo práctico que consistirán na execución en grupos reducidos dun traballo sobre a temática da materia. Estas prácticas servirán de complemento e ampliación dos contidos teóricos relacionados co exposto no temario.
    Os grupos deberán entregar os seus traballos ao profesor para a súa corrección. Tras esta entregarase a versión definitiva do informe coas correccións e suxestións realizadas polo profesor.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia emprégase a un sistema de avaliación continua no que se premia a regularidade no traballo, e se avalían diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.
    A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas se esta sometido a unha avaliación continua, para estimular o alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
    Os alumnos deberán realizar unha proba de avaliación individual, un exame parcial cunha duración aproximada de 2 horas. No Campus Virtual ao final da exposición de cada tema formularanse preguntas e cuestións breves que servirán para autoavaliar os coñecementos teóricos adquiridos. Os alumnos que o desexen poden entregar as devanditas cuestións resoltas para a súa corrección. Transcorridas dúas semanas resolveranse as devanditas cuestións no Campus Virtual. O exame parcial será teórico-práctico, e servirán para avaliar a capacidade do alumno para aplicar os seus coñecementos teóricos á formulación e resolución de problemas concretos.
    A aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
    Para alcanzar este obxectivo prémiase a regularidade e continuidade no traballo, e avalíanse diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno. Os aspectos a valorar son os seguintes:
    1) Asistencia.
    2) Proba escritas final.
    3) Aproveitamento das prácticas.
    4) Traballos entregados e/ou presentados.
    5) Participación do alumnado nas actividades da aula.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
    Traballo presencial na aula:
    Clases teóricas: 18 horas
    Prácticas: 18 horas
    Titoría en grupos: 2 horas
    Actividades de avaliación: 4 horas
    Total: 42 horas
    Traballo persoal do alumnado:
    Lectura e preparación de temas: 30 horas
    Realización de exercicios: 10 horas
    Prácticas: 20 horas
    Elaboración de traballos de curso: 5 horas
    Preparación de probas de avaliación: 5 horas
    Total: 70 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursado a materia Enxeñaría Civil e Ambiental.