Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081445 - Automatización e Control de Instalacións (Enxeñaría e Instalacións Agroindustriais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernández Rodríguez, María Dolores.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/TI-ECTS02HorariosHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos específicos
    1. Coñecer as aplicacións e necesidades do emprego de sistemas de control e automatización das instalacións eléctricas.
    2. Desenvolver sistemas de automatización e control de instalacións mediante automatismos cableados.
    3. Desenvolver sistemas de automatización e control de instalacións mediante automatismos dixitais.
    4. Coñecer, elixir e manexar os detectores de sinal e actuadores máis axeitados para o control de procesos productivos do ámbito agroforestal.
    5. Coñecer os distintos tipos de sistemas de visualización de procesos no ámbito agroforestal, seleccionando os máis axeitados ao proceso produtivo tendo en conta criterios de deseño e económicos.
    6. Búsqueda autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.
    Obxectivos actitudinais
    1. Sensibilizar ao alumno na importancia da automatización e do control das instalacións eléctricas e da súa interacción cos traballadores.
    2. Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

    Contidos
    Descritores: Regulación e control de instalacións. Instrumentación da medida, control e automatización. Deseño de automatismos lóxicos cableados. Deseño de automatismos lóxicos dixitais. Sistemas de visualización de procesos da industria agroalimentaria.
    3.1 Contidos teóricos
    Bloque temático I. ELECTRÓNICA BÁSICA
    Tema 1. Lóxica binaria
    1. Compoñentes todo-nada e variables lóxicas
    2. Operacións lóxicas
    3. Propiedades da álxebra lóxica
    4. Obtención e simplificación de ecuacións
    5. Códigos e sistemas de numeración
    Bloque temático II. AUTOMATIZACIÓN: LÓXICA CABLEADA
    Tema 2. Deseño e desenvolvemento de automatismos eléctricos:
    Lóxica cableada
    1. Simboloxía
    2. Contactor
    3. Relé
    Tema 3. Automatismos eléctricos de frecuente emprego: Lóxica cableada
    1. Arrancador directo
    2. Inversores de xiro
    3. Arranque estrela-triángulo
    4. Arranque mediante autotransformador
    5. Arranque por resistencias rotóricas
    Tema 4. Desenvolvemento de automatismos empregando lóxica cableada
    Bloque temático III. O AUTÓMATA PROGRAMABLE
    Tema 5. Arquitectura interna do autómata
    1. Bloques esenciais dun autómata
    2. Unidade central de proceso
    3. Memoria
    3.1. Memoria interna
    3.2. Memoria de programa
    4. Interfaces de entrada e saída
    5. Fontes de alimentación
    Tema 6. Ciclo de funcionamento do autómata
    1. Modos de operación
    2. Ciclo de funcionamento e chequeos do sistema
    3. Tempo de execución de ciclo e tempo de resposta
    4. Elementos de proceso rápido
    4.1. Procesado rápido de programas.
    4.2. Contador de alta velocidade
    4.3. Entradas detectoras de flanco
    Tema 7. Configuración de autómatas
    1. Tipo de microprocesadores
    2. Configuración de autómatas en función da unidade de control
    3. Configuración de autómatas en función das entradas e saídas
    4. Redes de autómatas
    Tema 8. Linguaxes de programación de autómatas
    1. Programación de autómatas
    2. Linguaxe de contactos
    3. Linguaxe de funcións
    4. Linguaxe mediante listado de instruccións
    5. Mando ou control secuencial
    6. Estruturas de programación
    7. Funcións desenvolvidas por APIs convencionais. STEP7-Microwin
    8. GRAFCET
    Bloque temático IV. SENSORES E ACTUADORES
    Tema 9. Sensores
    1. Termómetros
    2. Pirómetros
    3. Sensores de presión
    4. Medidores de caudal
    5. Medidores de nivel
    6. Medición doutras variables
    Tema 10. Acondicionamento de sinal
    1. Analóxica
    2. Dixital
    Tema 11. Actuadores
    1. Eléctricos
    2. Hidráulicos ou neumáticos
    Bloque temático V. SISTEMAS DE VISUALIZACIÓN DE PROCESOS
    Tema 12. Paneis de operador
    Tema 13. Sistemas de visualización baseados en PC
    3.2 Contidos prácticos
    As prácticas realizaranse no laboratorio de electrotecnia en sesións de 3 h e serán as seguintes:
    Práctica 1. Emprego de bloques lóxicos: Logo! Cableado e Programación sobre módulo
    Práctica 2. Programación de bloques lóxicos: Logo!SoftComfort
    Práctica 3. Programación de autómatas programables industriais e paneis de visualización: TIA Portal

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Alicitore, David G., Histand, Michael B. Introducción a la mecatrónica y a los sistemas de medición. 3ª Edición. Mc Graw Hill Interamericana de España S.L. 2008.
    2. Balcells, Josep, Romeral, José L., Autómatas programables. Marcombo Boixareu Editores. Barcelona, 1997.
    3. Bolton, W. Instrumentación y control industrial. Paraninfo. Madrid, 1996.
    4. Muñoz, E. J., Rodríguez, A. Ruíz, J. E. y otros. Automatización con Grafcet. Universidad de Málaga. Málaga, 1999.
    5. Roldán Viloria, José. Automatismos y cuadros eléctricos. Paraninfo. Madrid, 1999.
    6. Pérez Cruz, J., Pineda Sánchez, M. Automatización de maniobras industriales mediante autómatas programables. Editorial Universidad Politécnica de Valencia. Valencia, 2006.
    7. Piedrafita Moreno, R. Ingeniería de la automatización industrial. 2ª edición ampliada y actualizada. Ra-Ma. Madrid, 2004.
    8. Toro, Vicent del. Fundamentos de ingeniería eléctrica. PHH Prentice Hall. México, 1988.
    9. Germán Santamaría, Agustín Castejón. Manual de automatización eléctrica: desde el contactor hasta el autómata símbolos según : IEC, UNE, DIN, BS, ANSI. Arco. Madrid, 1985.

    Competencias
    Competencias xerais da materia:
    • CX 1. Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salazóns e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais – parques, xardíns, viveiros, arboledo urbano, etc.–, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornos sometidos a recuperación paisaxística).
    • CX 3. Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
    • CX 7. Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.

    Competencias específicas da materia:
    • Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.

    Competencias transversais
    • Capacidade de análises e síntese.
    • Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    • Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    • Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
    • Utilización da información bibliográfica e da internet.
    • Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos

    Metodoloxía da ensinanza
    A ensinanza desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías da ensinanza.

    Clases expositivas
    Empregará o modelo de lección maxistral, onde se incidirá nos aspectos más importantes de cada tema. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudiar cada tema, el estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
    1. Diapositivas das clases teóricas
    2. Desenvolvemento do temario teórico
    3. Outra información de interese
    Promoverase a lectura previa á exposición dos temas, preparación e estudo dos mesmos e posterior realización dos exercicios propostos relacionados. Requerirase a participación dos alumnos para aclarar dúbidas durante as clases.

    Clases interactivas
    Fomentarase a participación e traballo do estudante a través da aplicación práctica dos conceptos aprendidos a exercicios e problemas. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudar cada tema, o estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
    1. Exercicios propostos
    2. Outra información de interese
    Preténdese que interactúen profesor e alumn@s la resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.

    Prácticas
    Realizaranse 3 prácticas de 3 horas de duración, todas elas no laboratorio de electrotecnia. Para o desenvolvemento das mesmas os alumn@s disporán de guións de prácticas a través da aula virtual. As prácticas realizaranse en grupo seguindo as instrucións dos guións de prácticas e as indicacións da profesora. Será necesario a entrega das cuestións planteadas nos guións de prácticas.

    Titorías en grupo
    Realizaranse 2 titorías en grupo en sesións dunha hora para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia así como o seguimento do traballo realizado polos alumn@s.

    Titorías individuais
    Os alumn@s poden acudir a titorías individuais a demanda no horario da profesora para calquera cuestión relacionada coa asignatura.

    Actividades de avaliación
    As actividades de avaliación contemplan:
    1. Exame final
    2. Traballos e outras actividades desenvolvidas durante o curso
    3. Memoria de prácticas

    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo e a memoria de prácticas, que terán o seguinte peso sobre do conxunto da materia.

    DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
    Exame/Traballos 40%
    Asistencia a clases interactivas e prácticas 30%
    Memoria de prácticas e exercicios de clases interactivas 30%

    A porcentaxe asignada a exames/traballos (40%) pódese obter na súa totalidade no exame final, que pode constar de parte teórica e práctica. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os estudantes repetidores que realizaran as prácticas no curso anterior e entregaran a memoria das mesmas conservarán exclusivamente a nota da asistencia a prácticas e da memoria polo que non terán que repetilas. Para superar a materia é necesario ter unha nota mínima de 5 sobre 10 segundo as porcentaxes da táboa.
    En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación, conservándose a cualificación acadada nos demais apartados.
    A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Na táboa seguinte se resume a adicación do estudante á asignatura.
    Traballo presencial
    Clases expositivas 18,0 h
    Clases interactivas 9,0 h
    Prácticas 9,0 h
    Titorías en grupo 2,0 h
    Actividades de avaliación 4,0 h
    Total 42,0 h

    Traballo persoal do alumnado
    Lectura e preparación de temas 19,5 h
    Realización de exercicios 11,0 h
    Preparación das prácticas 11,0 h
    Elaboración de traballos de curso 23,0 h
    Preparación de probas de avaliación 6,0 h
    Total 70,5 h

    Horas totais: 112,5 h
    ECTS: 4,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    É necesario que os estudantes teñan cursado e superadas as materia de Física, Electrotecnia e Electrificación Rural. Para superar a asignatura é moi importante o estudo continuado da mesma o cal conleva:
    1. Atención nas clases teóricas e resolución das dúbidas que xurdan.
    2. Estudo dos temas teóricos.
    3. Aplicación dos conceptos adquiridos a exercicios e problemas con seguimento da profesora.
    4. Resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
    5. Realización e comprensión das prácticas.
    6. Realización dos traballos de curso.
    7. Resolución de dúbidas en canto xurdan.

    Observacións
    As titorías serán luns e martes de 10:00 a 13:00 h no despacho número 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Os estudantes matriculados na materia contarán con atención continuada a través do Campus Virtual. O correo electrónico da profesora é: mdolores.fernandez@usc.es.
    O idioma empregado será o galego.
    A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).