Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051104 - Fundamentos de Xeoloxía (Xeoloxía e Xeofísica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Nuñez Delgado, Avelino.NON
Pérez Moreira, Rogelio.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que os alumnos adquiran coñecementos básicos de Xeoloxía e Climatoloxía para a súa aplicación práctica na Enxeñería e na protección do medio natural.
    Que coñezan a Terra como sistema, os materiais e estruturas xeolóxicas e as morfoloxías superficiais. Que adquiran coñecementos sobre xeoloxía rexional e interpretación de mapas xeolóxicos. Que teñen coñecemento da xeoloxía e xeomorfoloxía de Galicia
    Que os alumnos coñezan as variables climatolóxicas. Que aprendan a levar a cabo estimacións de evapotranspiración e balances hídricos. Que aprendan a estimar os principais índices e clasificacións climáticas.

    Contidos
    Bloque I.- XEOLOXÍA

    1.- INTRODUCIÓN. 1.1.- Xeoloxía. O tempo xeolóxico. 1.2.- A Terra. A superficie da terra. Atmosfera e hidrosfera: Ciclos externos e internos. Ciclo petroxenético. Estrutura interna da terra. 1.3.- Tectónica de placas. Sismicidade.

    2.- MINERALOXÍA. 2.1.- Cristalografía: Conceptos básicos de cristalografía xeométrica e cristaloquímica. Propiedades físicas e identificación de mineral. 2.2.- Clasificación mineral. Silicatos e minerais non silicatos máis importantes.

    3.- PETROLOXÍA. 3.1.- Sedimentos e rochas sedimentarias. 3.2.- Magmatismo e Rochas ígneas. Plutonismo e vulcanismo. 3.3.- Metamorfismo e Rochas metamórficas.

    4.- ESTRATIGRAFÍA. Medios e facies sedimentarias. Os fósiles, cronoloxía e rexistro xeolóxico. Series estratigráficas. Discordancias.

    5.- ESTRUTURAS XEOLÓXICAS. 5.1.- Esforzo e deformación. Fracturas. Diaclasas e Fallas. Pregamentos: Xeometría e clasificación. Xistosidade e outras estruturas. Grandes estruturas tectónicas. Diapiros. Notacións e representación de elementos xeométricos. 5.2.- Morfoloxía estrutural.

    6.- FORMACIÓNS SUPERFICIAIS. Noiros e vertentes. Modelados climáticos. Modelado fluvial. Modelado periglaciario e glaciario. Modelado litoral. O Karst. Augas subterráneas.

    Bloque II.- CLIMATOLOXÍA

    7.- ATMOSFERA E VARIABLES CLIMÁTICAS. A atmosfera: composición e estrutura. A radiación solar. A temperatura do aire. A presión atmosférica. O vento. Humidade atmosférica e precipitación.

    8.-EVAPORACIÓN E BALANCE HÍDRICO. Evaporación e Evapotranspiración. Balance Hídrico.

    9.- CIRCULACIÓN ATMÓSFERICA. ANÁLISE E PREDICIÓN DO TEMPO. Masas de aire e frontes. Situacións sinópticas. Rede de estacións. Predición.

    10.- CLASIFICACIÓNS CLIMÁTICAS. Clasificación de climas. Índices climáticos. O clima en Galicia


    Seminarios e prácticas.

    SEMINARIOS:
    Seminario 1: Interpretación mapas topográficos.
    Seminario 2: A Terra. Sismicidade.
    Seminario 3: Cristalografía xeométrica.
    Seminario 4: Identificación de minerais de visu.
    Seminario 5: Morfoloxía e litoloxía. Vulcanismo.
    Seminario 6: Interpretación de mapas xeolóxicos-1.
    Seminario 7: Interpretación de mapas xeolóxicos-2.
    Seminario 8: Xeoloxía e paisaxe.
    Seminario 9: Historia xeolóxica de Galiza e do NO da Península Ibérica

    PRÁCTICAS:
    Práctica 1.- Identificación de minerais e rochas-1.
    Práctica 2.- Identificación de minerais e rochas-2.
    Práctica 3.- Identificación xeomecánica de solos.
    Práctica 4.- Climatoloxía-1:
    Fontes de datos climáticos e cálculos de axuste máis habituais. Cálculo de evopotranspiración e de
    balance hídrico con ferramentas informáticas.
    Práctica 5.- Climatoloxía-2:
    Obtención de clasificacións climáticas e de índices climáticos con ferramentas informáticas.

    Práctica de campo:
    Percorrido xeolóxico para o recoñecemento de materiais, estruturas xeolóxicas e modelado superficial.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA XEOLOXÍA
    Anguita & Moreno. (1991).Procesos geológicos internos.Ed.Rueda. Madrid
    Anguita & Moreno. (1993). Procesos geológicos externos y Geología Ambiental. Ed.Rueda. Madrid
    De Pedraza Gilsenz, J. (1996). Geomorfología.Principios, Métodos y Aplicaciones. Ed.Rueda. Madrid
    González de Vallejo, L.I.; Ferrer, M.;Ortuño, L.; Oteo, C. (2002). Ingeniería Geológica. Pearson Education. Madrid.
    I.T.G.E. (1987). Riesgos Geológicos.
    I.T.G.E./I.G.M.E. Mapas xeolóxicos, xeotécnicos e de riscos xeolóxicos.
    Klein, C. & Hurlbut, C.S.Jr (1996). Manual de Mineralogía. 4ª Ed Reverté. Barcelona
    Lambe T.W. & Whitman R.V. (1993). Mecánica de Suelos. Ed. Limusa. México, D.F.
    Maltaman. (1990) .Geological Maps: An introduction.Open University Press.
    Pozo, González e Giner. (2003). Geología Práctica. Prentice Hall, Madrid
    Tarbuck e Lutgens. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. 6ª Ed. Prentice Hall, Madrid.

    BIBLIOGRAFÍA CLIMATOLOXÍA
    Elías F. & Castellví F. (2001). Agrometeorología. MundiPrensa. Madrid.
    Thillet J.J. (1998). La meteorología de montaña. Martínez Roca. Barcelona.
    Watts A. (1997). Manual del tiempo. Tutor. Madrid.

    Competencias
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar contidos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñería. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar contidos de climatoloxía.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas teóricas, clases interactivas (seminarios e prácticas) e titorías. Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas proporcionarase ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou ben a través do Campus Virtual.
    Nas clases expositivas de teoría o profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ó alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais adecuados.
    As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Como complemento utilizarase material adecuado para cada tema.
    As titorías en grupos moi reducidos utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais, informes de prácticas e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación os contidos e a porcentaxe sobre o total da cualificación:

    -Proba teórica
    Inclúe tódolos contidos impartidos no programa teórico (clases expositivas) e nos seguintes seminarios de apoio: seminario nº 2 (A Terra), nº 3 (Cristalografía Xeométrica), nº 5 (Morfoloxía e litoloxía. Vulcanismo), nº 8 (Xeoloxía e Paisaxe) e nº 9 (Historia xeolóxica de Galicia).
    Porcentaxe sobre a cualificación total: 50%

    -Probas prácticas: Identificación de minerais e rochas de visu.
    Porcentaxe sobre a cualificación total: 10%

    -Traballos individuais de interpretación de mapa topográfico e xeolóxico.
    Porcentaxe sobre a cualificación total: 10%

    -Informes das prácticas de Climatoloxía.
    Porcentaxe sobre a cualificación total: 15%

    -Asistencia e participación colaborativa nas actividades programadas.
    Porcentaxe sobre a cualificación total: 15%

    Necesitarase unha puntuación mínima en cada parte para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación de temas: 40 h
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 h
    Elaboración de traballos de curso: 15 h
    (en grupo ou individuais)
    Preparación de probas de avaliación: 16h

    TOTAL: 91h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da materia de xeito continuado e lectura da bibliografía recomendada.