G4051105 - Economía e Empresa (Materias sen Vincular ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaÉ previsible que as e os futuros egresados se integren en empresas de enxeñería ou en unidades da administración onde serán necesarios coñecementos económicos para a xestión das mesmas. A materia de Economía ofrece polo tanto instrumentos e coñecemento útiles no futuro profesional das e dos enxeñeiros técnicos relacionados coa toma de decisións produtivas dentro da empresa.
Ademáis fixámonos como un dos obxectivos procedimentais fomentar a xestión da información dentro do marco da competencia informacional
ContidosSECCIÓN I.- OS MERCADOS E O SEU FUNCIONAMENTO.
Tema 1.- Concepto de Economía.
Tema 2. O Estudo da Procura.
Tema 3.- A Función de Oferta.
Tema 4. Equilibrio de Mercado e Formación de Prezos.
SECCIÓN II.- ECONOMÍA DA EMPRESA
Tema 5. Concepto de empresa. A empresa como sistema.
Tema 6. A Organización da empresa
SECCIÓN III. PRODUCIÓN E CUSTOS NA EMPRESA.
Tema 7. Economía da Produción (I): Análise Factor-Produto.
Tema 8. Economía da Produción ( II ): Análise Factor-Factor.
Tema 9. Tempo e Escala de Produción.
Tema 10. Determinación dos Custos de Produción.
SECCIÓN V. FINANCIAMENTO E INVESTIMENTO NA EMPRESA.
Tema 11. Os medios para a análise financieira da empresa.
Tema 12. Análise Económica-financieira da Empresa.
Tema 13. Avaliación Financieira de Investimentos. Métodos de Selección.
Bibliografía básica e complementariaCEPEDA, I.; LACALLE, M.; SIMÓN, J.R.; ROMERO, D. (2004) Economía para Ingenieros. Thomson. 400 pp.
FERNANDEZ SÁNCHEZ, E.; JUNQUERA CIMADEVILLA, B.; DEL BRÍO GONZÁLEZ, J. (2008) Iniciación a los negocios para ingenieros. Paraninfo. 647 pp.
KRUGMAN, WELLS, OLNEY (2008): Fundamentos de Economía, Ed. Reverté.
MARTÍNEZ COLL, Juan Carlos (2004): La Economía de Mercado, virtudes e inconvenientes, http://www.eumed.net/cursecon/
SAMUELSON, NORDHAUS (2006), Economía, Mc Graw-Hill.
SEMPERE, a. 1991. Microeconomía Elemental. Mc-Graw-Hill, Madrid. 155 pp.
TORRES LÓPEZ, J.(1995), Economía Política, Editorial Civitas, 2ª ed
Competencias1. Adquirir as bases metodolóxicas para comprender e analizar o funcionamento da economía de mercado en xeral manexando a información dispoñible.
2. Coñecer técnicas básicas de xestión económica da produción.
3. Adquirir as bases metodolóxicas para a xestión financeira da empresa.
4. Coñecer técnicas básicas análise financeira de proxectos.
5. Adquisición de métodos e técnicas de uso común na disciplina manexando o vocabulario específico da mesma.
6. Capacidade para toma de decisións, de liderado, xestión de recursos humanos e dirección de equipos interdisciplinares relacionados coa información espacial.
a. Adquirir capacidade de análise e síntese
b. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
c. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
d. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
e. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
f. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
g. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
h. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
i. Utilización de información bibliográfica e de Internet.Competencia informacional T4 na USC
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía da materia baséase na combinación de clases expositivas e interactivas así como no traballo do alumnado dentro e fóra da aula tanto autonomamente como en grupo.
Así mesmo existe un curso USC-Virtual da materia que sirve de apoio ás clases presenciais. A través do mesmo iranse facilitando todos os materiais a empregar nas aulas así como traballos adicionais para realizar autonomamente.
Para o desenvolvemento das competencias informacionais facilitarase o alumnado un curso virtual en colaboración coa Biblioteca para a adquisición das mesmas e que constituirá unha actividade da asignatura equivalente a 10 horas do traballo autónomo do alumno
Sistema de evaluaciónExame 70%
Traballos 10%
Prácticas na aula 20%
Compentencia informacional: valorable ate 1 punto
Tempo de estudo e traballo persoal56 horas traballo presencial.
94 horas traballo persoal e de estudo.
Recomendacións para o estudo da materiaO estudo continuado ao longo do semestre é recomendable dada a densidade da materia, a súa lonxitude e que se trata de contidos e técnicas de análise cos que o alumnado non está familiarizado.
Para o seguimento das clases teóricas especialmente sería adecuado que se lesen antes os materiais do tema por se xurde algunha dúbida non aclarada ao longo da clase.