Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051108 - Bases de Datos (Informática) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Vazquez Rodriguez, Jose Ramon.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A xestión da información, a través de bases de datos, evoluciono nos últimos anos ata converterse na parte esencial dos sistemas informáticos modernos. Como consecuencia desta evolución, o estudo dos sistemas de bases de datos converteuse nunha parte fundamental do ensino da Informática. Unha gran cantidade dos sistemas que se van a manexar na vida profesional van ter detrás unha base de datos.
    Nesta materia preténdese que os/as alumnos/as adquiran os conceptos fundamentais de deseño e de linguaxes de consulta e actualización de bases de datos. Na parte práctica da materia empregarase software estándar para o desenvolvemento de aplicacións baseadas en bases de datos. Apostarase pola utilización de software libre, sempre que este presente as suficientes prestacións.
    A relación co resto de materias da titulación pódese considerar que é global xa que moitas aplicacións necesitan un soporte de bases de datos.
    Coñecer diferentes tecnoloxías de SGBD, particularmente de tipo relacional, e manexar con destreza os conceptos fundamentais da Linguaxe SQL baixo PotgreSQL e bases de datos espaciais con PostGIS
    Contidos
    Tema 1: Introdución ás Bases de Datos: Arquitectura
    Tema 2: Desenvolvemento de Sistemas de Bases de Datos: Modelos de Bases de Datos
    Tema 3: Sistemas xestores de Bases de Datos
    Tema 4: O modelo Relacional
    Tema 5: Deseño de Bases de Datos relacionais
    Tema 6. Sistemas de información
    Tema 7. O linguaxe SQL.
    Bibliografía básica e complementaria
    Elmasri, Ramez, "Fundamentos de sistemas de bases de datos", Madrid [etc.] Pearson Educación 2002
    Miguel Castaño, Adoración de, "Concepción e deseño de bases de datos do modelo E/R ao modelo relacional", Madrid Ra-ma D.L. 1993
    Miguel Castaño, Adoración de, "Deseño de bases de datos relacionais", Madrid RA-MA D.L. 1999
    Ullman, Jeffrey D., "Introdución aos Sistemas de Bases de Datos", México [etc.] Prentice Hall 1999
    Juan Carlos Casamayor Ródenas; Laura Mota Herranz; Matilde Celma Giménez, "BASES DE DATOS RELACIONAIS. ", Prentice Hall (ISBN: 84-20-53850-7)
    Matilde Celma Gimenez. Bases de Datos Relacionais. Pearson Publications Company, Febreiro, 2004.
    Date, C.J. Introdución aos sistemas de bases de datos, 7ª edición Prentice Hall. Pearson Educación, 2001.
    Garcia-Molina, H.; Ullman J.D.; Widom, J. Database Systems. The complete book. Prentice Hall, 2002.
    Enderezos WEB, Transparencias, problemas propostos, News, Manuais en liña, etc..
    Gregory SmithPostgreSQL 9.0 High performance,ISBN 13: 978-1-84951-030-1
    Obe, Regina O. ; Hsu, Leo S.: PostGIS in Action, Manning Publications

    Competencias
    Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía xeral empregada para o desenvolvemento da materia susténtase sobre dous piares básicos: a avaliación continua e o traballo en grupo. A realización efectiva da avaliación continua plásmase na existencia dun amplo conxunto de actividades de avaliación que hai que desenvolver durante a materia. Cada actividade de avaliación está relacionada cun ou varios dos diferentes contidos do curso e ten uns criterios propios. No referente á potenciación do traballo en grupo, unha parte importante das actividades docentes desenvolveranse mediante este esquema de traballo. Así mesmo, unha parte significativa das actividades de avaliación desenvolverase con esta metodoloxía docente.
    As actividades docentes que hai que realizar durante o desenvolvemento do curso clasifícanse en cinco grandes categorías: Sesións de teoría (orientadas á discusión dos contidos da materia e ao traballo inicial de aplicación destes contidos), Sesións de prácticas individuais e / ou en grupo (orientadas ao desenvolvemento de casos mediante os contidos discutidos previamente nas sesións de teoría), Actividades de grupo (actividades complementarias en diversos formatos como exposicións públicas, reunións, etc.) e Actividades de avaliación (ver sistema de avaliación).
    As metodoloxías empregadas para estas actividades serán: Clase maxistral, Aprendizaxe baseada en problemas e Aprendizaxe baseada en casos. As clases maxistrais son exposicións da teoría por parte do profesor onde o alumno limítase a tomar apuntamentos ou a intervencións moi puntuais a través de preguntas aclaratorias. O obxectivo deste tipo de clases é adquirir información actualizada e ben organizado procedente de fontes diversas, facilitar a comprensión e aplicación dos procedementos específicos da materia e elevar os niveis de motivación dos estudantes cara á materia. A aprendizaxe baseada en problemas realízase traballando sobre os problemas máis que vendo como realízase o problema. O traballo realízase en pequenos grupos, supervisados polo profesor. As demostracións das solucións acadadas, ademais de fomentar a aprendizaxe activo a través da práctica, proporcionan información aos estudantes sobre os seus propios progresos. Na aprendizaxe baseada en casos, trátase de situacións prácticas en que o profesor non explica, senón que máis ben supervisa o traballo do grupo de alumnos. O traballo do alumno realízase no seo do o seu grupo. Para a realización do caso/proxecto os estudantes teñen que acadar os obxectivos do encargo que se lles confiou.

    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia consistirá nun exame escrito.Dito exame consistirá en resolver un ou varios exercicios por escrito.

    Valoraranse tamén, ata un máximo de 2 puntos a asistencia e participación nas prácticas realizadas en clase.

    Os alumnos que non realicen as prácticas ou repetidores teñen tamén dereito a realizar o dito exame final.

    A cualificación das prácticas gardarase durante o curso académico completo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia Bases de Datos ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada entre as 150 (6x25) horas e as 180 (6x30) horas.
    Na guía da materia pódese ver un estudo máis detallado sobre o tempo de estudo e traballo persoal necesario para superar a materia. A recomendación xeral sería empregar entre 5,5 e 6,5 horas (incluídas as 3 de clase) por semana.

    Traballo presencial na aula
    Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 24 horas.
    Prácticas (con grupos reducidos): 24 horas.
    Actividades de avaliación: 3 horas.
    TOTAL 51

    Traballo persoal do alumnado
    Lectura e preparación de temas: 24 horas.
    Realización de exercicios: 27 horas.
    Preparación previa das prácticas e Traballo posterior sobre elas: 24 horas.
    Preparación de probas de avaliación: 24 horas.
    TOTAL 99
    Recomendacións para o estudo da materia
    Se considera que se debería de aproveitar ao máximo as tutorías para la resolución inmediata de dúbidas