Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051109 - Informática (Informática) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Vazquez Rodriguez, Jose Ramon.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A variedade de plataformas de programación dispoñibles hoxe en día é moi ampla e está en constante evolución. O primeiro obxectivo desta materia é introducir ó alumno nos conceptos e técnicas básicos da programación dende un enfoque xeral, que lle permitan adaptarse a distintas linguaxes de programación.
    Como segundo obxectivo, preténdese dotar ó alumno das destrezas necesarias para a resolución de problemas básicos de cálculo no ámbito da enxeñaría mediante o uso das ferramentas de programación. Proporcionar aos alumnos coñecementos xerais da arquitectura de un computador, o desempeño dos sistemas operativos e a programación en unha linguaxe de alto nivel, tal como Pascal e o Linguaxe C..
    Contidos
    1. Introducción.
    1.1. Informática
    1.2. Representación dos datos nun computador.
    1.3. Hardware.
    1.4. Software.

    2.1. Algoritmos e programas
    2.2. Linguaxes de Programación
    2.3. Tradutores: compiladores e intérpretes
    2.4. Ciclo de vida do software
    2.5. Paradigmas de programación

    3. Programación estruturada
    3.1. Datos e instrucións
    3.1.1. Constantes e variables
    3.1.2. Codificación dos datos: tipos de datos
    3.1.3. Tipos de instrucións
    3.2. Instrucións de control
    3.2.1. Instrución secuencial
    3.2.2. Instrucións condicionais
    3.2.3. Instrucións de repetición
    3.3. Datos estruturados
    3.3.1. Vectores (arrays)
    3.3.2. Rexistros
    3.3.3. Xestión da memoria

    4. Programación modular
    4.1. Procedementos e funcións
    4.2. Ámbito das variables
    4.3. Paso de parámetros
    4.4. Librarías

    5. Arquivos

    6. Punteiros. Estruturas dinámicaas de datos
    Bibliografía básica e complementaria
    Norton, P.: Introducción a la Computación. 6ª ed. McGraw-Hill, 2006.

    Prieto Espinosa, Alberto: Iroducción a la Informática. McGraw-Hill. 2006.

    Joyanes Aguilar, Luis. Metodología de la programación. Mc Graw Hill

    Joyanes Aguilar, Luis, Rodríguez Baena, L. e Fernández Azuela, Matilde. Fundamentos de programación, libro de problemas. Mc graw Hill.

    Leestma, S. Programación en Pascal. Prentice Hall, 2000.

    Competencias
    Competencias específicas
    - Resolución problemas de topografía mediante o deseño de programas informáticos
    - Planificación no deseño de programas, seguindo unha metodoloxía baseada na programación estruturada e modular.

    Competencias transversais
    - Pensamento analítico: capacidade para comprender e especificar un problema, descompoñéndoo nunha serie de subproblemas e identificando os elementos que entran en xogo en cada un.
    - Pensamento operativo: dada a especificación dun problema, ser capaz de atopar unha solución cos recursos dispoñibles
    - Pensamento conceptual: ser capaz de abstraer o coñecemento aprendido para poder utilizalo nun novo ámbito.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases Teóricas
    As clases da parte teórica consistirán na explicación dos apartados do programa coa axuda dunha presentación electrónica. Tamén se realizarán de exercicios na pizarra, fomentando a participación do alumno. As diapositivas da presentación serán postas a disposición do alumno.

    Clases Prácticas
    As clases do bloque de prácticas terán lugar nunha aula de informática, na que se proporcionará un ordenador para cada alumno. A metodoloxía de aprendizaxe de prácticas consiste fundamentalmente na resolución de exercicios de programación, individualmente ou por grupos, coa axuda do profesor.

    Titorías
    As sesións de titorías servirán para resolver as dúbidas dos alumnos en canto ós contidos da materia, resolución de problemas de teoría e exercicios de prácticas.

    Curso Virtual
    Esta materia vai dispoñer dunha páxina web (curso virtual) desenvolta sobre unha plataforma de e-learning. Nela facilitaráselle ó alumno todo o material necesario en formato dixital, ademais de distintas ferramentas de comunicación para o apoio ás titorías, incluíndo correo electrónico e foros.
    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia consistirá nun exame escrito.Dito exame consistirá en resolver un ou varios exercicios de programación por escrito.

    Valoraranse tamén, ata un máximo de 2 puntos a asistencia e participación nas prácticas realizadas en clase.

    Os alumnos que non realicen as prácticas ou repetidores teñen tamén dereito a realizar o dito exame final.

    A cualificación das prácticas gardarase durante o curso académico completo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada entre as 150 (6x25) horas e as 180 (6x30) horas.

    Na guía da materia pódese ver un estudo máis detallado sobre o tempo de estudo e traballo persoal necesario para superar a materia. A recomendación xeral sería empregar entre 5,5 e 6,5 horas (incluídas as 3 de clase) por semana.

    Traballo presencial na aula
    Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 24 horas.
    Prácticas (con grupos reducidos): 24 horas.
    Actividades de avaliación: 3 horas.
    TOTAL 51

    Traballo persoal do alumnado
    Lectura e preparación de temas: 24 horas.
    Realización de exercicios: 27 horas.
    Preparación previa das prácticas e Traballo posterior sobre elas: 24 horas.
    Preparación de probas de avaliación: 24 horas.
    TOTAL 99
    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase que se debería de aproveitar ao máximo as titorías para a resolución inmediata de dúbidas.