Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071105 - Química (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  • Áreas: Química Inorgánica, Química Analítica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA.NON
PITA CALVO, CONSUELO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Adquirir os coñecementos de química necesarios que permitan a interpretación dos procesos que ocorren na Natureza.
    2. Coñecer as propiedades das disolucións e das reaccións químicas.
    3. Expor e resolver problemas de equilibrios químicos en disolución: ácido-base, oxidación-redución e precipitación.
    4. Comprender as disolucións reguladoras e o seu papel fundamental no mantemento do valor do pH do medio.
    5. Coñecer os principios xerais da fertilización de solos.
    6. Coñecer as propiedades químicas dos contaminantes ambientais.
    7. Comprender a estrutura e propiedades físicas e químicas dos principais grupos funcionais orgánicos.
    8. Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar correcta e seguramente os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo perigo e posibles riscos.
    9. Habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:

    1.- CONCEPTOS BÁSICOS
    2.- DISOLUCIÓNS E AS SÚAS PROPIEDADES
    3.- SISTEMAS COLOIDAIS
    4.- EQUILIBRIO QUÍMICO
    5.- ÁCIDOS E BASES
    6.- REACCIÓNS DE PRECIPITACIÓN
    7.- REACCIÓNS DE OXIDACIÓN-REDUCCIÓN.
    8.- FERTILIZANTES INORGÁNICOS
    9.- QUÍMICA AMBIENTAL
    10.- QUÍMICA ORGÁNICA: XERALIDADES, ISOMERÍA E REACCIÓNS


    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:

    BLOQUE A. Material, normas de seguridade e preparación de disolucións:
    Práctica 1) Recoñecemento de material e normas de seguridade no laboratorio
    Práctica 2) Preparación dun fertilizante en disolución. Preparación dunha disolución a partir dunha disolución comercial concentrada
    BLOQUE B. Prácticas de uso de técnicas se separación de substancias:
    Práctica 3) Separación dunha esencia por arrastre de vapor
    Práctica 4) Cromatografía en capa fina e en columna
    Práctica 5) Separación dos compoñentes do leite
    BLOQUE C. Estudio de sistemas ácido-base e redox:
    Práctica 6) Determinación da condutividade dunha disolución
    Práctica 7) Determinación do grao de acidez dun vinagre
    Práctica 8) Determinación do carbonato cálcico dun penso.
    Práctica 9). Estudio da oxidabilidade ao permanganato dunha auga
    BLOQUE D. Prácticas de síntese de produtos químicos:
    Práctica 10) Preparación de aspirina
    Práctica.11) Preparación dun biodiésel
    BLOQUE E. Práctica de uso da técnica de precipitación
    Práctica 12) Precipitación e separación de carbonato cálcico

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    1.- P. ATKINS, L. JONES. “Principios de Química. Los caminos del descubrimiento". 3ª ed., Panamericana (2006).
    2.- T.L. BROWN, H.E. LEMAY, B.E. BUSRTEN. “Química. La Ciencia Central”. 9ª ed., Pearson-Prentice-Hall, México (2004).
    3.- R. A. BURNS. "Fundamentos de Química". 4ª Ed., Pearson-Prentice Hall, México (2003).
    4.- R. CHANG. "Química". 9ª ed., Ed. McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid (2007).
    5.- J. KOTZ, P. M. TREICHEL. "Química y reactividad química". 5ª ed., Thomson, México (2003).
    6.- W.L. MASTERTON, C. N. HURLEY. "Química. Principios y Reacciones". 4ª ed., Thomson/Paraninfo, Madrid (2003).
    7.- R.H. PETRUCCI, W.S. HARWOOD. “Química general: principios y aplicaciones modernas”. 8ª ed., Prentice Hall (2002).
    8.-M. D. REBOIRAS. "Química. (La ciencia básica)". Ed. Thomson, Madrid (2006).
    9.- “Química. Un proyecto de la American Chemical Society”. 1ª ed., Reverté (2005).


    Bibliografía complementaria:

    1.- A. RODRÍGUEZ LÓPEZ. “QUÍMICA E MEDIOAMBIENTE”. PLANA, ARTES GRÁFICAS S.L., 1994.
    2.- A. DOMÍNGUEZ. “Tratado de Fertilización”. Mundi-Prensa, Madrid, 1997.
    3.- G. NAVARRO. “Química Agrícola”. Mundi-Prensa, Madrid, 2000.
    4.- H. HART, L. CRAINE, D. J. HART, C. M HADAD. "Química Orgánica". 12ª ed., McGraw-Hill (2007).
    5.- F. CAREY. "Química Orgánica”. 6ª ed., McGraw-Hill, (2006).
    6.- E. GÓMEZ, L. RODRÍGUEZ. "A Atmosfera". Ed Universidade de Santiago de Compostela (2009).


    Bibliografía complementaria (Problemas):

    Selección de problemas de calquera dos libros de Química Xeral anteriormente indicados.
    1.- C.J. WILLIS. "Resolución de problemas de Química General". Ed. Reverté, Barcelona (1989).
    2.- D.E. GOLDBERG. "Fundamentos de Química general". Serie Schaum. Ed. McGraw Hill Interamericana, Madrid (1992).
    3.- A. RUIZ, A. POZAS, J. LÓPEZ, B. GONZALEZ. "Química general". Serie Schaum. Ed. McGraw Hill Interamericana, Madrid (1994).
    4.- VINAGRE JARA, VÁZQUEZ DE MIGUEL. "Fundamentos y problemas de Química". Ed. Alianza Universidad (1989).
    5.- E. QUIÑOÁ, R. RIGUERA. “CUESTIONES Y EJERCICIOS DE QUÍMICA ORGÁNICA”. Ed. McGraw-Hill (1994).
    6.- J. VALE, C. FERNÁNDEZ, M.A.R. PIÑEIRO, M. ALCALDE, R. VILLEGAS, L VILCHES, B. NAVARRETE, A. GARCÍA. “PROBLEMAS RESUELTOS DE QUÍMICA PARA INGENIERÍA”. Ed. THOMSON (2004).

    Bibliografía complementaria (Formulación):

    1.- W.R. PETERSON.: "Formulación y Nomenclatura". Química Inorgánica". Ed. Eunibar, Barcelona (1993).
    2.- W.R. PETERSON. "Formulación y Nomenclatura. Química Orgánica" Ed. Eunibar, Barcelona (1993).
    3.- E. QUIÑOÁ, R. RIGUERA. "Nomenclatura y representación de compuestos orgánicos". Ed. McGraw Hill Interamericana (1996).
    4.- E. QUIÑOÁ, R. RIGUERA, J. M. VILA. "Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos". Ed. McGraw Hill Interamericana (2006).

    Bibliografía complementaria (Prácticas de Laboratorio):
    1.- M. R. BERMEJO, B. FERNÁNDEZ, M. I. FERNÁNDEZ, M. FONDO, A. GARCÍA-DEIBE, E. GÓMEZ-FÓRNEAS, A. GONZÁLEZ, M. MANEIRO, J. SANMARTÍN. “Manual de Laboratorio de Química Xeral e Agrícola”,.Ed. Tórculo (2001).
    2.- V. LÓPEZ SOLANAS. “Técnicas de laboratorio”. Ed. Edunsa (1991).
    3.- J. MARTÍNEZ URREAGA, A. NARROS SIERRA, Mª.M. DE LA FUENTE GARCIA-SOTO, F. POZAS REQUEJO, V.M. DIAZ LORENTE. “Experimentación en Química General”, Thomson/Paraninfo, Madrid (2006).
    4.- J. PÉREZ IGLESIAS, H.Mª. SECO LAGO. “Experimentos de Química. Aplicaciones a la Vida Cotidiana”, Filarias, Badajoz (2006).
    Competencias
    Relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación:

    1. Introducir ao estudante na metodoloxía do traballo experimental.
    2. Mellorar a habilidade na utilización de fontes bibliográficas tradicionais (libro de texto, monografías, artigos de revisión).
    3. Incentivar ao estudante na utilización das novas tecnoloxías de acceso á información científica.
    4. Fomentar o traballo individual e en equipo.
    5. Habilidades de busca de información, selección e preparación dun traballo.
    6. Capacidade de exposición pública dun traballo e resultados.


    Vinculados a valores ou actitudes:

    1. Solidez nos coñecementos químicos básicos que require a profesión.
    2. Capacidade de análise e síntese.
    3. Capacidade de crítica e autocrítica.
    4. Habilidades de investigación.
    5. Habilidades informáticas básicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases Expositivas. Duración de aproximadamente 50 minutos.
    2. Seminarios. Duración de aproximadamente 50 minutos. Subministraranse boletíns de problemas ao alumnado ao comezo de cada tema.
    3. Clases Prácticas de Laboratorio. Asistencia obrigatoria. Realizaranse na Facultade de Ciencias segundo o calendario aprobado pola Xunta de Escola e a da citada Facultade.
    4. Titorías individuais. Serán reunións do alumnado co profesorado co fin de orientalo no seguimento e aproveitamento da materia, e resolver as dúbidas xurdidas durante a aprendizaxe da materia. Estas sesións son de carácter voluntario, pero o profesorado fará fincapé na súa utilidade e importancia.
    5. Apoio a través de USC-virtual.

    Sistema de evaluación
    -Avaliación das clases teóricas:
    Realizaranse 4 probas de avaliación ao longo do curso (fixadas na programación).
    Constituirán o 90% da cualificación final.

    -Traballo continuo:
    Pode sumar ata 1 punto á nota final. Para esta avaliación utilizarase a asistencia ás clases expositivas e de seminario, así como a participación activa nas mesmas. Tamén se valorará a resolución dos exercicios propostos nos boletíns e a entrega de outros exercicios ou traballos propostos.

    -Avaliación das prácticas de laboratorio:
    Constituirá o 10% da cualificación final. Para esta avaliación utilizarase a observación do traballo realizado no laboratorio e a presentación dunha memoria de prácticas. As prácticas gárdanse durante un período 2 cursos académicos.


    Aclaracións:
    (1) A nota obtida en cada proba de avaliación non debe ser inferior a 4.
    (2) Aparte da asistencia obrigatoria ás sesións de prácticas de laboratorio é imprescindible ter unha avaliación positiva da memoria de prácticas.

    Recuperación: Toda proba de avaliación na que a nota obtida sexa inferior a 4, considerarase suspensa, e poderá ser recuperada no exame final de Xuño. En caso de non superar a/as probas de avaliación suspensas en Xuño, na convocatoria de Xullo o alumno/a deberá examinarse de toda a materia.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia é anual e consta de 9 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 225 horas (9 créditos x 25 h/crédito).

    -Traballo presencial na aula:
    Clases expositivas: 36 h
    Clases interactivas (seminarios): 12 h
    Prácticas de laboratorio: 24 h
    Probas de avaliación: 4 h
    Exame final: 3 h
    Total: 79 h

    -Traballo personal do alumnado: 142 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia.

    Recoméndase facer uso das titorías para solventar as dúbidas xeradas no estudo da materia.