Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4111102 - Instrumentos de xestión de terras (Políticas e Instrumentos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Miranda Barrós, David.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar coñecementos sobre os tipos de formas de posesión da terra e os instrumentos de xestión de terras

    Dar a coñecer os enfoques e as ferramentas de análise das estruturas de propiedad dunha zona e as súas implicacións á hora de deseñar e executar políticas de ordenación territorial
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Tema 1. Conceptos básicos
    Ordenación territorial fronte a xestión de terras
    Administración de terras

    Tema 2. A propiedade e a posesión de terras
    Binomio terra-territorio e posesión-xestión

    Tema 3. Conceptos técnicos, xurídicos e fiscais sobre a posesión de terras
    A posesión da terra no Dereito Civil de Galicia
    Outros rexímenes de posesión

    Tema 4. As estruturas agrarias.
    Estrutura da propiedade en Galicia
    As explotacións agrarias e a súa evolución
    Relación propiedade-explotación agraria. Consecuencias territoriais

    Tema 5. Instrumentos de xestión de terras: gobernanza na xestión das estruturas.
    Tipos de mecanismos.
    A definición de dereitos de propiedade
    Influencia nas rentas da terra
    A información e os costes de transacción

    Tema 6. Sistemas de información de terras
    O Catastro e o Rexistro da Propiedade

    Tema 7. A reorganización espacial da propiedade.
    A concentración parcelaria

    Tema 8. A xestión do dereito de uso.
    A xestión forestal
    Os Bancos de Terras
    Asociacionismo e outras formas de xestión conxunta

    Tema 9. Cadeas de custodia do territorio
    Dereitos de conservación


    PROGRAMA DE PRÁCTICAS

    Práctica 1. Familiarización coas IDEs relacionadas coa Administración de Terras
    Práctica 2. Seminario de preparación do traballo de campo: manexo de información gráfica e alfanumérica de posesión e uso da terra
    Práctica 3. Seminario de seguimento do traballo de campo: identificación de variables caracterizadoras da estrutura fundiaria
    Práctica 4.Visita a áreas de implantación de instrumentos de xestión de terras.
    Práctica 5. Seminario de finalización do traballo de campo: discusión de DAFO e de propostas de acción dos diferentes grupos.

    TRABALLO PRÁCTICO EN GRUPO
    Realizarase un traballo práctico en grupo que consistirá na análise, a diagnose e propostas de actuación en materia de xestión de terras dunha zona rural galega.

    TRABALLO PRÁCTIVO INDIVIDUAL

    O alumno analizará o estado posesorio dunha ou varias parcelas de natureza rústica, sistema de transmisión, estado actual na oficina de Catastro, no Rexistro da Propiedade, así como a lexislación sectorial e os instrumentos de ordenación territorial que afectan ós dereitos de propiedade.
    Bibliografía básica e complementaria
    Balboa, X. 1990. O monte en Galicia. Vigo, Xerais.
    Bouhier, A. 1979. La Galice. Essai géographique d'analyse et d'interpretation d'un vieux complexe agraire. La Roche-sur-Yon, Imprimarie Yonnaise (2ª parte, cap. V: "Les correlations entre le systéme agricole, les structures d'exploitations et le régime foncier").
    ECE/HBP/1996. Land Administration Guidelines.
    Jacobs, H. 2001. Practicing Land Consolidation in an Changing World of Land Use Planning (Land Tenure Center Reprint No. 152), Madison.
    Jacobs, H. (ed.) 1998. Who Owns America? Social Conflict Over Property Rights. Madison: University of Wisconsin Press.
    López, E. 1996. Movilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia. Madrid, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
    Pat van der Jagt et al. 2007. FARLAND (Far Land Near Future). Future approaches to land development. INTERREG IIIC.
    De Soto, H. 2000. The Mystery of Capital. Why Capitalism Triumphs in the West and Fails Everywhere Else. New York: Random House.
    UN/FIG 1999. Report of the Workshop on Land Tenure and Cadastral Infrastructures for Sustainable Development; the Bathurst Declaration and the Position Papers. United Nations and the International Federation of Surveyors. Workshop, 18-22 October 1999.
    van Dijk, T. 2003. Dealing with Central European land fragmentation. Eburon. Delft.

    Además, durante o curso poderanse propoñer outros textos curtos complementarios.
    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS

    Expoñer con claridade e fluidez os coñecementos e o dominio das técnicas adquiridas,
    Capacidade para traballar e colaborar en equipos multidisciplinares.
    Capacidade de análise holística
    Capacidade para integrar diferentes fontes e tipos de información

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    Coñecemento dos instrumentos de xestión de terras (e tipos), especialmente aqueles aplicados no medio rural galego
    Coñecemento dos dereitos reais que afectan ó recurso terra e os diferentes modos de posesión
    Interpreta-la influenza das estruturas de posesión nas dinámicas de uso da terra

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES DE TEORÍA

    O profesor exporá unna parte dos contidos do programa mediante lección maxistral, adicando 20 horas.
    O alumno adicará 2 horas de traballo para preparar cada hora de docencia presencial, realizando un traballo previo de lectura dos textos que clarifican os conceptos básicos que o profesor desenvolverá nas clases.
    Fomentarase o debate e a discusión en tódalas horas de lección teórica.

    CLASES PRÁCTICAS

    O profesor impartirá 3 horas de prácticas de laboratorio, ademais de 8 horas de viaxe de prácticas.
    O alumno adicará 9 horas para asimila-los contidos das prácticas de laboratorio e preparar un breve traballo resumo da viaxe de prácticas.

    Realizaranse tres seminarios ou sesións prácticas para a realización do traballo práctico en grupo da materia, cun total de 9 horas presenciais. O profesor explicará os conceptos necesarios para a realización do caso práctico, utilizando diversos exemplos, tanto reais como virtuales; proporcionaraselles ós alumnos información básica do ámbito xeográfico de estudo e realizaranse sesións de discusión e debate contrastando os diferentes enfoques propostos polos grupos.

    TRABALLOS PRÁCTICOS

    O profesor orientará ó alumno sobre a bibliografía a utilizar no traballo, outras posibles fontes de información a utilizar, e irá solventando as dúbidas que xurdan a partir da análise dos dados.
    O alumno realizará un traballo autónomo co que consolidar os conceptos teóricos aprendidos na aula así como a poñer en práctica diversas metodoloxías de captura de información e análise.
    Programaranse entrevistas a axentes relevantes, tanto do ámbito público como privado.
    Para facilita-la análise proporcionaráselles ós alumnos información diversa relacionada coa situación de posesión e uso en formato SIX.
    O traballo entregarase en soporte dixital (formatos pdf, odt o word), cunha extensión máxima de 25 páxinas A4 e mínima de 15 páxinas A4.
    Realizarase unha exposición do traballo por parte de cada grupo.
    Os alumnos exporán o caso práctico na aula, que será avaliado e formará parte da calificación final.





    Sistema de evaluación
    A participación activa na clase representará un 20% da nota total. Enténdese como participación activa, ademais da asistencia, a lectura dos textos propostos e a discusión dos mesmos. A asistencia e participación nas visitas de campo terase en conta e avaliarase como o resto da asistencia ás aulas.

    Proba escrita de coñecemento, cun exame tipo test, de preguntas curtas, ou dun tema a desenvolverr (tamén se poderá realizar unha combinación destas modalidades), que representará un 30% da calificación final.

    O traballo práctico individual representa un 10% da calificación.

    O traballo práctico en grupo representa o 40% da calificación. Consistirá na elaboración e presentación do traballo práctico da materia, que será exposto en clase por cada grupo. Valorarase a proposta, a estrutura do documento, a exposición, os aportes documentais e referencias bibliográficas, a complexidade do caso, e a discusión crítica (70%); así como a claridade expositiva (30%).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non son necesarios coñecementos específicos previos, pero necesitarase adoptar un espírito crítico e aplica-la capacidade de análise, así como a dispoñibilidade para consultar e asimilar bibliografía escrita en inglés.
    Recoméndase o dominio básico de sistemas de información xeográfica no que se refire á visualización e análise de información gráfica e alfanúmerica.