P4111201 - Planificación urbana (Planificación e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFormar nos conceptos e práctica da ordenación do territorio e do urbanismo para desenvolver proxectos de planificación territorial e urbanística e de xestión do territorio.
ContidosPrograma teórico
Tema 1. Antecedentes históricos do crecemento urbano e forma urbana
o O crecemento urbano ao longo da historia
o Factores que inflúen no crecemento urbano e a estrutura urbana
o Tipos de estrutura urbana
Tema 2. Urbanismo sostible
o Estrutura urbana e sostibilidade.
o Transporte e sostibilidade.
o Integrar o verde e lo urbano.
o Gobernanza economía e sostibilidade.
Tema 3. Aspectos legais do planeamento urbanístico
o Marco legal do planeamento urbanístico e a ordenación do territorio
o Fundamentos de ordenación do territorio e planificación urbanística
o Réxime xurídico das diferentes clases de solo consideradas na planificación urbanística
Tema 4. O planeamento
o Figuras e instrumentos de ordenación do territorio
o Figuras de planeamento urbanístico: planeamento xeral y planeamento de desenvolvemento.
o Formulación, tramitación e aprobación das figuras de planeamento urbanístico
o Lexislación sectorial con incidencia no planeamento
o Análise crítico do marco legal do planeamento urbanístico en Galicia: vantaxes, desvantaxes e perspectivas futuras
o Avaliación ambiental de plans e programas
Tema 5. A xestión dos plans
o Xestión do planeamento municipal: xestión pública e privada
o Xestión do planeamento de desenvolvemento (plans parciais, plans especiais de reforma interior)
Programa de prácticas
Práctica 1. Planificación urbana sostible.
o Proposta dun estudo de caso no que se terá que avaliar a sostibilidade dunha área urbana e propoñer actuacións para mellorala.
Práctica 2. Práctica introdutoria do planeamento. Análise crítica dunha clasificación real dun Plan Xeral.
o Estudo da clasificación dunha zona ou ámbito dun concello rural que servirá para introducirse nos criterios e parámetros a utilizar nas prácticas seguintes.
Práctica 3. Estudo de caso da ordenación dun ámbito de solo rústico nun concello rural.
o Estudo da clasificación dunha zona ou ámbito de solo rústico nun concello rural na que se analizarán os problemas atopados e solucións adoptadas.
Práctica 4. Traballo en grupo para abordar a delimitación dun núcleo rural.
o Estudo da delimitación de casos reais de núcleos rurais. Nesta práctica proporase aos alumnos que escollan un caso real dun núcleo real para realizar un traballo en grupos, no que se delimite e ordene dito núcleo.
Práctica 5. Mesa redonda.
o Mesa redonda na que se exporán e discutirán os traballos, resultados e conclusións obtidas por cada grupo nas prácticas nº 3 e nº 4.
Programa del traballo práctico
Presentaranse un traballo individual baseado na práctica 1 que constará dun para de planos e un texto descritivo dos mesmos. A data de entrega aproximada do traballo da práctica 1 será 3 semanas antes da data de entrega de actas.
Presentarase tamén outro traballo en grupo das prácticas 2, 3 y 4 que constará dunha serie de planos e unha exposición dos mesmos ante todos os compañeiros. A data de entrega deste traballo será o último día de clase da materia.
O obxectivo destes traballos será amosar a capacidade e coñecementos adquiridos polos alumnos durante as clases. O contido, metodoloxía, estrutura e extensión serán presentados durante o curso.
Bibliografía básica e complementariaMorris A.E.J. (1979) Historia de la forma urbana: desde sus orígenes hasta la Revolución Industrial. Gustavo Gili, Barcelona. (Biblioteca Intercentros, Ciencias Agrarias, AOR 200).
Vinuesa Angulo J., Vidal Domínguez M.J. (1991) Los procesos de urbanización. En: Espacios y sociedades. Sintesis, Madrid.
Krugman P.R. (1992) Geografía y Comercio. En: Textos Universitarios. Antoni Bosch, Barcelona.
Beatley T. (2000) Green Urbanism: Learning from European Cities. Island Press, Washington, D.C., USA.
Arosemena G. (2012) Agricultura Urbana, espacios de cultivo para una ciudad sostenible. Gustavo Gili, Barcelona.
Steel C. (2008) Hungry city, how food shapes our lives. Vintage, Londres.
Esteban i Noguera, J. (1981) Elementos de ordenación urbana. Colegio Oficial de Arquitectos de Cataluña. Barcelona.
Esteban i Noguera, J. (2003) La ordenación urbanística: conceptos, herramientas y prácticas. Electa e Diputació de Barcelona. Barcelona.
Santos Díez, R. e Castelao Rodríguez, J. (2005) Derecho urbanístico. Manual para juristas y técnicos. El Consultor de los Ayuntamientos y de los Juzgados. Madrid.
Artigos recomendados:
Dietzel C., Herold M., Hemphill J.J., Clarke K. (2005) Spatio-temporal dynamics in California’s Central Valley: Empirical links to urban theory.International Journal of Geographical Information Science, 19(2), pp. 175–195.
Antrop M. (2004) Landscape change and the urbanization process in Europe. Landscape and Urban Planning, 67, pp.9–26.
Antrop M. (2000) Changing patterns in the urbanized countryside of Western Europe. Landscape Ecology, 15, pp. 257–270.
Anas A., Arnot R. (1998) Urban spatial structure. Journal of Economic Literature, 36, pp. 1426-1464.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
- Coñecer e manexa-los textos legais relacionados e interpretalos,
- Expoñer con claridade e fluidez os coñecementos e o dominio das técnicas adquiridas.
- Contribuir ó desenvolvemento de traballos en grupo, especialmente con participación en equipos multidisciplinares.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Adquisición dos conceptos e técnicas relacionadas coa planificación urbana,
- Comprensión do proceso de desenvolvemento dun plan de ordenación territorial.
- Manexa-lo léxico específico da planificación urbanística,
- Interpreta-los plans urbanísticos e as súas determinacións.
- Representar cartograficamente as determinacións dos instrumentos de planificación territorial,
- Manexar programas de sistemas de información xeográfica,
- Utilizar técnicas de axuda á decisión (análise multicriterio, matrices de impacto)
Metodoloxía da ensinanza CLASES TEÓRICAS
- O profesor preparará a documentación necesaria (textos, presentacións, e bibliografía) de cada tema e que será facilitada ó alumno.
- O alumno disporá de acceso a un aula virtual na que se lle facilitarán os temas.
CLASES PRÁCTICAS
- O profesor proporá o traballo a cada grupo e as condicións de realización.
- O alumno desenvolverá o traballo en grupo en horas de traballo autónomo, e fará uso das titorías (aula virtual) para resolve-las dúbidas.
TRABALLO PRÁCTICO
- O profesor aprobará o tema do traballo e fixará os criterios e pasos a seguir no seu desenvolvemento.
- O alumno elaborará o traballo en horas de traballo autónomo, e fará uso das titorías (aula virtual). Xunto co traballo o alumno entregará a presentación que utilizará na defensa do mesmo.
Sistema de evaluaciónA materia avaliarase en base aos traballos de prácticas:
O traballo da práctica 1 suporá o 30% da nota final. Avaliarase o exercicio entregado en base ao seguintes criterios:
o Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á hora de analizar a evolución das dinámicas dun área área urbana.(30% da nota do traballo)
o Capacidade para identificar e analizar aspectos que inflúen na sostibilidade dunha área urbana (40% da nota do traballo)
o Creatividade á hora de propoñer solucións para a área de estudo e idoneidade das mesmas (30% da nota do traballo)
o O traballo das prácticas 3 e 4 suporá o 70% da nota final: Consistirá na presentación e defensa dos exercicios prácticos en grupo, propostos durante o curso. Avaliaranse os contidos do exercicio, así como a exposición e defensa do mesmo, para o cal, todos os alumnos do grupo deberán participar na redacción e exposición do mesmo. A nota será a mesma para todos os membros do grupo en base aos seguintes criterios:
o O traballo é presencial polo que a non asistencia considerarase, salvo causa xustificada.
o Capacidade para expresar graficamente as determinacións do planeamento. (15% da nota do traballo)
o Interpretación correcta dos parámetros da clasificación explicados na parte teórica. (60% da nota do traballo)
o Motivación da solución proposta, que se exporá verbalmente na última práctica por todos os alumnos. (20% da nota do traballo)
o Nivel de participación de cada alumno nos grupos de traballo que realicen as prácticas. (5% da nota do traballo)
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Horas Presenciais Horas de Traballo Persoal
Tema 1 2 3
Tema 2 2 3
Tema 3 2 4
Tema 4 2 3
Tema 5 1 2
Práctica 1 1 4
Práctica 2 2 4
Práctica 3 2 6
Práctica 4 3 6
Práctica 5 3 5