P4111202 - Planificación dos recursos naturais e da paisaxe (Planificación e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 6.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal, Botánica
- Áreas: Produción Vexetal, Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno coñecementos sobre a planificación dos recursos naturais e da paisaxe, das categorías de áreas protexidas e sobre a creación, valoración e implantación de redes temáticas.
Formar o alumno en aspectos técnicos e legais relativos á conservación dos recursos naturais, así como á planificación de usos e aproveitamentos de carácter sostible.
Capacitar o alumno para a diagnose e valoración dos compoñentes territoriais da biodiversidade (paisaxes, hábitats), así como para o deseño de áreas protexidas e o establecemento de redes de espazos protexidos.
ContidosI) TEORÍA
Tema 1. Paisaxe: Sistemas de clasificación da paisaxe. (1 h)
Tema 2. Dinámica recente da paisaxe. (1 h)
Tema 3. Inventario, xeoreferenciación e valoración de compoñentes clave da biodiversidade e do patrimonio natural. (2 h)
Tema 4. Espazos naturais protexidos. Marco legal. Tipoloxía e redes. (2 h)
Tema 5. Planificación e xestión de espazos naturais. (2 h)
Tema 6. Casos prácticos. (1 h)
II) PRÁCTICAS
Prácticas de campo: a materia inclúe prácticas de campo nas cales se realizaran visitas de campo a espazos protexidos de Galicia.
Elaboración e presentación dun traballo práctico. Este realizarase en grupos de dous a catro persoas. Procederase a identificar e avaliar en diversos escenarios, os tipos de paisaxe, hábitat e áreas protexidas existentes, deseñando medidas correctoras ou propoñendo modificacións na configuración e alcance das áreas protexidas.
Bibliografía básica e complementariaHockings, M., Stolton, S. y Dudley, N 2000. Evaluating effectiveness: A framework for assessing management effectiveness of protected areas (Best practice protected area guidelines). Gland: IUCN.
Holdaway, E. y G. Smart. 2001. Landscapes at risk?: the future for areas of outstanding natural beauty. London: Taylor & Francis.
Lucas, P.H.C., 1992. Protected landscapes: A guide for policy-makers and planners. London: Chapman and Hall.
Phillips, A. 2000. Financing protected areas: Guidelines for protected area managers. Gland: IUCN.
Lockwood, M., G.L. Worboys, y A. Kothari. 2006. Managing protected areas: A global guide. London: Earthscan.
Mose, I. 2007. Protected areas and regional development in Europe: Towards a new model for the 21st century. London: Ashgate.
Worboys, G.L., M. Lockwood, y T. De Lacy. 2005. Protected area management: Principles and practice. Melbourne: Oxford University Press.
CompetenciasAo concluír esta materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
Competencias específicas
- Coñecemento dos tipos e espazos naturais.
- Réxime xurídico e ámbito de protección dos espazos naturais.
- Instrumentos de inventario e avaliación dos espazos naturais.
- Instrumentos de xestión dos espazos naturais.
Competencias instrumentais
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Resolución de problemas
Competencias persoais
- Traballo en equipo
Competencias sistémicas
- Aprendizaxe autónoma
Outras competencias
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza Ao ser un curso eminentemente práctico, nas clases maxistrais exporanse ao alumno a introdución -bases teóricas- que deba coñecer para aplicar no traballo de campo e práctico.
O traballo autónomo -que trata de afondar no manexo das fontes de información, no traballo en equipo, no uso da linguaxe científico escrito- consistirá en, tras o estudio, extraer as conclusións das prácticas realizadas, que deberán ser presentadas por escrito.
Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas polo entorno virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, comunicacións, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.).
Sistema de evaluaciónA consecución desas competencias avaliarase continuamente, durante todo o período lectivo. Na nota final terase en conta:
- a asistencia a todas as actividades programadas (40 % da nota final)
- a preparación e defensa do traballo encargado (30 % da nota final)
- a elaboración dos resultados de prácticas e a súa presentación (30 % da nota final)
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos ECTS (24 horas presenciais), cunha carga total de traballo autónomo do alumno de 51 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Outras (trabajo en grupo, tutorías…): 3 horas
TOTAL TRABAllO PRESENCIAL: 24 horas
Lectura e preparación de temas: 25 horas
Preparación previa de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14 horas
Elaboración de trabajos en curso: 12 horas
TOTAL TRABAllO PERSONAL: 51 horas
NUMERO TOTAL DE HORAS PARA SUPERAR A MATERIA: 75 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
- Analizar a bibliografía facilitada