Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4111205 - Avaliación de plans, programas e proxectos (Planificación e Xestión) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    * Formar ao alumnado nos conceptos teóricos e prácticos de todo proceso avaliador.
    * Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre os procesos de avaliación de plans, programas e proxectos.
    * Capacitar ao alumnado para levar a cabo avaliacións sociais, económicas e ambientais das actividades relacionadas coa xestión sostible do territorio.




    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Tema 1. Fases de todo proceso avaliador:
    - Formulación e deseño da avaliación.
    - Recollida e análise da información.
    - Formulación de conclusións e presentación de resultados.

    Tema 2. Viabilidade:
    - Viabilidade vs factibilidad.
    - Diferentes tipos de viabilidade: técnica, legal, económica...
    - Toma de decisións.

    Tema 3. Avaliación económica de plans, programas e proxectos:
    - Análise económica da actuación.
    - Fluxo de caixa e avaliación financeira.
    - Indicadores de rendibilidade económica.
    - Análise e administración do risco.

    Tema 4. Avaliación social de plans, programas e proxectos:
    - Introdución á avaliación como aprendizaxe social (EAS).
    - Principios básicos da avaliación (EAS).
    - Deseño e aplicación da avaliación.

    Tema 5. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos:
    - Consideracións ambientais e lexislación.
    - Avaliación de Impacto Ambiental (EIA).
    - Avaliación Ambiental Estratéxica (EAE).

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS

    Práctica 1.
    - Análise de casos de avaliación económica.

    Práctica 2.
    - Análise de casos de avaliación social.

    Práctica 3.
    - Análise de casos de avaliación ambiental.

    PROGRAMA DO TRABALLO PRÁCTICO

    - O alumnado terá certa liberdade á hora de elixir e realizar o traballo de curso, aínda que deberá axustarse aos esquemas propostos na parte teórico-práctica da materia e ás recomendacións que en cada caso realice o profesorado. O seu desenvolvemento coincidirá no tempo coa impartición da materia, tendo que exporse en clase ao final do semestre.
    - A súa realización será individual, aínda que cando se abarquen diferentes aspectos na avaliación dun mesmo plan, programa ou proxecto, poderá facerse en grupo a parte do traballo que puidese ser común.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    - AMEZCUA VIEDMA, Cesáreo y JIMENEZ LARA, Antonio. Evaluación de programas sociales. Díaz de Santos. Madrid, 1996.
    - BACA URBINA, G. Evaluación de proyectos. McGraw-Hill. Mexico, 2006.
    - COOK, T. D. y CAMPBELL, D. J. Métodos cualitativos y cuantitativos en investigación evaluativa. Editorial Morata. España, 1986.
    - CHAMBERS, Robert. From PRA to PLA and Pluralism: Practice and Theory, Institute of Development Studies. Sussex (UK), 2007.
    - ERIAS REY, Antonio y ÁLVAREZ-CAMPANA GALLO, Jose Manuel. Evaluación ambiental y desarrollo sostenible. Pirámide. Madrid, 2007.
    - GÓMEZ OREA, Domingo. Evaluación ambiental estratégica: un instrumento para integrar el medio ambiente en la elaboración de planes y programas. Mundi-Prensa. Madrid, 2007.
    - OÑATE RUBALCABA, Juan José. Evaluación ambiental estratégica: la evaluación ambiental de políticas, planes y programas. Mundi-Prensa. Madrid, 2002.
    - OSUNA, J. L. y MÁRQUEZ, C. D. Guía para la evaluación de políticas públicas. Instituto de Desarrollo Regional. Sevilla, 2000.
    - PASQUAL i ROCABERT, Joan. La evaluación de políticas y proyectos: criterios de valoración económicos y sociales. Icaria. Barcelona, 1999.
    - RUS, Ginés de. Análisis coste-beneficio: evaluación económica de políticas y proyectos de inversión. Ariel. Barcelona, 2008.
    - WALS, ARJEN, E.J. et al. The Acoustics of Social Learning: designing learning processes that contribute to a more sustainable world, Wageningen Academic Publishers. The Netherlands, 2009.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    - ÁLVAREZ ROJO, V. et al. Diseño y evaluación de programas. EOS. Madrid 2002.
    - ALVIRA MARTÍN, Fco. Metodología de la evaluación de programas: un enfoque práctico. Editorial Lumen Argentina. Buenos Aires, 1997.
    - CHAMBERS, Robert. Rural Appraisal: rapid, relaxed & participatory, Institute of Development Studies. Sussex (UK), 1992.
    - FERNÁNDEZ TORRES, Juan Ramón. La evaluación ambiental estratégica de planes y programas urbanísticos. Thomson Reuters-Aranzadi. Navarra, 2009.
    - GARCÍA HERRERO, Gustavo y RAMÍREZ NAVARRO, José Manuel. Diseño y evaluación de proyectos sociales. Certeza. España, 2005.
    - MIRANDA, D. et al. Land consolidation in inland rural Galicia, N.W. Spain, since 1950: An example of the formulation and use of questions, criteria and indicators for evaluation of rural development policies. Land Use Policy. 23 (2006) 511–520. 2006.
    - OSPINA BOZZI, Sonia. La evaluación como herramienta para una gestión pública orientada a resultados. CLAD, 2002
    - PATTON, Michael Quinn. How to Use Qualitative Methods in Evaluation. Sage Publications. Londres, 1987
    - SAMSET, K. Evaluación de proyectos de ayuda al desarrollo. Edit. Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación. España, 1997.
    - SANTOYO, H. et al. Manual para la evaluación de proyectos de desarrollo rural. Mundi Prensa. Madrid, 2002.
    - http://www.fao.org/docrep/w5830E/w5830e08.htm
    . . .

    Ademais de artículos concretos sobre diferentes aspectos da temática tratada na materia, que serán facilitados na clase.

    Competencias
    Competencias xerais:

    - Capacidade para levar a cabo procesos avaliadores de determinadas actuacións sobre o territorio, baixo unha tripla óptica económica, social e ambiental.
    - Capacidade para determinar a viabilidade dun plan, programa ou proxecto, utilizando para iso o resultado das avaliacións oportunas.

    Competencias específicas:

    - Manexar o léxico específico.
    - Manexar referencias bibliográficas.
    - Utilizar métodos e técnicas de avaliación económica, social e ambiental.
    - Deseñar un plan de avaliación, definindo obxectivos, técnicas, variables, tempos, unidades...
    - Obter e clasificar os datos necesarios para levar a cabo un proceso evaluador.
    - Resolver problemas de avaliación.
    - Interpretar correctamente os resultados dunha avaliación.
    - Tomar decisións acordes cos resultados das avaliacións.
    - Expor con claridade e fluidez os coñecementos adquiridos e mostrar un certo dominio das técnicas aplicadas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución entre as diferentes actividades dos 3 créditos ECTS desta materia (con 75 horas de dedicación total), mostra como o traballo autónomo do estudante convértese no protagonista:

    Clases expositivas = 9 horas presenciais (+ 16 horas de traballo autónomo = 25)
    Clases interactivas (prácticas e seminarios) = 12 horas presenciais (+ 18 horas de traballo autónomo = 30)
    Titorías en grupo = 3 horas presenciais
    Traballo de curso = 2 horas presenciais (+ 8 de traballo autónomo = 10)
    Titorías libres = 2 horas presenciais
    Exámen = 1 hora presencial (+ 4 de traballo autónomo = 5)

    Totais: 29 horas presenciais + 46 horas de traballo autónomo = 75 horas

    Deste xeito, a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, adáptanse ao novo sistema proposto no Espazo Europeo de Educación Superior, cun claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado.

    Concretamente, a docencia da materia baséase en:

    Clases teóricas (expositivas):

    - O profesorador, a través de clases maxistrais, presentará os conceptos básicos do contido teórico da materia, dando información sobre as fontes a consultar polo alumnado para completar a información básica recibida.
    - O alumnado, dentro do seu espazo de traballo autónomo e de acordo co espírito do EEES, completará os apuntamentos recibidos acudindo ás fontes facilitadas polo profesorado.

    Clases prácticas (interactivas):

    - O profesorado resolverá certos supostos prácticos de avaliación de plans, programas e proxectos, e exporá outros novos para que sexan tratados e resoltos polo alumnado.
    - O alumnado resolverá, baixo a supervisión do profesorado, os supostos presentados.

    Seminarios (interactivos):

    - O profesorado, de xeito interactivo, presentará casos específicos de avaliación social, económica e ambiental e discutirá co alumnado todos aqueles aspectos que merezan ser comentados, matizados, corrixidos, eliminados...
    - O alumnado participará no debate aberto polo profesorado sobre os casos expostos, dando a súa opinión sobre o comentado en cada un e tomando nota das recomendacións e observacións practicadas polo profesorado.

    Traballos prácticos:

    - O profesorado marcará as liñas básicas do traballo de curso a elaborar e dará algunhas ideas sobre a súa realización.
    - O alumnado realizará o traballo de xeito autónomo, co asesoramento do profesorado a través de titorías, e posteriormente exporao en clase.

    Titorías en grupo:

    - Profesorado e alumnado tratarán conxuntamente asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior personalización.

    Titorías libres:

    - O profesorado estará a disposición do alumnado nun horario prefijado para resolver dúbidas sobre os contidos teóricos da materia, sobre os supostos prácticos e sobre o traballo a realizar. Así mesmo, poderá fixar algunha hora de titoría obrigatoria para facer un seguimento do traballo do alumnado.
    - O alumnado poderá acudir a estas titorías para consultar as dúbidas comentadas, ou para tratar calquera outro aspecto relacionado coa materia.

    Sistema de evaluación
    * Asistencia e participación activa na clase (20%).
    * Realización dunha proba escrita de coñecementos básicos (20%), que se realizará ao final do semestre.
    * Resolución de casos prácticos (30%), que se exporán inicialmente en clase e que serán despois desenvoltos de xeito autónomo polo alumnado.
    * Elaboración e presentación dun traballo en clase (30%), a proposta do alumnado e de xeito individual (ou en pequeno grupo, nalgunha das súas partes), no que se valorará: estrutura, contido, presentación, uso do léxico, documentación, uso de bibliografía, complexidade...

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (9 horas ao longo do semestre), ás clases interactivas (12 horas ao longo do semestre), ás titorías en grupo (3 horas en todo o semestre) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" dos conceptos teóricos e dos procedementos (co explicado nas clases e co apoio da bibliografía recomendada) e á resolución dos exercicios expostos, unha media de 3 ou 4 horas semanais fóra das clases. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:

    3 créditos ECTS x 25 horas crédito = 75 horas de dedicación
    9 horas expositivas + 12 horas interactivas + 3 horas de tutorías en grupo = 24 horas
    Outras horas presenciais obrigatorias = 1 hora (exame)
    75 - 24 - 1 = 50 horas de traballo autónomo do alumnado
    50 horas / 15 semanas do semestre = 3'3 horas por semana

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non son necesarios coñecementos previos relacionados coa materia, aínda que é recomendable un certo espírito crítico e, para algúns aspectos máis cuantitativos da avaliación, o dominio de determinados conceptos estatísticos básicos e o traballo fluído cos números.