P4111105 - Técnicas de análise cuantitativas e cualitativas (Técnicas de Análise e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFormar ao alumno nas estratexias máis axeitadas para a extracción de información, tanto cuantitativa como cualitativa, a partir de fontes cartográficas, traballo de campo ou investigación social.
Capacitar ao alumno para realizar a análise gráfica e numérica da información obtida, que lle permita aproximarse por si mesmo aos mecanismos de funcionamento dos fenómenos estudados.
ContidosPrograma teórico
Bloque I. Estatística inferencial e mostraxe
Tema 1. Mostraxe estatística: tipos, finalidade, adecuación ao problema.
Tema 2. Análise univariante: medidas de localización (estimación puntual e por intervalo), estimadores robustos.
Tema 3. Contraste de hipóteses.
Tema 4. Análise multivariante: regresión múltiple, análise de varianza, análise de compoñentes principais, analise de conglomerados, análise de compoñentes múltiples.
Tema 5. Métodos de remostraxe: jackknife, bootstrap.
Tema 6. Métodos de representación gráfica da información.
Bloque II. Análise espacial
Tema 7. Patróns de distribución: aleatorio, uniforme, por conglomerados. Autocorrelación e modelos autorregresivos.
Tema 8. Interpolación non xeoestatística e xeoestatística (kriging).
Bloque III. Investigación social
Tema 9. Enfoque cuantitativo, cualitativo e mixto.
Tema 10. Métodos cuantitativos en investigación social: enquisa (métodos de enquisa, deseño de cuestionarios, papel do enquisador, análise de evolución temporal, almacenamento, codificación e análise).
Tema 11. Métodos cualitativos en investigación social: entrevista en profundidade, grupos focais, observación participativa, investigación-acción.
Programa de prácticas
Práctica 1. Familiarización co entorno de traballo de R e a interface de desenvolvemento R-Studio: introdución/importación de datos, obtención de axuda, métodos de traballo. Introdución á creación de gráficos.
Práctica 2. Análise univariante, contrastes de hipóteses (aplicación á avaliación da calidade cartográfica: erro planimétrico e erro de clasificación).
Práctica 3. Análise multivariante: regresión e correlación, análise de varianza.
Práctica 4. Análise multivariante: análise de conglomerados e análise de compoñentes principais.
Bibliografía básica e complementariaRecoméndase a consulta de polo menos un título dos propostos en cada apartado (os títulos dispoñibles na Biblioteca da USC aparecen marcados con ***).
Xeral
Box, G., Hunter, J., y Hunter, W. 2008. Estadística para investigadores: diseño, innovación y descubrimiento (2ª ed.). Reverté: Barcelona.
Spiegel M.R. et al., 2010. Probabilidad y estadística. McGraw-Hill. ***
García, A. 2008. Estadística aplicada: concéptos básicos. 2ª ed. UNED: Madrid.
Santos, J. 2008. Análisis estadístico de la información geográfica. UNED: Madrid.
Específica
Bloque I
Martínez Gómez, M., Ruiz García, R., Vallada Regalado, E., 2010. Introducción a la estadística. Editorial UPV, Valencia. ***
Esteban García, J. [et al.], 2011. Inferencia estadística. Garcetal, Madrid. ***
Bloque II
Haining, R. 2003. Spatial data analysis: theory and practice. Cambridge: Cambridge University Press.
Maestre, F., Escudero, A., y Bonet, A., eds. 2008. Introducción al análisis espacial de datos en ecología y ciencias ambientales: métodos y aplicaciones. Madrid: Universidad Rey Juan Carlos.
Schabenberger, O. 2005. Statistical methods for spatial data analysis. Boca Raton: Chapman and Hall/CRC.
Bloque III
Cea d'Ancona, M. 2004. Métodos de encuesta: teoría y práctica, errores y mejora. Madrid Síntesis.
Olaz, A. 2008. La entrevista en profundidad: justificación metodológica y guía de actuación práctica. Oviedo: Septem.***
Camarero, L. (coord.), 2010. Estadística para la investigación social. Garceta, Madrid. ***
Valles, M. 2002. Entrevistas cualitativas. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Prácticas
García Peréz, A., 2010. Estadística aplicada con R. UNED, Madrid. ***
García Peréz, A., 2010. Estadística básica con R. UNED, Madrid. ***
Bivand, R., Pebesma, E., Gómez-Rubio, V. 2008. Applied spatial data analysis with R. New York: Springer.
Everitt, B.; Hothorn, T. 2008. A Handbook of Statistical Analyses Using R. Boca Raton: Chapman & Hall/CRC.***
Galeano, P.; González Díaz, J.; Pateiro, B. 2008. Prácticas de Estadistica en R. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
CompetenciasCompetencias xerais
Capacidade para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na xestión de terras.
Competencias específicas
Utilizar técnicas estatísticas axeitadas ao problema en cuestión.
Elaborar enquisas e preparar entrevistas en profundidade.
Manexar o paquete informático libre de tratamento estatístico R (http://www.r-project.org ).
Interpretar e valorar a fiabilidade das fontes cartográficas e fotográficas.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas
Clases maxistrais nas que se explicarán os compoñentes do temario e a súa utilidade no contexto da xestión de terras e o territorio.
Clases prácticas
Suporán unha introdución ao manexo das ferramentas informáticas necesarias para a realización dos exercicios prácticos. Búscase que os alumnos acaden a habilidade necesaria para poder realizar por si mesmos as tarefas de análise que os exercicios requiran.
Traballos prácticos
Os exercicios prácticos serán presentados coma problemas sinxelos relacionados coa obtención e análise de información necesaria para a toma de decisións no contexto da xestión de terras. Preténdese que los alumnos escollan, de entre as ferramentas proporcionadas nas clases teóricas e prácticas, aquelas que consideren máis axeitadas para a resolución do problema, que poidan xustificar a súa elección e que sexan capaces de presentar os resultados do seu traballo de xeito que realmente faciliten a toma de decisións no contexto do problema proposto.
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación na clase (20%).
Resolución de casos prácticos (40%), avaliarase a correcta elección da ferramenta de análise axeitada e a súa xustificación, a interpretación do resultados obtidos e a calidade da presentación.
Presentación de casos prácticos (40%). Cada alumno deberá presentar en público, de xeito individual, un dos catro traballos prácticos elaborados durante o curso. Valorarase a capacidade do alumno para presentar o problema, as opcións dispoñibles, a elección dunha ferramenta concreta e a interpretación dos resultados, así como a capacidade de síntese para adaptarse ao tempo de exposición adxudicado.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras teóricas: 18 h presenciais - 10 h traballo persoal
Horas prácticas: 6 h presenciais - 9,5 h traballo persoal
Preparación de traballos: 30 h traballo persoal
Exposición de traballos: 0,5 h presenciais
Titorías: 1 hora presencial
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos previos: é aconsellable a familiaridade co uso de sistemas informáticos e coñecemento básico de inglés.
Recoméndase a consulta continuada co titor para a realización dos traballos de acordo cos obxectivos definidos.
Admítese e recoméndase o emprego do ordenador persoal do alumno na realización das prácticas. Recoméndase que os alumnos que queiran empregar esta posibilidade consulten co profesor responsable sobre a descarga e instalación do programa R.