P4111106 - Análise espacial e territorial (Técnicas de Análise e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Departamento Externo
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno a capacidade para solucionar problemas de análise espacial e planificación territorial.
O alumno coñecerá as técnicas e métodos de análise empregados para a obtención de datos e variables territoriais, así como para a caracterización do territorio. Asimesmo, proporcionaranse ao alumno os fundamentos das técnicas de modelización territorial, tanto das destinadas á simulación e predicción da dinámica territorial como das empregadas no deseño de solucións óptimas para a localización de actividades.
ContidosPrograma teórico
Bloque I. Análise espacial
Tema 1. Operación de análise espacial
- Análise espacial de datos vectoriais
- Análise espacial de datos raster
Tema 2. Clasificación de imaxes
- Métodos supervisados e non supervisados
Bloque II. Análise territorial
Tema 3. Análise do sistema territorial
- Subsistema medio físico
- Subsistema núcleos e infraestruturas
- Subsistema poboación e actividades
Tema 4. Análise da dinámica territorial
- Análise da evolución espacial e temporal
- Análise de regresión
- Algoritmos de simulación: autómatas celulares, modelos baseados en axentes
Tema 5. Optimización da localización xeográfica
- Identificación de localizacións óptimas. Modelos de localización-asignación
- Avaliación da aptitude da terra
- Planificación do uso do solo
Bloque III. Sistemas de axuda á decisión espacial
Tema 6. Sistemas de axuda á decisión espacial
Programa de prácticas
Prácticas de laboratorio
Práctica 1. Obtención de modelos dixitais de elevación e información derivada.
Práctica 2. Aplicación de análise de regresión loxística e un autómata celular con IDRISI.
Práctica 3. Avaliación da aptitude da terra para usos específicos mediante técnicas de avaliación multicriterio.
Práctica 4. Deseño de mapas de uso do solo mediante avaliación multicriterio e algoritmos de optimización espacial.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Barredo, J. I. 1996. SIG y evaluación multicriterio en la ordenación del territorio. Madrid: Ra-ma.
Bosque, J. 2001. Planificación y gestión del territorio. De los SIG a los Sistemas de ayuda a la decisión espacial (SADE). El Campo de las ciencias y las artes, 138, 137-174.
Bosque, J., y Maas, S. 1995. Modelos de localización-asignación y evaluación multicriterio para la localización de instalaciones no deseables. Serie Geográfica, 5, 97-112.
Ebdon, D. 1982. Estadística para geógrafos. Barcelona: Oikos-Tau.
Gamir, A. 1995. Prácticas de análisis espacial. Barcelona: Oikos-Tau.
Malczewski, J. 1999. GIS and multicriteria decision analysis. New York: John Wiley & Sons.
Bibliografía complementaria
Aerts, J. C. J. H. y Heuvelink, G. B. M. (2002). Using simulated annealing for resource allocation. International Journal of Geographical Information Science, 16 (6), 571-587
Bosque, J., Gómez, M., Rodríguez, V., Díaz, M. A., Rodríguez, A. E., Vela, A. 1999. Localización de centros de tratamiento de residuos: una propuesta metodológica basada en un SIG. Anales de Geografía de la UCM, 19, 295-323
Chuvieco, E. (2006). Teledetección Ambiental. Madrid: Ariel
Clarke, K. C., Hoppen, S., Gaydos, L. (1997). A self-modifying cellular automaton model of historical urbanization in the San Francisco Bay area. Environment and Planning B: Planning and Design, 24, 247-261
Densham, P. J., Rushton. (1992). Strategies for solving large location-allocation problems by heuristic methods. Environment and Planning A, 24, 289-304
Diamond, J. T. , Wright, J. R. 1989. Efficient land allocation. Journal of Urban Planning and Development, 115 (2), 81-96
Díaz-Fierros, F. y Gil, F. (1984). Capacidad Productiva de los Suelos de Galicia. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela.
Engelen, G., Geertman, S., Smits, P., Wessels, C. (1999). Dynamic GIS and Strategic Physical Planning Support: a practical application to the IJmond/Zuid-Kennemerland region. En: Stillwell, S., Geertman, S., Openshaw, S. (Eds.), Geographical Information and Planning (pp. 87-111). Berlin, Springer-Verlag
FAO. (1976). Esquema para la Evaluación de Tierras. Roma: FAO.
FAO. (1985). Evaluación de Tierras con Fines Forestales. Estudio FAO, Montes 48. Roma: FAO.
García, A.M., Santé, I., Crecente, R. 2010. Análisis de los factores que condicionan la evolución de los usos del suelo en los pequeños asentamientos urbanos de la costa norte de Galicia. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 54, 57-79.
Li, X., Yeh, A. G.-O. (2000). Modelling sustainable urban development by the integration of constrained cellular automata and GIS. International Journal of Geographical Information Science, 14(2), 131-152.
Matthews, K. B., Craw, S. y Sibbald, A. R. (1999). Implementation of a spatial decision support system for rural land use planning: integrating GIS and environmental models with search and optimisation algorithms. Computers and Electronics in Agriculture, 23, 9-26.
Polhill, J. G., Gotts, N. M., Law, A. N. R. 2002. Modeling land-use change using agents in the FEARLUS project. En: Parker, D. C., Berger, T., Manson, S. (Eds.), Agent-Based Models of Land-Use and Land-Cover Change (pp.35-40). Irvine, California, USA:LUCC International Project Office.
Tso, B., Mather, P. M. (2001). Classification Methods for Remotely Sensed Data. London: Taylor & Francis.
Verburg, P.H., Ritsema, J.R., Nijs, T.C.M., Dijst, M.J., Schot, P. 2004. Determinants of land use change patterns in the Netherlands. Environment and Planning B 31, 125-150
Voogd, H. (1983). Multicriteria Evaluation for Urban and Regional Planning. London: Pion Limited.
White, R., Engelen, G. (1997). Cellular automata as the basis of integrated dynamic regional modelling. Environment and Planning B: Planning and Design, 24, 235-246.
White, R., Engelen, G. Uljee, I. (1997).The use of constrained cellular automata for high-resolution modelling of urban land-use dynamics. Environment and Planning B: Planning and Design, 24, 323-343.
Wright, J. , Revelle, C., Cohon, J. 1983. A multiobjective integer programming model for the land acquisition problem. Regional Science and Urban Economics, 13, 31-53
Wu, F. (2002). Calibration of stochastic cellular automata: the application to rural-urban land conversions. International Journal of Geographical Information Science, 16(8), 795-818
CompetenciasCompetencias xerais
- Capacidade para resolver problemas de análise espacial e planificación territorial
- Capacidade para expoñer os coñecementos e o dominio adquirido das técnicas.
Competencias específicas
- Capacidade para identificar, deseñar e aplicar as técnicas máis axeitadas para a análise dun ámbito territorial específico
- Capacidade para determinar a localización óptima dunha actividade
- Capacidade para deseñar un plano de categorías de ordenación ou un mapa óptimo de uso do solo
- Capacidade para usar técnicas de modelado espacial e algoritmos de simulación e optimización espacial nun SIX.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas
As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos das técnicas de análise espacial e planificación territorial, así como a presentación de exemplos, casos de estudio e artigos nos que se aplican ditas técnicas con distintos fins. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o alumno comprenda en qué se basean e para qué se poden empregar as técnicas aplicadas nas prácticas.
En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguemento da clase. No curso virtual porase a disposición dos alumnos para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas en clase.
Clases prácticas
Nas prácticas traballarase na aula de informática con diferentes programas SIX para a aplicación das metodoloxías e técnicas descritas na teoría nunha zona de estudo. Realizaranse 10 sesións de prácticas de 2 horas, sendo necesarias para cada práctica unha media de 2 sesións. O alumno disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O alumno deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.
Tutorías
O profesor resolverá as dúbidas xurdidas tanto nas clases teóricas como nas prácticas e guiará ao alumno na realización do traballo práctico.
O alumno deberá asistir obligatoriamente ás tutorías para realizar un seguemento do traballo práctico.
Sistema de evaluaciónConsideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a nota do exame de teoría sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación das prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservaráselle a nota de prácticas para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) daráselle a opción ao alumno de sustituir a asistencia a prácticas por un exame práctico.
Avaliación dos contidos teóricos (T): realizarase un exame final dos contidos de teoría. Avaliarase positivamente a asistencia ás clases teóricas.
Avaliación do traballo práctico (Tr): valorarase o documento presentado e a asistencia a tutorías.
Avaliación das clases prácticas (P): controlarase a asistencia, esixíndose unha asistencia mínima do 80%. A calificación establecerase en función da asistencia ás clases prácticas.
A calificación final (N) calcularase do seguinte xeito:
N = 0.5 T + 0.3 Tr + 0.2 P
Tempo de estudo e traballo persoalHoras teóricas: 15 h presenciais - 30 h traballo persoal
Horas prácticas: 20 h presenciais - 40 h traballo persoal
Realización de traballos: 30 h traballo persoal
Exposición de traballos: 5 h presenciais
Titorías: 5 h presenciais
Avaliaciíns: 5 h presenciais
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase cursar previamente a materia Xeomática se o alumno non posúe coñecementos avanzados de SIX
Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e titorías.