P4111207 - Xeomática (Técnicas de Análise e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCapacitar ó alumno no uso das tecnoloxías da información xeográfica para a creación, manexo, análise e presentación de datos e información territorial.
ContidosPrograma teórico
Tema 1. Datos xeospaciais e sistemas de referencia
- Tipos de datos xeoespaciais
- Fontes de datos
- Fontes de erro e calidade dos datos xeoespaciais
- Modelos de datos xeográficos
- Normas e estándares
- Tipos de coordenadas
- Sistemas de referencia terrestres
- Proxecións cartográficas
- Transformacións entre sistemas de referencia
Tema 2. Sistemas de información xeográfica
- Fundamentos: definición, tipos, e aplicación
- Historia
- Compoñentes
- Capacidades
- Conexión a servizos web.
Tema 3. Tecnoloxías e procedementos de medición: Topografía, Teledetección e Fotogrametría
- Topografía convencional
- Introdución á teledetección e ó procesamento dixital de imaxes
- LiDAR e RaDAR.
- Global Positioning System (GPS). Fundamentos, equipos e técnicas de observación
- Nocións de fotogrametría
- Microdrones
Tema 4. Infraestruturas de datos espaciais e integración cos SIX.
- O concepto e compoñentes dunha IDE,
- Metadatos, nomenclátor, catálogos e clearinghouses
- Estándares e recomendacións. OGC e CSG
- Xeoservicios
- IDE local, rexional, nacional e transnacional
- Aplicacións das IDEs
Tema 5. Xeovisualización e SIX de participación social (PPGIS). Definición, potencialidades e exemplos de uso.
Programa de prácticas
Prácticas de campo
Práctica 1. Obtención de coordenadas e medidas simples: toma de datos en campo con GPS e estación total,
Práctica 2. Obtención de grandes nubes de puntos e datos do subsolo: toma de datos en campo con LIDAR e XeoRadar,
Práctica 3. Obtención de datos aéreos en zonas pouco accesibles: toma de datos en campo con Microdrone e TLS.
Práctica 4. Rexistro de información por medios dixitais: toma de datos en campo con Tablet PC e/ou PDA.
Prácticas de laboratorio
Práctica 1. Importación e xeorreferenciación de datos dun concello en coordinación coas prácticas doutras materias do máster.
Práctica 2. Recoñecemento e tratamento de datos de varios formatos típicos de información xeoespacial.
Práctica 3. Deseño dunha base de datos xeográfica.
Práctica 4. Creación e explotación de modelos dixitais de elevación con distintas tecnoloxías (GPS, LIDAR, Teledetección, Fotogrametría).
Práctica 5. Presentación de proxecto mediante xeovisualización.
Visita: SITGA (unidade SIX)
Bibliografía básica e complementariaLecturas obrigatorias (indicaranse os capítulos):
Chuvieco, E. 2006. Teledetección ambiental: la observación de la tierra desde el espacio. Madrid: Ariel.
Peña, J. 2006. Sistemas de información geográfica aplicados a la gestión de territorio. Alicante: Club Universitario.
Lecturas recomendadas:
Calvo, M.S. 2005. Characterization and dynamics of the cultural landscapes in Galicia with GIS and remote sensing for planning and management : application in a northern area of the province of Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
Díaz, E. R. 2005. Planificación ecológica multiescala con sistemas de información geográfica para la sostenibilidad de los paisajes : aplicación a la Comarca de A Mariña Oriental (NE de Galicia-España). Universidade de Santiago de Compostela.
Díaz, R. 2005. Aplicación de sistemas de información geográfica y teledetección a la identificación y seguimiento de hábitats en la Red Natura 2000. Universidade de Santiago de Compostela.
Martínez, S. 2006. Aplicación de la teledetección a la caracterización de la biodiversidad de hábitats en la reserva de la biosfera Terras do Miño. Universidade de Santiago de Compostela.
Miranda, D. 2002. Caracterización e avaliación da concentración parcelaria en Galicia, proposta dun procedemento integral de ordenación rural baseado en métodos avanzados de SIX, fotogrametría dixital e análise multivariante. Universidade de Santiago de Compostelal.
Otero, I. 1999. Paisaje, teledetección y SIG: conceptos y aplicaciones. Madrid: Fundación Conde del Valle de Salazar
Ruiz, L. 2003. Prácticas de teledetección: (Idrisi, Erdas, Envi). Valencia: UPV.
Rodríguez, M. 2005. Integración de la conectividad funcional en los procesos de ordenación territorial mediante técnicas SIG: Aplicación a la conservación de la biodiversidad asociada a las formaciones de frondosas caducifolias. Universidade de Santiago de Compostela.
GeoInformatics (Revista online) http://geoinformatics.com
CompetenciasCompetencias xerais:
1; Utilización óptima dos medios informáticos para o manexo de información xeoespacial.
2; Expoñer con claridade y fluidez os coñecementos e o dominio das técnicas adquiridas.
Competencias específicas:
1; Manexar o léxico específico das tecnoloxías e métodos aplicados á información xeoespacial.
2; Manexar programas de SIX e Teledetección,
3; Resolver problemas de análise espacial en programas de sistemas de información xeográfica.
4; Representar as variables territoriais e a súa evolución utilizando sistemas dixitais.
5; Interpretar os resultados e manexar os diferentes formatos de datos empregados en xeomática.
6; Integrar as técnicas de participación pública coa información xeospacial.
7;Obter e recompilar datos de Infraestruturas de Datos Espaciais.
8; Resolver problemas de localización óptima, cálculo de rutas e visibilidade.
9; Utilizar sistemas de proxección gráfica e tecnoloxías de visualización en 3D para a presentación de plans, proxectos ou accións que afecten a un territorio.
10; Deseñar dotacións e prever necesidades de equipos de xeomática en proxectos
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas:
a; O profesor explicará os contidos teóricos do programa da materia.
b; O alumno deberá ler previamente os documentos recomendados en cada tema e realizar posteriormente unha revisión ou esquema do tratado en clase.
Clases prácticas:
a; O profesor explicará as prácticas, facendo unha demostración de cada unha e unha exposición dos resultados a obter. Durante este período computará o tempo dedicado polo alumno ó traballo cos datos.
b; O alumno realizará a práctica explicada aplicando a demostración do profesor e entregará os resultados correspondentes en forma de memoria breve. Computará o tempo de posproceso dos datos obtidos en campo ou laboratorio e a preparación da memoria.
Traballo da materia
c; O profesor realizará dous seminarios dunha hora, no primeiro expoñerase o traballo a realizar o segundo durante o desenvolvemento do curso servirá para aclaración de dúbidas e seguimento do avance.
d; O alumno deberá realizar un traballo práctico aplicado a unha zona donde se integrarán as ensinanzas das clases prácticas e teóricas nun exercicio práctico presentado como informe técnico. Computarase o tempo de elaboración do traballo como importación, creación, xestión e cálculo de datos.
Exposición de traballos prácticos:
a; O profesor revisará a exposición en clase de cada traballo práctico.
b; O alumno reservará tempo para a preparación e ensaio da presentación.
Titorías:
a; O profesor estará dispoñible para a resolución de dúbidas no estudio ou na realización dos traballos prácticos.
b; O alumno reservará un tempo para preparar as dúbidas e preguntas de titorías.
Sistema de evaluación1; Asistencia e participación na clase (10%), avaliarase a participación e a asistencia a clase (máis de 3/4).
2; Realización dunha proba oral ou escrita de coñecemento (40%), consistirá nunha proba tipo test, avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos impartidos en cada tema do curso.
3; Elaboración dun traballo práctico (30%), consistirá na entrega dun informe técnico cos resultados do traballo práctico, avaliarase a estrutura, presentación, uso do léxico, documentación, a complexidade e a precisión dos resultados.
4; Presentación do traballo en clase (10%), consistirá na exposición do informe presentado no traballo práctico na clase. Avaliarase a claridade de exposición (1/3), a diversidade de medios e tecnoloxías utilizada (1/3), e a interacción cos asistentes (1/3)
5; Asistencia e participación en visitas (10%), consistirá en visitas a centros da administración con unidades de SIX e a entrevista co persoal, avaliarase positivamente a participación.
Tempo de estudo e traballo persoalActividade: Horas presenciais (hp); Horas de traballo persoal (htp); Créditos ECTS (créditos)
Horas teóricas: 18 (hp); 20 (htp); 1,68 (créditos)
Horas prácticas: 22 (hp); 39 (htp); 2,52 (créditos)
Traballo da materia 2 (hp); 30 (htp); 1,28 (créditos)
Exposición de traballos: 1 (hp); 4 (htp); 0,2 (créditos)
Titorías: 1 (hp); 1 (htp); 0,08 (créditos)
Avaliación: 1 (hp); 5 (htp); 0,24 (créditos)
Total: 51 (hp); 99 (htp); 6 (créditos).
Recomendacións para o estudo da materia1. Coñecementos previos de informática básica como usuario, paquetes de oficiña, nocións de trigonometría
2. Tarefas a realizar:
Procura e estudio na Wikipedia dos seguintes termos (en castelán e inglés): SIX, Teledetección, Xeomática, Fotogrametría, Topografía, Sistemas de coordenadas, Coordenadas Xeográficas, GPS, LiDAR, e RaDAR.
Consulta e familiarización co uso dos seguintes sitios web: https://ovc.catastro.meh.es/OVCFrames.aspx?TIPO=Consulta
http://sigpac.mapa.es/fega/visor/
http://www.goolzoom.com/
http://www.bing.com/maps/
http://www.idee.es/show.do?to=pideep_pidee.ES
http://maps.google.es/