P4111208 - Valoración de terras (Técnicas de Análise e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Proporcionar ó alumno coñecementos sobre o proceso de valoración de terras rústicas e urbáns.
2. Formar ó alumno nas técnicas de valoración de terras.
3. Capacitar ó alumno para aplicar modelos de valoración de terras en función do obxetivo da valoración.
ContidosPrograma teórico:
Tema 1. Conceptos fundamentais do valor (1 hora)
- O valor e o prezo
- A valoración e a tasación
- Finalidade da valoración
- Evolución das teorías de valoración de terras
Tema 2. Criterios e técnicas de valoración (4 horas)
- Criterios de valoración
- Métodos sintéticos
- Métodos analíticos
- Métodos estatísticos e econométricos
Tema 3. Proceso do estudio de valoración (1 hora)
- Elaboración dunha ficha de investigación
- Seleción dunha mostra representativa
- Análise e axuste de datas de venda
- Tipos de ruido nun estudio de valoración
Tema 4. A valoración catastral (3 horas)
- Obxetivo da valoración catastral
- Modelos de valoración catastral en varios países.
- A valoración catastral en España
i. Modelo de valoración catastral de inmobeis urbáns
ii. O sistema de valoración catastral rústica
Programa de prácticas:
Práctica 1 (10 horas)
- Determinación do valor dun ben inmoble, de natureza rústica e/ou de urbana. Aplicando o método de valoración previamente acordado en clase para cada alumno.
Práctica 2 (2 horas)
- Valoración dun camiño rural. Xustificación dos criterios e da metodoloxía de valoración.
Bibliografía básica e complementariaAlonso, R., Iruretagoyena, M. T. 1990. Casos Prácticos de Valoración Agraria. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Alonso, R., Iruretagoyena, M. T. 1995. Valoración Agraria: Conceptos, Métodos y Aplicaciones. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa.
Alcázar, M. G. 2003. Valoración inmobiliaria. Madrid: Montecorvo.
Caballer, V. 1998. Valoración Agraria. Teoría y Práctica. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa.
Fernández, S. 1992. Valoraciones de bienes inmuebles. Madrid: Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos.
Guadalajara, N. 1996. Valoración Agraria. Casos Prácticos. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa.
Llano, A. 1994. Valoraciones inmobiliarias. El manual práctico. Bilbao: Llano.
Moral, J. 1989. Tratado de valoración de inmuebles. Barcelona: Gráficas Ibars.
Moral, J. 1991. Los bienes inmuebles. Aspectos jurídicos y económicos de su valoración. Barcelona: Ariel.
Roca, J. 1998. La estructura de los valores urbanos: un análisis teórico-empírico. Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local.
Silván, L.J. 1997. Tasaciones mercantiles, hipotecarias, catastrales y de mercado. Tasaciones periciales contradictorias. Peritaciones judiciales. Madrid: Munilla-Lería.
Verné, J.L.; Femenia, C.; Aznar, J. 2004. Catastro y valoración catastral. Valencia: Universidad de Valencia.
CompetenciasCompetencias xerais:
- Expoñer con claridade e fluidez os coñecementos e o dominio das técnicas adquiridas.
- Manexar as referencias bibliográficas.
Competencias específicas:
- Comprensión da función do valor do solo na asignación de usos do solo
- Manexar o léxico específico da valoración
- Realizar cálculos de valor de inmóbeis
- Utilizar técnicas de valoración de bens inmóbeis
- Planificar un estudio de valoración de terras
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas:
O profesor explicará os conceptos fundamentais e dialogará cos alumnos para medir o grao de comprensión dos temas tratados.
Traballos prácticos:
O profesor proporcionará orientación respecto dos contidos, metodoloxía e proporcionará ó alumno os recursos a analizar.
O alumno analizará o documento sobre a actividade proposta e buscará recursos bibliográficos adicionais que lle permitan afondar na análise, que será presentado ó profesor no prazo establecido e exposto en clase no día e tempo planificado.
Titorías:
O profesor responderá ás cuestións formuladas polo alumno nos horarios indicados a este efecto para cumprir cos obxetivos que se lle propuxeron.
O alumno consultará ó profesor as dificultades atopadas na realización dos traballos ou nos conceptos motivo de estudio.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación será realizado segundo os seguintes criterios:
- Asistencia e participación na clase: 30%. As tres cuartas partes desta porcentaxe se asignarán á asistencia, quedando a última parte reservada para a participación activa dos alumnos.
- Elaboración, presentación e defensa dos traballos: 40%.
- Proba escrita de coñecementos impartidos: 30%. Consistirá na resolución dun cuestionario de preguntas pechadas, no que se avaliarán os contidos teóricos da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalActividade: Horas presenciais (hp); Horas de traballo persoal (htp); Créditos ECTS (créditos)
Horas teóricas: 9 (hp); 18 (htp); 1.08 (créditos)
Horas prácticas: 12 (hp); 33 (htp); 1.8 (créditos)
Titorías: 3 (hp); 0.12 (créditos).
Total: 24 (hp); 51 (htp); 3 (créditos).