Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4111107 - Traballo fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 55.00
  • Horas de Titorías: 165.00
  • Total: 220.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada, Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Botánica
  • Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria, Produción Vexetal, Expresión Gráfica da Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Botánica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Diéguez Aranda, Ulises.NON
LOPEZ GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER.NON
Miranda Barrós, David.NON
SANTE RIVEIRA, INES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización obrigatoria dun traballo orixinal de forma individual por parte do estudante no que se poña en práctica o coñecemento e competencias adquiridas ao longo do curso académico.
    Contidos
    O TFM pode consistir nun estudo, plan, traballo de investigación ou revisión bibliográfica sobre un tema de interese afín ao perfil do máster.

    O tema do TFM debe encadrarse no perfil do Máster en Xestión sustentable da terra e do territorio e estar na liña temática dalgunha das materias do máster, e pode ser proposto polo estudante a un profesor do máster.
    Alternativamente, a Comisión Académica publicará anualmente na páxina web a oferta de temas presentada polos profesores do máster para que os estudantes dispoñan de temas de traballo para seleccionar.
    O TFM será orixinal, inédito e debe respectar os principios éticos na investigación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Debido ás peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida para tódolos traballos fin de máster que se van a realizar.
    A bibliografía específica de cada traballo a fará constar cada estudante nas diferentes propostas aprobadas pola comisión correspondente.

    Competencias
    1. Demostrar a capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos, metodoloxías e técnicas aprendidas ao longo do programa de máster.

    2. Demostrar a capacidade de deseño, planificación, organización e elaboración dun estudo ou traballo de investigación.

    3. Demostrar a capacidade de manexar diferentes fontes de información, analizar os datos, interpretar os resultados, redactar un documento e sacar conclusións sobre un tema de estudo.

    4. Demostrar a capacidade de expoñer o traballo, e de argumentar sobre cuestións formuladas.

    5. Formalizar e caracterizar problemas e deseñar propostas e solucións técnicas no ámbito da xestión de terras e do territorio.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo será realizado de forma individual polo estudante.

    Será posible realizar estudos conxuntos sobre un mesmo espazo xeográfico por parte de varios alumnos co obxecto de aportar unha visión territorial máis completa e favorecer o desenvolvemento de competencias relativas ao traballo interdisciplinario. A Comisión Académica debe ser informada desta circunstancia a través da proposta de TFM. Cada alumno realizará unha memoria individualizada de TFM diferente dos outros estudantes sobre o mesmo espazo de análise, o que non impedirá que se podan poñer en común as conclusións.

    Todos os TFM deberán contar cun director, que será un profesor que imparta algunha materia do máster. O traballo poderá ser codirixido por outro experto, circunstancia da que se informará ao Coordinador do máster e que autorizará esta codirección.

    A función do director será orientar ao estudante no establecemento dos obxectivos, definición da metodoloxía, recollida de datos, identificación das referencias bibliográficas, interpretación de resultados, elaboración das conclusións e deseño do plan de traballo do TFM.

    O alumno que queira realizar un cambio de director ou de tema despois de telo solicitado e aprobado pola Comisión Académica deberá solicitar por escrito este cambio de maneira motivada á Comisión Académica do máster para a súa aprobación.

    No caso de que a memoria do TFM sexa satisfactoria, o director poderá autorizar a presentación e defensa do TFM.

    O director fará unha avaliación da proposta de TFM entregada polo estudantee aportará ao tribunal de TFM a cualificación.
    Sistema de evaluación
    Criterios e procedemento de avaliación dos Traballos Fin de Máster:

    1. O estudante fará unha exposición oral e pública do TFM durante un tempo máximo de 10 minutos, trala que o tribunal formulará preguntas por un período máximo de 10 minutos. O estudante pode utilizar os medios audiovisuais necesarios para a súa exposición.

    2. A cualificación do TFM será o resultado de integrar a cualificación emitida polo seu director e a do tribunal avaliador, coa seguinte ponderación:
    - Cualificación do director da proposta de TFM e do seguimento na realización do traballo (20%)
    - Cualificación do tribunal da memoria de TFM (80%)

    3. Con anterioridade á data de defensa do TFM, o director deberá entregar á Comisión Académica a cualificación da proposta de TFM tendo en conta a calidade desta e o axuste ás normas de prrsentación.

    4. Trala defensa do TFM, o tribunal emitirá a súa cualificación tendo en conta os criterios seguintes:
    - Calidade da memoria (aspectos formais e científicos): ata 3 puntos
    - Calidade da exposición: ata 2 puntos
    - Calidade da argumentación ás preguntas do tribunal: ata 3 puntos

    5. O tribunal comunicará a cualificación final, integrando as dúas cualificacións.


    Tribunais avaliadores dos Traballos Fin de Máster:

    - A avaliación dos TFM será realizada por tribunais que serán nomeados pola Comisión Académica do Máster en cada convocatoria.
    - Cada tribunal estará formado por tres profesores da USC con docencia no máster. A Comisión Académica tamén nomeará a tres profesores suplentes, coas mesmas características dos titulares e que actuarán no caso de non poder facelo os titulares.
    - Os tribunais estarán presididos polo profesor que designe a Comisión Académica
    - Non poderán formar parte dos tribunais o director do TFM que se está a avaliar por parte dun tribunal.
    - Os tribunais poderán invitar ás deliberacións ao director do TFM ou a expertos na materia que se estea a avaliar, en calidade de asesores, con voz pero sen voto.
    - Se a Comisión Académica o considera oportuno, poderá constituírse un tribunal único para a avaliación dos TFM da mesma convocatoria.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Existe unha Normativa específica para estes Traballos Fin de Máster, aprobada pola Comsión Académica en abril de 2012, onde se poden consultar todos os aspectos relativos ao seu desenvolvemento (http://masterterra.usc.es/drupal/sites/default/files/lib/Normativa%20de%20traballos%20fin%20de%20master_0.pdf).
    Observacións
    Para a presentación e defensa pública do TFM será requisito necesario ter superadas todas as demais materias do máster.

    O estudante terá unha única convocatoria e unha única oportunidade por curso académico.