Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4101102 - Teoría e Metodoloxía (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 25.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Departamento Externo
  • Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar aos alumnos os coñecementos teóricos necesarios para a realización dun proxecto arquitectónico, e máis concretamente, un proxecto de arquitectura da paisaxe.
    Contidos
    1. Introducción
    O campo da arquitectura da paisaxe
    A formación do xardín paisaxístico inglés
    Olmsted e a cultura da paisaxe urbana en América
    A emerxencia e maduración do paisaxismo moderno en América e Europa
    Tendencias, temas e proxectistas actuais na arquitectura da paisaxe
    2. Consideracións disciplinares entre arquitectura e arquitectura da paisaxe ou Concepción da natureza e resposta arquitectónica
    o O ámbito da arquitectura
    o A dinámica morfolóxica do territorio
    o Territorio e disciplina arquitectónica
    3. Idea de proxecto ou Proxecto: razón e modernidade
    o Proxecto e desexo
    o Proxecto e tempo
    o Os tempos do proxecto
    o Racionalidade e cientificidad do proxecto
    4. Estrutura do proxecto arquitectónico ou Elaboración e transmisión
    o Análise e proxecto
    o A organización dos datos
    o Metaproyectación
    o Relación entre fases e escalas do proceso proyectual
    o Operacións racionais e de racionalidade profunda no proxecto
    5. Proxecto e significado
    o A forma como mecanismo privilexiado de produción de significado
    o Morfoloxía e iconoloxía
    o Escala e significado
    o Análise formal e proxecto
    6. Proxecto e percepción ou Fenomenoloxía da paisaxe
    o Os factores perceptivos na composición da paisaxe
    o A psicogeografía situacionista
    7.Principios e conceptos
    o A ecoloxía da Paisaxe na base do ordenamento do territorio. A estrutura, a función e o cambio.
    o O modelo parcela corredor matriz.
    o O plan dos recursos naturais e o ordenamento do territorio. Converxencias e diverxencias da preservación do patrimonio cultural e natural.
    o O caso particular das estruturas ecolóxicas.
    8. O contexto europeo. A conservación europea da paisaxe, a axenda territorial e outros instrumentos internacionais relativos á paisaxe
    o O ordenamento do territorio en Portugal. A práctica e o encadramento legal
    o O plan nacional de ordenamento do territorio. Os plans municipais de ordenamento do territorio.
    9.Estudo de casos
    o O plan rexional de ordenamento do territorio e a estrutura rexional de protección e valoración ambiental.
    o A estrutura ecolóxica metropolitana de Porto e a proposta dunha rede de parques metropolitanos.
    o O plan director municipal de Póvoa de Varzim.
    10. O proxecto de arquitectura e a súa área
    o obxecto de reflexión e traballo.
    o Holismo, natureza e humanidade1. O campo da arquitectura da paisaxe
    Bibliografía básica e complementaria
    CERAMI, Giovanni (1996) Il giardino e la città. Il progetto del parco urbano in Europa, Laterza, Roma
    CULLEN, Gordon (1974) El paisaje urbano. Tratado de estética urbanística, Blume, Barcelona
    DEUNK, Gerritjan (2002) 20th Garden and Landscape Architecture in the Netherlands, Rotterdam, NAi Publishers
    JELLICOE, Geoffrey and Susan (1995) The Landscape of Man, Thames&Hudson, London
    LAURIE, Michael (1983) Introducción a la Arquitectura del Paisaje, Gustavo Gili, Barcelona
    McHARG, Ian L. (2000) Proyectar con la naturaleza, Gustavo Gili, Barcelona
    NEWTON, Norman T. (1971) Design on the Land. The development of Landscape Architecture, Harvard UP, Cambridge- Mass., and London
    ROGERS, Elizabeth B. (2001) Landscape Design. A Cultural and Architectural History, Harry N. Abrams, New York
    SWAFFIELD, Simon, ed. (2002) Theory in Landscape Architecture. A Reader, University of Pennsylvania Press, Philadelphia
    WILSON, Andrew (2006) Paisajistas que han creado escuela. Los diseñadores que configuraron el estilo de los jardines del siglo XX, Blume, Barcelona
    PAISAJES CLÁSICOS
    ACKERMAN, James S. (1990) The Villa. Form and Ideology of Country Houses, Princeton University Press
    ENGE, T. O., SCHROEER, C. F. (1992) Arquitectura de jardines en Europa. 1450-1800, Köln, Taschen
    HUNT, John Dixon (2002) The Picturesque Garden in Europe, Thames & Hudson, London
    MARCECA, Maria Luisa, "Serbatoio, circulazione, residuo. J.C.A. Alphand, il bello tecnologico e la città verde", LOTUS INTERNATIONAL 30 (1981): 56-79
    PONTE, Alessandra, "Paesaggi artificiali. Il caso di Humphry Repton", LOTUS INTERNATIONAL 52 (1986): 52-71
    STEENBERGEN, C.; REH, W. (2003) Architecture and Landscape. The Design Experiment of the Great European Gardens and Landscapes, Birkhäuser, Basel
    WOODBRIDGE, Kenneth, "Iconographic variations. Classical and Gothic themes in the English landscape garden in the 18th century", LOTUS INTERNATIONAL 30 (1981): 11-27


    Webs
    http://www.colmog.co.uk/
    http://www.fernandocaruncho.com/
    http://www.hargreaves.com/news/index.html
    http://www.jlg-london.com/
    http://www.latzundpartner.de/
    http://www.dlp-plc.co.uk/
    http://www.marthaschwartz.com/
    http://www.mienruys.nl/buromienruys/startpagina.htm
    http://www.wirtznv.be/index.htm
    http://www.pwpla.com/office/
    http://www.sasaki.com/
    http://www.west8.nl/



    Competencias
    A1 Ser capaz de realizar estudios de avaliación da paisaxe e planificación de usos do chan a escala rexional e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
    A4 Ser capaz de coñecer os factores sociais e psicolóxicos que interveñen no deseño e a planificación da paisaxe e relacionar o coñecemento das necesidades, valores, percepción ambiental, normas de conduta e de organización, fronte ao deseño e a planificación da paisaxe.
    A6 Ser capaz de aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinaría e paisaxismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, e integrar as infraestruturas na paisaxe, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
    C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
    C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
    C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
    C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
    C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
    C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
    C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
    C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

    Metodoloxía da ensinanza
    Traballos tutelados:Traballo que mostre as competencias adquiridas polo alumno nas metodoloxías complemenarias

    Estudo de casos: Exemplos e aplicacións prácticas dos conceptos explicados na sesión maxistral

    Sesión maxistral: Explicación dos conceptos que permitirán adquirir os coñecementos da materia.
    Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais para introducir os temas teóricos. que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos tutelados e aos exemplos practicos do estudo de casos
    Sistema de evaluación
    Traballos tutelados En aplicación dos coñecementos adquiridos o alumno desenvolverá baixo a tutela do profesorado da asignatura as diversas tarefas encomendadas 100

    Para poder superar a materia será necesario cumprir os
    seguintes requisitos:
    1º Entregar todos os traballos propostos, nos prazos e formas indicados na materia.

    2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.

    A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso comoo resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursadadepende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzorealizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos
    condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma.De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Se aposta por un criterio xeral de avaliación para todas as materias
    no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar a un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
    A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que lle han transmitido e adquirido as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan
    valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno deberá dedicar unhas 50 horas totais de traballo persoal, repartidas entre o estudo dos contidos da materia, e a realización de traballos de prácticas.