P4101103 - Planificación da Paisaxe (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía, Enxeñaría Agroforestal, Botánica
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Análise Xeográfica Rexional, Proxectos de Enxeñaría, Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Entender en que consiste a planificación da paisaxe, a partir dunha abordaxe teórica e aplicada.
- Aprender a empregar o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP) como marco de referencia actual en planificación da paisaxe.
- Deducir de que xeito se introduce a paisaxe na planificación xa existente (territorial e urbanística).
- Coñecer como son os instrumentos básicos de planificación da paisaxe (catálogos, cartas, estudos de impacto e instrumentos análogos) e aprender a desenvolvelos de forma autónoma.
- Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade galega.
- Estudar a importancia dos solos como elementos configuradores da paisaxe.
- Comprender a relación entre paisaxe e bioxeografía.
ContidosBLOQUE I
1. Introdución: que paisaxe para a planificación e que planificación para a paisaxe? O CEP como marco para a planificación da paisaxe. Nocións básicas de planificación.
2. A participación pública en materia de paisaxe. Mecanismos participativos.
3. Os catálogos de paisaxe e instrumentos análogos: revisión de experiencias. Identificación e caracterización de paisaxes en planificación. A cuestión das unidades de paisaxe.
4. As cartas da paisaxe e instrumentos análogos: revisión de experiencias.
5. Introdución da paisaxe en planificación territorial e urbanística.
6. Os estudos de impacto e integración paisaxística.
7. Indicadores de paisaxe en planificación. Confusión entre indicadores ambientais, territoriais e paisaxísticos.
BLOQUE II: APLICACIÓNS ÁS PAISAXES GALEGAS
1. A paisaxe rural en Galicia: orixe e prospectiva
2. Aplicación de ferramentas actuais de planificación da paisaxe en Galicia
3. Particularidades no caso galego da análise de paisaxes orientada á planificación
BLOQUE III: PAISAXES E SOLOS
1. Solos de Galicia
2. Planificación do uso do solo
3. Problemas asociados ao uso do solo
BLOQUE IV: PAISAXES E BIODIVERSIDADE
1. Marco legal
2. Aproximacións ecosistémicas e bioxeográficas á paisaxe
3. Biodiversidade e paisaxe en Galicia
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
Donadieu, P. e Périgord, M. (2005): Clés pour le paysage. Paris: Ophrys.
Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
Nogué, J. e Sala, P. (2006): Prototipus de catàleg de paisatge. Bases conceptuals, metodològiques i procedimentals per elaborar els catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona: Observatori del Paisatge.
Nogué, J.; Puigbert, L. e Bretcha, G. (eds.) (2009): Ordenació i gestió del paisatge a Europa. Olot: Observatori del Paisatge.
Nogué, J.; Puigbert, L.: Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona : Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
Prieur, M. et al. (2006): Landscape and Sustainable Development: Challenges of the European Landscape Convention. Strasbourg: Council of Europe.
Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucia/Fundación Duques de Soria.
COMPLEMENTARIA
Berque, A. (1995): Les raisons du paysage : de la Chine antique aux environnements de synthèse. Paris: Hazan.
Calvo Iglesias, M.S., Fra Paleo, U. e Díaz Varela, R.A. (2009): “Changes in farming system and population as drivers of land cover and landscape dynamics: The case of enclosed and semi-openfield systems in Northern Galicia (Spain)”, Landscape and Urban Planning, 90: 168-177.
Calvo Iglesias, M.S.; Méndez Martínez, G. e Díaz Varela, R.A. (2011): “Los paisajes culturales de agras en Galicia y su dinámica evolutiva”, Ager. Revista de estudios sobre despoblación y desarrollo rural, 10: 7-38.
Díaz-Fierros, F. e López Silvestre, F. (coords.) (2009): Olladas críticas sobre a paisaxe. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Gogeu, Y. e Jenkins, C. (dir.) (1995): La charte paysagère. Outil d’aménagement de l’espace intercommunal. Paris: La Documentation Française.
Gómez Mendoza, J. (dir.) (1999): Los paisajes de Madrid: naturaleza y medio rural. Madrid: Fundación Caja Madrid/Alianza.
Jones, M. (2007): "The European landscape convention and the question of public participation", Landscape Research, 32(5): 613-633.
Llop, C. (coord.) (2009): Paisatges en transformació. Intervenció i gestió paisatgístiques. Barcelona: Diputació de Barcelona.
López Silvestre, F. (2005): El discurso del paisaje. Historia cultural de una idea estética en Galicia (1723-1931). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Luginbühl, Y. (1994): Méthode pour des Atlas de paysages. Identification et qualification. La Défense: Ministère de l’Aménagement du Territoire, de l’Équipement et des Transports.
Madoré, F. (2006): Le commentaire de paysages en géographie humaine. Paris: Armand Colin.
Mata, R. e Sanz Herráiz, C. (dirs.) (2003): Atlas de los paisajes de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente.
Molinero, F.; Tort, J. e Ojeda, J. F. (coords.) (2011): Los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
Nogué, J. (ed.) (2007): La construcción social del paisaje. Madrid: Biblioteca Nueva.
Paül, V. (2012): “Paisaje, participación y desarrollo”, en Lois, R.C. et al. (eds.): Planificación y estrategias territoriales en la sociedad actual. Santiago de Compostela: AGALI. pp. 453-494.
Paül, V.; Tort, J. e Sancho, A. (2011): “El marco conceptual de los paisajes de la agricultura”, en Molinero, F.; Ojeda, J.F. e Tort, J. (eds.): Los paisajes agrarios de España. Caracterización, evolución y tipificación. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. pp. 9-38.
Ramil Rego, P. et al. (2005): “La expresión territorial de la biodiversidad: paisajes y hábitats”, Recursos rurais. Serie Cursos, 2: 109-128.
Ramil Rego, P. et al. (2008): Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Lugo: IBADER.
Robertson, I. e Richards, P. (eds.) (2003): Studying Cultural Landscapes. London: Arnold.
Roger, A. (1997): Court traité du paysage. Paris: Gallimard.
Swanwick, C. (2002): Landscape Character Assessment. Guidance for England and Scotland. Crescent Place / Edinburgh: The Countryside Agency / Scottish Natural Heritage.
Tarroja, À. e Camagni, R. (coords.) (2006): Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona: Diputació de Barcelona.
Competencias- Desenvolvemento dunha comprensión da paisaxe orientada á planificación e ao estabelecido no CEP.
- Xuízo crítico da diversidade de ópticas disciplinares en relación á paisaxe e como estas inflúen na súa planificación.
- Capacidade de planificación da paisaxe, coa inclusión das opinións das persoas involucradas mediante procedementos de participación.
- Aplicación da lexislación vixente en relación á paisaxe.
- Desenvolvemento de tarefas de análise e diagnose da paisaxe.
- Capacidade de escoller e propor medidas específicas de protección, xestión intelixente, conservación, preservación, desenvolvemento sustentábel e ordenación da paisaxe, introducindo unha perspectiva crítica.
- Capacidade de catalogar os valores dunha paisaxe, incluíndo aspectos de tipo intanxíbel e inmaterial.
- Argumentación e crítica de modelos de ordenación e xestión da paisaxe xa existentes.
Metodoloxía da ensinanza As aulas de tipo maxistral combinaranse con aulas interactivas nas que primará o debate, a análise crítica e o desenvolvemento autónomo das opinións de cadaquén, sempre mediante argumentación e razoamento. Abordarase en particular o estudo aplicado de plans de paisaxe xa aprobados mediante unha metodoloxía analítica que se irá desenvolvendo de forma progresiva. Estes plans están dispoñíbeis por Internet e inclúen copiosa cartografía e aparato gráfico e frecuentemente van asociados a páxinas web especializadas en participación en materia de paisaxe, que tamén serán obxecto de análise. Asemade, dunha aula a outra proporase a lectura específica dun texto para poder discutir na seguinte sesión os seus contidos; eses textos poderán estar en inglés ou en francés.
Sistema de evaluaciónA avaliación é de tipo continuo, isto é, ten carácter formativo e inclúe distintos procedementos para a valoración da actividade do/a alumno/a ao longo da materia.
A ponderación do sistema de avaliación é a seguinte:
- 15%: recensión crítica dun texto, a partir das lecturas propostas nas aulas.
- 20%: elaboración dun cartafol, segundo as indicacións que se faciliten.
- 40%: traballo autónomo de análise dun plan de paisaxe, segundo as indicacións que se faciliten.
- 5%: notas de aula correspondentes ao Bloque I, incluída a asistencia.
- 20%: Bloques II a IV, a partir de traballos prácticos.
En convocatoria ordinaria, farase media coa cualificación resultante de todos estes elementos. Aprobarase se a media é superior a 5, agás no caso de que estea suspenso o traballo, que en todo caso cumprirá elaborar de novo para a convocatoria extraordinaria se non se dá superado na ordinaria.
En convocatoria extraordinaria, cumprirá repetir exclusivamente aqueles ítems que non estean superados.
A asistencia é obrigatoria e tense en conta na cualificación, segundo se indica neste apartado.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia supón 30 horas de presenza en aulas preferentemente teóricas e 20 de presenza en aulas preferentemente prácticas.
O traballo persoal asociado á materia, alén das aulas, é de 100 horas. O/a alumno/a deberá ser consciente que ten que dedicar un notábel esforzo ao traballo fóra das aulas: análise do plan, lecturas, etc.
Recomendacións para o estudo da materiaO desenvolvemento das habilidades críticas é clave nesta materia, de xeito que se promoverá un espírito participativo e de discusión nas sesións. Ao mesmo tempo, agárdase unha implicación neste eido por parte do alumnado, que debe ser quen de dar argumentado de forma madura as súas opinións e valoracións.
Os coñecementos de linguas (inglesa e/ou francesa) son imprescindíbeis.