Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4101104 - Deseño da paisaxe I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 7.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 25.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Departamento Externo
  • Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Deseñar a paisaxe quere dicir establecer as trazas, a organización, a materialización de certa idea sobre a configuración material do ámbito físico.
    A palabra deseño presupón a vontade de intervir e transformar. Dar forma. Construír unha idea, un horizonte, un lugar..., onde talvez só existía un baleiro.
    As leccións que conforman a materia, Deseño da paisaxe, formúlanse co obxectivo de proporcionar a base teórica precisa para a aproximación ao exercicio de trazado e proxecto da paisaxe.
    Abordaranse os aspectos metodolóxicos propios da ideación espacial, posto que a paisaxe é a imaxe dun espazo aberto, que se sustentan na aplicación rigorosa da xeometría, no coñecemento preciso do medio no que se vai actuar, na determinación da finalidade da intervención e na interacción entre proxecto e pensamento, entendido este como a simbiose de formulacións científicas, técnicas, filosóficas e artísticas. E todo iso insistindo en evidenciar a lectura da realidade "natural" habitualmente alterada por intervencións tantas veces lamentables e admitidas como normais pola carencia de óptica sensibilizada do público medio e mesmo profesional, xa sexa trazado de viais, xeometrías de plantacións, infraestruturas agresivas co ámbito, os tapices forestais, as augas, os límites e as periferias, as violencias de escalas enfrontadas xa sexan os vultos urbanos e os dubidosos baleiros públicos que xeran.
    Contidos
    1. Paisaxe/espazo exterior.
    Conceptos previos: escala, programa, lugar, intención.
    O proxecto do espazo exterior: o parque e o xardín.

    2. O lugar: análise
    Topografía. Preexistencias. Orientación. Vistas

    3. Estrutura e programa
    Recorridos: camiños, sendas.
    Infraestruturas elementais

    4. Elementos do espazo exterior 1: elementos naturais
    Vexetación. Auga. Fauna

    5. Elementos do espazo exterior 2: elementos artificiais
    Edificación. Mobiliario

    6. Debuxo e representación da paisaxe
    De la Villette a Downsview

    7. O deseño da paisaxe como obxecto de investigación.
    Organización e estrutura dun documento de estudo
    Forma e presentación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bruce Chatwin, “LOS TRAZOS DE LA CANCIÓN”, edit. Anagrama
    Museum of Contemporary Art Sidney, “RAMINGINING: ARTE ABORIGEN AUSTRALIANO DE LA TIERRA DE ARNHEIM, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
    Mel Gooding y Williang Furlong, “SONG OF THE EARTH: European Artist and the Landscape”,edit. Thames & Hudson
    Bruce Chatwin, “EN LA PATAGONIA”, Muchnik editores SA
    LEI DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL DE GALICIA (LOUGA)
    Michael Laurie, “INTRODUCCIÓN A LA ARQUITECTURA DEL PAISAJE”, edit. GG
    José A. López Candeira, “DISEÑO URBANO, teoría y práctica”, edit. munilla-lería
    Leonardo Benevolo, “DISEÑO DE LA CIUDAD” edit. GG
    Abalos, Iñaki; “Campos de Batalla”. COAC Publicaciones, Barcelona 2005.
    Alexander, Christopher; Un lenguaje de patrones; ed. Gustavo Gili, Barcelona 1980
    Alloway, L., Becker, W., Rosenblum, R. y otros: Nature: The End of Art, Gli Ori, Florencia,2004
    Almy, Dean, "Center 14: On Landscape Urbanism", The Center for American Architecture and Design, The University of Texas at Austin, 2007
    Andrews, M. (Ed.): Land, Art: A Cultural Ecology Handbook. Londres, 2006
    Beardsley, J.: Earthworks and Beyond. Contemporary Art in the Landscape. New York, 1998
    Boettger, S.: Earthworks: Art and the Landscape of the Sixties. University of California Press 2002.
    Brown, Brenda, “ Reconstructing the Rurghebiet” Landscape Architecture
    Corner, James, and Alan Balfour. Recovering Landscape : Essays in Contemporary Landscape Architecture. New York, NY: Princeton Architectural Press, 1999.
    Czerniak, Julia and Hargreaves, George, Large Parks. Princeton Architectural Press; 1 edition July 26, 2007
    Czerniak, Julia. CASE--Downsview Park Toronto. Munich ; New York; Cambridge, Mass.: Prestel; Harvard University, Graduate School of Design, 2001.
    Dempsey, A.: Destination Art. Berkeley, California 2006
    Doriac, F.: Le Land Art... et après. L'émergence d'oeuvres géoplastiques. Editions l'Harmattan, Paris, 2005
    Edwards, Brian et alt.; Guía básica de la sostenibilidad; ed. Gustavo Gili, Barcelona 2004
    Flam, J. (Ed.): Robert Smithson: The Collected Writings, Berkeley California 1996
    Garraud, C.: L'idée de nature dans l'art contemporain, Flammarion, Paris 1994
    Geuze, Adrian “Mosaics” West 8. Birkhäuser Basel; 2007
    Glasl, M.: Landart Projekte, Ed.Verlag , Frankfurt 2007
    Grande, J.K.: Balance: Art and Nature, Black Rose Books, New York 1994
    Kastner, J., Wallis, B.: Land and Environmental Art. Boston 1998
    Kerb 15 - Landscape Urbanism. This issue includes contributions from Charles Waldheim, Mohsen Mostafavi, FOA, Karres en Brands, Kongjian Yu, Kyong Park, Kathryn Gustafson, Stephen Read, Kelly Shannon, Richard Weller, Sue Anne Ware, Cesar Torres and Adrian Napoleone, Melbourne, RMIT Press, 2007.
    Lippard, L.R.: Overlay: Contemporary Art and the Art of Prehistory. New York 1983
    Lucie-Smith, E., Grande, J.K.: Art Nature Dialogues: Interviews with Environmental Artists, New York 2004
    Lyndon, D., Alinder, J y otros; The Sea Ranch; Princenton Architectural Press, New York 2004
    Mostafavi, Mohsen, Ciro Najle, and Architectural Association. Landscape Urbanism: A Manual for the Machinic Landscape. London: Architectural Association, 2003.
    Neufert, Ernst; Arte de proyectar en arquitectura; ed. Gustavo Gili, Barcelona
    Vroom, Meto J.; Outdoor sauce; ed. Uitgeverij Thoth, The Netherlands, 2º edición 1995 (1ªed. 1992)
    Ramírez Domínguez, J.A.: Tendencias artísticas desde 1945, Anaya, Madrid 1986.
    Tiberghien, G.A.: Land Art. Ed. Carré 1995
    Waldheim, Charles. The Landscape Urbanism Reader. 1st ed. New York, N.Y.: Princeton Architectural Press, 2006.
    Weilacher, Udo. “Syntax of Landscape: The Landscape Architecture of Peter Latz and Partners” Birkhäuser Basel 2007

    Competencias
    A4 Ser capaz de coñecer os factores sociais e psicolóxicos que interveñen no deseño e a planificación da paisaxe e relacionar o coñecemento das necesidades, valores, percepción ambiental, normas de conduta e de organización, fronte ao deseño e a planificación da paisaxe.
    A6 Ser capaz de aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinaría e paisaxismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, e integrar as infraestruturas na paisaxe, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
    A8 Ser capaz de analizar e interpretar as características fisicoquímicas do terreo para planificar os traballos preliminares necesarios para a implantación do elemento vexetal.
    A20 Ser capaz de comprender ou coñecer os métodos de estudio dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o ámbito natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humano.
    A24 Ser capaz de comprender e coñecer a responsabilidade respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidad e de conservación dos recursos e do medio na paisaxe.
    B1 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinar) relacionados coa Arquitectura da Paisaxe.
    B2 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    B3 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
    B4 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
    C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
    C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
    C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
    C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
    C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
    C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
    C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
    C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

    Metodoloxía da ensinanza
    Estudo de casos: Exemplos e aplicacións prácticas dos conceptos explicados na sesión maxistral.

    Sesión maxistral: Explicación dos conceptos que permitirán adquirir os coñecementos da materia.

    Traballos tutelados: Traballo que mostre as competencias adquiridas polo alumno nas metodoloxías complemenarias

    Aprendizaxe colaboradora: a partir dos conceptos desenvolvidos na sesión maxistral e do estudo de casos, aplicación en casos propostos para desenvolver nas horas de clase presenciais.
    Sistema de evaluación
    Estudo de casos: Análisis de propuestas realizadas 30

    Aprendizaxe colaborativa:Búsqueda de casos y análisis que ejemplifiquen aspectos abordados en la sesión magistral 15

    Sesión maxistral:Exposición de propuestas y casos realizados 15

    Traballos tutelados:Trabajo desarrollado aplicando los conocimientos explicados en las metodologías 40


    Para poder superar a asignatura será necesario cumprir os seguientes requisitos:

    1º Entregar todos os traballos propostos, nos plazos e formas indicados na asignatura.

    2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.

    A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.
    A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
    A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquiriu as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar si el alumno ha adquirido las competencias transversais y prácticas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais /traballo autónomo Horas totais
    Estudo de casos 6 18 24
    Sesión maxistral 6 12 18
    Traballos tutelados 6 18 24
    Aprendizaxe colaborativa 2 4 6

    Atención personalizada 3 0 3