P4101110 - Espazos públicos urbanos (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 25.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO espazo público é unha necesidade social, é a referencia funcional e visual común máis transcendente; os espazos virtuais (redes sociais) e as migracións xeneralizadas de individuos ou grupos obrigan a redefinir o urbano como o necesario lugar físico da realidade, novo e antigo, escenario cotián e presenza histórica e cultural: patrimonio de todos os seus usuarios.
Trataranse, na medida que teñan consecuencias no deseño e a formalización de espazos, todos os aspectos da disciplina urbanística e as súas aplicacións, dende as escalas do detalle ás do territorio: todo o que xere formas que definan espazos. Interesámonos nas operacións de ordenación do territorio e urbanización que ademais de racionalizar usos e movementos na xeografía dan lugar a escenarios que propician o encontro físico e a espazos de representación e simbolización.
Os aspectos sociolóxicos necesarios para o coñecemento dos comportamentos nos espazos de uso colectivo trataranse a través da observación e a análise do construído e buscaremos o coñecemento e a descrición dos novos usos e funcións que dan significado hoxe aos lugares público. Trataranse a participación cidadá e a crítica do construído como actitudes activas dos usuarios necesarias para guiar a implicación e o compromiso do deseñador na conformación do urbano.
Ademais das xentes que teñen a nosa lingua, a nosa cultura, as nosas crenzas, a nosa cor da pel, coas que temos intereses comúns, no espazo publico hai "outros", non coñecidos, distintos, este encontro convértese na experiencia central de publícoo.
A cualificación especifica e especialización funcional que con frecuencia se dá nos espazos públicos facilita a súa análise e a súa descrición: o barrio, os espazos centrais, os do bordo de mar, os vinculados ao equipamento, etc. Serán algúns dos temas que se traten nesta materia.
Contidos1. Introdución ao espazo público.
- A definición do público.
- O espazo do encontro con "o outro".
2. Os espazos públicos da cidade.
- Tramas.
- Referencias formais.
3. A escala intermedia.
- Os espazos da escala do habitar.
- Os espazos comúns próximos.
4. A conformación do espazo público.
- Os equipamentos.
5. O deseño dos espazos urbanos.
- A presenza da auga.
- A franxa costeira.
Bibliografía básica e complementaria SANCHEZ VIDIELLA, Alex (2008). Atlas de arquitectura del paisaje. LOFT publications.Barcelona
ZIMMERMANN, Astrid (2008). Construir el paisaje. Materiales, técnicas y componentes estructurales. Basilea, Birkhäuser
KOOLHAAS, Rem (2008). Espacio Basura (Junk Space). Barcelona, G.G.
NOGUÉ, Joan (editor) (2007). La construcción social del paisaje. Editorial Biblioteca Nueva. Madrid
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
MARTINEZ DE PISON, Eduardo (2009). Miradas sobre el paisaje. Editorial Biblioteca Nueva. Madrid
BARIDON, Michel (1998). “Les jardins. Paysajistes, jardiniers, poètes. Editions Robert Laffont, Paris
“Molinos de mar y estuarios” Asociación Tajamar. Litoral Atlántico, 2005
NOGUÉ, Joan (editor) “La construcción social del paisaje” de la colección Paisaje y Teoría. Editorial Biblioteca Nueva. 2007. Madrid.
SANTOS, Cecilia Rodríguez dos, Margareth Campos da Silva PEREIRA, et alii. Le Corbusier e o Brasil. São Paulo, Tessela / Projeto Editora, 1987.
TRAPERO, Juan Jesús “Los paseos marítimos españoles. Su diseño como espacio público” Madrid, Ediciones Akal, 1998
“El Litoral de Galicia. Rías Altas. De Ribadeo a Fisterra” colección Nuevas Aeroguías, Barcelona, Editorial Planeta, 2002
FERNANDEZ DIAZ-FORMENTI, José María A Ría de Ribadeo. “Natureza entre duas augas”, Asturias, CEDER Oscos-Eo/ Asociación Puente de los Santos, 2008
“Manual de restauración de dunas costeras” Ministerio de Medio Ambiente. Dirección General de Costas. 2007
CompetenciasA4 Ser capaz de coñecer os factores sociais e psicolóxicos que interveñen no deseño e a planificación da paisaxe e relacionar o coñecemento das necesidades, valores, percepción ambiental, normas de conduta e de organización, fronte ao deseño e a planificación da paisaxe.
A6 Ser capaz de aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinaría e paisaxismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, e integrar as infraestruturas na paisaxe, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
A10 Ser capaz de elaborar e/ou colaborar en proxectos integrais de execución de actuacións en xardinaría e paisaxismo, nos ámbitos forestal, urbano e rural de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
A16 Ser capaz de elaborar programas de funcionamento dos distintos espazos na xardinaría e a paisaxe considerando os requisitos dos usuarios, analizando as condicións de localización, aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipamentos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
de autónoma.
- C2.- Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
- C3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- C4.- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
- C5.- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
- C6.- Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- C7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
- C8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Metodoloxía da ensinanza Estudo de casos:
-Exemplos e aplicacións prácticas dos conceptos explicados na sesión maxistral
Sesión maxistral:
-Explicación dos conceptos que permitirán adquirir os coñecementos da materia.
-Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais para introducir os temas teóricos. que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos tutelados e aos exemplos practicos do estudo de casos.
Traballos tutelados:
-Traballo que mostre as competencias adquiridas polo alumno nas metodoloxías complemenarias
Sistema de evaluaciónTraballos tutelados:
- En aplicacion dos coñecementos adquiridos o alumno desarollará baixo a tutela do profesorado da materia a formalizacion dun ámbito relacionado co tema desenvolvido no Traballo fin de Máster 100
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos, nos prazos e formas indicados na materia.
2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquiriu as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalMetodoloxías/probas Horas presenciais Horas non presenciais/traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 10 10 20
Sesión maxistral 6 10 16
Traballos tutelados 6 30 36
Atención personalizada 3 0 3