P4101111 - Integración das Infraestruturas na paisaxe (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 25.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Departamento Externo
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal deste módulo é mostrar ao alumno diferentes tipos de proxectos de infraestruturas (estradas, ferrocarril, portos, paseos marítimos e fluviais, presas, minicentrais, etc.) e o seu impacto na paisaxe e territorios lindantes, así como o modo de minimizar os impactos negativos e potenciar a recuperación destes.
Así mesmo tratarase como parte importante, as actuacións destinadas á recuperación de áreas degradadas (minarías, louseiras, entulleiras) e de infraestruturas históricas (pontes, calzadas, etc.)
Contidos1. Os proxectos de infraestruturas. Xeneralidades. Actuacións de estradas, ferrocarrís, costas...
2. As obras de infraestructuras. Influencia na paisaxe das obras de infraestruturas
3. O estudo de impacto ambiental. Minimización de impactos negativos.
4. Estudo de proxectos de interese: estradas, ferrocarrís, portos, presas, minicentrais, actuacións na costa e marxes fluviais (paseos), etc.
5. Actuacións en materia de enxeñaría da paisaxe nas obras de infraestruturas. Acondicionamento vexetal. Rexeneración de noiros.
6. Protección de costas e ríos. Protección contra a erosión marítima e fluvial.
7. Restauración e recuperación de áreas degradadas. Visión de actuacións destacadas (recuperación de entulleiras de mina, p. ex.).
8. Actuación en infraestruturas históricas (pontes, calzadas, outros)
9. Recheos e paisaxes. influencia na paisaxe das obras de recheo
Bibliografía básica e complementariaESTETICA DEL ENTORNO: OBRA PUBLICA Y PAISAJE (2007-2008) [ autores, Emily Brady [et al.] - [MADRID] CEHOPU, CEDEX, MINISTERIO DE FOMENTO, [2008]
PAISAJE E INGENIERIA : LO NATURAL Y EL ARTIFICIO / Inmaculada Aguilar Civera-- [VALENCIA : UNIVERSITAT DE VALENCIA, 2007]
I JORNADAS SOBRE PAISAJISMO EN CARRETERAS. I JORNADES SOBRE PAISATGISME EN CARRETERES: BARCELONA, 25 Y 26 DE JUNIO DE 2003 - MADRID : ASOCIACION ESPAÑOLA DE LA CARRETERA, 2003
ELEMENTS OF LANDSCAPE / Francisco Asensio Cerver (1995)
EL DISEÑO EN INGENIERIA CIVIL - BARCELONA : CICCP, 1988
ESTETICA E INGENIERIA CIVIL / editor, Santiago Hernández Ibáñez; [E.T.S. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Universidad da Coruña, Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Demarcación de Galicia, Fundación de la ingeniería civil de Galicia]
44
I JORNADAS SOBRE PAISAJISMO EN CARRETERAS: I JORNADES SOBRE PAISATGISME EN CARRETERES: BARCELONA, 25 Y 26 DE JUNIO DE 2003. MADRID: ASOCIACION ESPAÑOLA DE LA CARRETERA, 2003
PAISAJE E INGENIERIA: LO NATURAL Y EL ARTIFICIO / Inmaculada Aguilar Civera-- VALENCIA: UNIVERSITAT DE VALENCIA, 2007
DISEÑO Y FUNCIONALIDAD VISUAL EN LA OBRA PUBLICA / Modest Batlle Girona-- MADRID: COLEGIO DE INGENIEROS DE CAMINOS, CANALES Y PUERTOS, [2005]
TRATAMIENTO ESTETICO, PAISAJISTICO Y FUNCIONAL DE LAS CARRETERAS MEDIANTE PLANTACIONES / Antonio Bello-Morales Merino - MADRID : ASOCIACION ESPAÑOLA PERMANENTE DE LOS CONGRESOS DE CARRETERAS, [1986]
PAISAJE: CONCEPTOS BASICOS / Ignacio Español Echaniz- MADRID: CICCP, 1995
JORNADAS INTERNACIONALES SOBRE PAISAJISMO / Teresa Banet, Carlos Nárdiz-- [SANTIAGO DE COMPOSTELA] : CICCP, 1991
LA CONSTRUCCION DE LOS BORDES DE LAS CARRETERAS EN GALICIA: LA ORDENACION Y EL PROYECTO DE LAS VILLAS CARRETERA EN LA PROVINCIA DE A CORUÑA / Carlos Nárdiz Ortiz-- A CORUÑA : XUNTA DE GALICIA : UNIVERSIDADE DA CORUÑA, 2008
EL IMPACTO AMBIENTAL EN EL PLANEAMIENTO URBANISTICO-- MADRID: FUNDACION CULTURAL COAM, 1996
GUIAS PARA LA ELABORACION DE ESTUDIOS DE IMPACTO AMBIENTAL, Dirección General del Medio Ambiente - MADRID : MOPTMA, 1990
EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL DE PROYECTOS DE CARRETERAS / Rosa Arce Ruiz - [MADRID]: CICCP, 1990
MANUAL DE EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL / Larry W. Canter-- [S.l.]: MCGRAW-HILL, 1998
GUIA METODOLOGICA PARA LA EVALUACION DEL IMPACTO AMBIENTAL / Vicente Conesa Fernández-Vitoria-- [MADRID]: MUNDI-PRENSA, 1997
ECOLOGIA PARA INGENIEROS: EL IMPACTO AMBIENTAL / Santiago Hernández Fernández-- 2ª ed. rev. y ampl.-- MADRID : COLEGIO DE INGENIEROS DE CAMINOS, CANALES Y PUERTOS, 1995
IMPACTO AMBIENTAL DE CARRETERAS: EVALUACION Y RESTAURACION. / Isabel Otero Pastor, Consejería de Medio Ambiente de la Comunidad de Madrid: COMUNIDAD DE MADRID, 1999
ANALISIS BIOESTRUCTURAL DE TALUDES / Luis Fort López -Tello-- [MADRID]: LUIS FORT LOPEZ-TELLO, 2001
GEOTECNIA XXI: TEMAS DE INGENIERIA GEOTECNICA AMBIENTAL / Luis Fort López-Tello-- [MADRID] : [LUIS FORT LOPEZ-TELLO], 2001
CompetenciasA6 Ser capaz de aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinaría e paisaxismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, e integrar as infraestruturas na paisaxe, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
A9 Ser capaz de coñecer os criterios de calidade do material vexetal así como as técnicas de xardinaría e paisaxismo necesarias para a execución de proxectos de espazos verdes nos ámbitos forestal, rural e urbano.
A10 Ser capaz de elaborar e/ou colaborar en proxectos integrais de execución de actuacións en xardinaría e paisaxismo, nos ámbitos forestal, urbano e rural de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Metodoloxía da ensinanza Sesión maxistral: La metodoloxía de ensino-aprendizaxe estará baseada en clases maxistrais dos aspectos teóricos, acompañadas por material audiovisual (ordenador e canón de video) relacionado co tema, e combinadas con exemplos e aplicacións prácticas.
Utilízanse como recursos docentes: a lousa, sistemas audiovisuais, principalmente mediante presentacións en Power-Point con proxector de video e recursos bibliográficos facilitados polo profesor.
Traballos tutelados: Se realizarán distintas actividades que os alumnos deberán traballar individualmente ou en grupo, e onde se observará o nivel de aplicación práctica dos contidos teóricos que adquiriu o alumno.
Sistema de evaluaciónTraballos tutelados:En aplicación dos coñecementos adquiridos o alumno desenvolverá baixo a tutela do profesorado da asignatura as diversas terefas encomendadas 100
Para poder superar a asignatura será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos, nos plazos e formas indicados na asignatura.
2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquiriu as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalMetodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 40 57
Traballos tutelados 5 10 15
Atención personalizada 3 0 3