P4101116 - Deseño gráfico da paisaxe (Materias de Especialización: Deseño Gráfico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 5.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 25.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo desta materia é introducir os alumnos ao ámbito do coñecemento da expresión gráfica. Presentar o debuxo como un medio de expresión, comunicación e apoio da información, capaz de reflectir a realidade e recreala.
Contidos1. Historia da representación da paisaxe urbana
o A paisaxe antiga
o A paisaxe medieval
o A paisaxe moderna
o A paisaxe contemporánea
o Exemplos recentes de paisaxismo
2. A representación da paisaxe
o Sistemas de representación e escala
o Elementos da paisaxe: a imaxe sintética
o La percepción da cidade
o Estudos analíticos: o lugar, a función e a evolución
o A visión serial
o Árbores, paisaxe urbana e arquitectura
3. Sección do viario do espazo público
o Introdución
o Elementos da sección do viario
o Tipos de intervención
4.DAO
o Introdución DAO aplicado ao paisaxismo
Bibliografía básica e complementariaAMIDON, Jane: Paisajes radicales. Reinventar el espacio exterior, Blume.
BAKER, Geoffrey: Análisis de la forma. Urbanismo y arquitectura, GG
BENÉVOLO, Leonardo: El arte y la ciudad, 5 vols., GG
COOPER, Paul: Jardín y paisaje, Blume.
COOPER, Guy y TAYLOR, Gordon: Paradise transformed. The private garden for the twenty-first century, The Monacelli Press.
CCCB: Ciudades del globo al satélite, Electa
CCCB: Visiones urbanas, Electa
CULLEN, Gordon: El paisaje urbano. Tratado de estética urbanística. Blume
FAVOLE, Paolo: La plaza en la arquitectura contemporánea ,GG.
GEHL Jan, GEMZOE Lars: New city spaces, The Danish Architectural Press.
HOLDEN, Robert: Nueva arquitectura del paisaje, GG.
LUQUE VALDIVIA, J. (coord.): Constructores de la ciudad contemporánea, Universidad de Navarra
LAURIE, Michael: Introducción a la arquitectura del paisaje, GG
LYNCH, Kevin: La imagen de la ciudad, GG
MORRIS, A.E.J.: Historia de la forma urbana, GG
MOSTAEDI, Arian: Paisajismo. Nuevo diseño en entornos urbanos,Instituto Monsa de ediciones.
PRINZ, Dieter: Planificación y configuración urbana, GG
WILSON, Andrew: Paisajistas que han creado escuela, Blume.
CompetenciasA11 Ser capaz de intervir nos xardíns e nas paisaxes de valor histórico e redactar e/ou colaborar na execución dos proxectos de restauración e rehabilitación, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
A19 Ser capaz de aplicar, tanto manual como informáticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e o volume, e comprender ou coñecer os sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño.
A20 Ser capaz de comprender ou coñecer os métodos de estudio dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o ámbito natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humano.
A21 Ser capaz de comprender ou coñecer as leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudio fenomenolóxico e analítico das formas artificiais e da natureza.
A23 Ser capaz de comprender e coñecer a xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do deseño e da comprensión dos sistemas de representación espacial.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Metodoloxía da ensinanza Sesión maxistral:
-La metodoloxía de ensino-aprendizaxe estará baseada no modelo de lección maxistral no desenvolvemento dos aspectos máis teóricos dos temas.
- Utilízanse como recursos docentes: a lousa, sistemas audiovisuais, principalmente mediante presentacións en Power-Point con proxector de video, recursos bibliográficos facilitados polo profesor, e os equipos informáticos dos que dispón a Fundación.
- Ademais, facilitarase con anterioridade ás clases copia das presentacións e de material complementario para o mellor seguimento da materia.
Traballos tutelados:
- La metodoloxía de ensino-aprendizaxe estará baseada na aprendizaxe cooperativa na resolución dos diferentes exercicios prácticos que se formularán ao longo da materia.
Sistema de evaluaciónSesión maxistral:
- Asistencia con aprovechamiento 10
Traballos tutelados:
-Desarrollo satisfactorio de los ejercicios prácticos propuestos 90
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos, nos prazos e formas indicados na materia.
2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquiriu as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas
Tempo de estudo e traballo persoalMetodoloxías/probas Horas presenciai Horas non presenciais/traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 5 15
Traballos tutelados 14 42 56
Atención personalizada 4 0 4