P4101115 - Traballo de fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 27.50
- Horas de Titorías: 82.50
- Total: 110.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía, Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Botánica , Bioloxía Celular e Ecoloxía, Departamento Externo
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Análise Xeográfica Rexional, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Botánica, Ecoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs profesores, pertencentes ás diversas disciplinas que abrangue o proxecto, formularán a problemática a resolver polos alumnos nun ámbito xeográfico determinado.
Os alumnos, pola súa banda, deberán realizar unha reflexión teórica e práctica tomando como base os coñecementos adquiridos ao longo do curso, e aplicalos no desenvolvemento dunha proposta de intervención, para o desenvolvemento dun proxecto de execución integral do ámbito analizado.
O traballo dos alumnos será seguido polos profesores en cada clase presencial, e ademais os alumnos terán asistencia telemática continua para as posibles dúbidas puntuais que se lle presenten no seu traballo persoal.
Para a avaliación da presentación e defensa do traballo realizado no Taller desta materia, os profesores pertencentes ás diversas disciplinas constituirán un tribunal do que poderá formar parte un profesor invitado doutra universidade española ou estranxeira e/ou un profesional de recoñecido prestixio no ámbito da Arquitectura da Paisaxe.
O obxectivo será a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso e a experimentación das formas de representación da paisaxe mediante o estudo dun caso real.
Contidos1. Presentación do Proxecto: Definicin do area de estudo
Necesidades programaticas
Condicionantes
2. ANALISIS ÁMBITO - usos do solo, vexetación, clima, infraestructuras,……
- presenza de elementos singulares. Conexións
- Procesos en curso
- Rede de posibles espazos verdes próximos. Conexión
- Trama urbana e rural
- Vexetación potencial
- Vistas da zona de actuación dende o exterior
- Historia, etnografía,
3. ANALISIS do AREA DE ACTUACION - estado actual, vexetación, construcións, usos,
- procesos
- elementos singulares, fitos
- conexións e accesos
- concas visuais
- límites
- Medio perceptual (cores, texturas, olores, sonidos.........)
4. DIAGNOSTICO - unidades ambientais ou de paisaxe
- valores e afeccións da paisaxe
- fotalezas e debilidades
- fitos e fluxos
- valores de futuro e necesidades
5.REFERENCIAS -referencias
-Sistemas de lanzamento do proxecto
-Metodoloxía
6. APROXIMACIÓN Ó PROXECTO -Definición de ESTRATEXIAS e lineas mestras
-Planos e seccións diagramáticos. Esbozo
-Aproximación á definición formal / de uso / -xestión ao longo do tempo
7. PROPOSTA PRELIMINAR. ANTEPROXECTO Plasmación fisica das estratexias e lineas directoras establecidas polo alumno.
Abordar a proposta dende o sentido do lugar e a unidade da proposta, non dende a resolución inmediata das necesidades.
Relación co ámbito (escala, cor, texturas.....)
Cualificación do ámbito próximo (espazo que xera, simboloxía, ritmo...)
Relación co ámbito próximo (ocos, vistas, como se accede...)
Lectura afastada da intervención (integración, continuidade, adaptación...)
8. DEFINICIÓN DO PROXECTO. PROXECTO DE EXECUCIÓN Redacción dun proxecto de Execución dun ámbito reducido do Masterplan que polo menos constará de:
- Memoria.
- Documentación Gráfica.
- Normativa de obrigado cumprimento.
- Prego de Condicións.
- Medicións e Presuposto.
- Estudo de Seguridade e Saúde.
Bibliografía básica e complementariaIan l. Mcharg (1992). Design with Nature. John Wiley & Sons, Inc. New York
Denis Cosgrove [ed] (1999). Mappings. Reaktion Books, London
Stan Allen (2009). Practice: Architecture technique + Representation, From object to field. Routledge. New York
James Corner [ed] (1999). Recovering Landscape, Essays in Contemporary Landscape Architecture. Princeton Architectural Press, New York
Peter Sloterdijk (2006). Esferas III. Siruela . Madrid
Julia Czerniak (2007). Large Parks. Princeton Architectural Press, New York
Reyner Banham (2009). Los Angeles: The Architecture of Four Ecologies. University of California Press
Iñaki Abalos[ed] (2009). Naturaleza y artificio el ideal pintoresco la arquitectura y el paisajismo contemporáneos. Gustavo Gili, Barcelona
Robert Smithson (1996). Robert Smithson the collected writings. University of California Press berkeley and los Angeles, California
Denis E. Cosgrove (1998). Social Formation and Symbolic Landscape. University of Wisconsin Press
Gregory Bateson (2000). Steps to an Ecology of Mind. University Of Chicago Press, Chicago
Kelly Shannon, Marcel Smets (2010). The Landscape of Contemporary Infrastructure. NAi Publishers
Charles Waldheim.[ed] (2006). The Landscape Urbanism Reader. Princeton Architectural Press, New York
Competencias A1 Ser capaz de realizar estudios de avaliación da paisaxe e planificación de usos do solo a escala rexional e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A2 Ser capaz de coñecer o vocabulario de deseño paisaxístico a través do estudio e a evolución dos xardíns e a paisaxe ao longo da historia.
A3 Ser capaz de comprender e coñecer as tradicións paisaxísticas da cultura occidental e non occidental, así como aquelas de carácter nacional, local e vernáculo, analizando as súas diferenzas e fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A4 Ser capaz de coñecer os factores sociais e psicolóxicos que interveñen no deseño e a planificación da paisaxe e relacionar o coñecemento das necesidades, valores, percepción ambiental, normas de conduta e de organización, fronte ao deseño e a planificación da paisaxe.
A5 Ser capaz de aplicar os métodos de estudio adecuados para coñecer as necesidades e demandas sociais e dos compoñentes da calidade de vida en espazos verdes.
A6 Ser capaz de aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño en xardinaría e paisaxismo, en todos os ámbitos, forestal, rural e urbano, e integrar as infraestruturas na paisaxe, definindo as súas características formais e funcionais así como os de instalacións e obra civil e complementaria asociada a eles.
A7 Ser capaz de coñecer, seleccionar e utilizar a vexetación en consonancia co lugar, carácter e enfoque do proxecto e en función da escala (rexional, local ou particular).
A8 Ser capaz de analizar e interpretar as características fisicoquímicas do terreo para planificar os traballos preliminares necesarios para a implantación do elemento vexetal.
A9 Ser capaz de coñecer os criterios de calidade do material vexetal así como as técnicas de xardinaría e paisaxismo necesarias para a execución de proxectos de espazos verdes nos ámbitos forestal, rural e urbano.
A10 Ser capaz de elaborar e/ou colaborar en proxectos integrais de execución de actuacións en xardinaría e paisaxismo, nos ámbitos forestal, urbano e rural de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
A11 Ser capaz de intervir nos xardíns e nas paisaxes de valor histórico e redactar e/ou colaborar na execución dos proxectos de restauración e rehabilitación, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
A12 Ser capaz de realizar tarefas de catalogación e definición das medidas de protección de xardíns e paisaxes de valor histórico.
A13 Ser capaz de redactar plans de delimitación e conservación, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.
A14 Ser capaz de analizar, controlar a calidade e definir condicións de mantemento nos traballos de xardinaría e paisaxismo.
A15 Ser capaz de asesorar na elaboración de proxectos de protección, ordenación e xestión da paisaxe e participar na formación de equipos pluridisciplinares.
A16 Ser capaz de elaborar programas de funcionamento dos distintos espazos na xardinaría e a paisaxe considerando os requisitos dos usuarios, analizando as condicións de localización, aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipamentos.
A17 Ser capaz de elaborar medicións e presupostos e dar fé dos custos en proxectos de xardinaría e paisaxe.
A18 Ser capaz de aplicar a normativa vixente relacionada coa xardinaría e a paisaxe.
A19 Ser capaz de aplicar, tanto manual como informáticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e o volume, e comprender ou coñecer os sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño.
A20 Ser capaz de comprender ou coñecer os métodos de estudio dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o ámbito natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humano.
A21 Ser capaz de comprender ou coñecer as leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudio fenomenolóxico e analítico das formas artificiais e da natureza.
A22 Ser capaz de comprender ou coñecer as técnicas de medición e levantamento gráfico de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases e as bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudios e proxectos de carácter territorial e paisaxístico.
A23 Ser capaz de comprender e coñecer a xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do deseño e da comprensión dos sistemas de representación espacial.
A24 Ser capaz de comprender e coñecer a responsabilidade respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidad e de conservación dos recursos e do medio na paisaxe.
A25 Ser capaz de comprender e coñecer as bases da edafoloxía, climatoloxía, botánica e ecoloxía precisas para abordar os estudios territoriais e paisaxísticos.
A26 Ser capaz de comprender e coñecer as características físicas, os procedementos de fabricación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe na obra estrutural.
B1 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinar) relacionados coa Arquitectura da Paisaxe.
B2 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B3 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B4 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Metodoloxía da ensinanza Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais para introducir os temas teóricos que permitirán ó alumno enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
Obradoiro: Los profesores, pertencentes ás diversas disciplinas que abrangue o proxecto, formularán a problemática a resolver polos alumnos.
Os alumnos, pola súa banda, deberán realizar unha reflexión teórica e práctica dos coñecementos adquiridos ao longo do primeiro cuadrimestre, e aplicalos no desenvolvemento da proposta.
O traballo dos alumnos será seguido polos profesores en cada clase presencial, e ademais os alumnos terán asistencia telemática continua para as posibles dúbidas puntuais que se lles presenten no seu traballo persoal.
Portafolios do alumno: Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, fisico ou virtual. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculuim persoal do alumno.
O portafolios do alumno estará composto polo menos por:
_ Análise e diagnóstico
_Masterplan.
_Anteproxecto.
_Proxecto de Execución.
Sistema de evaluaciónObradoiro: Se valorará a participación activa e aproveitamento das actividades propias do taller que supón a combinacion de diversas metodologias:
Exposicion, debates, traballos tutelados, aprendizaxe colaboradora, etc 50
Portafolios do alumno: El resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible virtual ou fisicamente.
Os alumnos darán forma aos traballos realizados de Proxecto de Execución que incluirá como minimo:
-Memoria.
- Documentación Gráfica.
- Normativa de obrigado cumprimento.
- Prego de Condicións.
- Medicións e Presuposto.
- Estudo de Seguridade e Saúde.
Os alumnos farán unha exposición pública e defensa do seu Proxecto de Execución ante un tribunal. Traballo, que os profesores analizarán e valorarán conxuntamente coa exposición realizada. 50
Para poder superar a asignatura será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos, nos plazos e formas indicados na asignatura.
2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesma. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster se formula como norma xeral a avaliación continua polos profesores.
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias no que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, déixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.
A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquiriu as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar si o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalMetodoloxías/probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 5 10 15
Obradoiro 37 80 117
Portafolios do alumno 4 10 14
Atención personalizada 4 0 4
Observacións