G4071104 - Estatística (Matemáticas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
- Áreas: Estatística e Investigación Operativa
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral é dar a coñecer os principais modelos de distribución de probabilidade, as técnicas clásicas de inferencia estatística e as súas aplicacións.
ContidosTema 1. ANÁLISE EXPLORATORIA DE DATOS
Variables unidimensionais. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición, de dispersión e de forma.
Variables bidimensionais. Coeficientes de correlación e determinación. Axustes de funcións polo método de mínimos cadrados.
Tema 2. CÁLCULO DE PROBABILIDADES E VARIABLES ALEATORIAS
Definicións de probabilidade. Cálculo de probabilidades. Independencia.
Variables aleatorias discretas e continuas. Función de masa de probabilidade. Función de densidade.
Características poboacionais de posición e de dispersión.
Modelos de distribución de uso común. Distribución binomial. Distribución normal.
Tema 3. ESTIMACIÓN POR INTERVALOS DE CONFIANZA E CONTRASTE DE HIPÓTESES
Estimadores puntuais. Erros típicos de medias e proporcións. Estatísticos e distribucións de referencia. Distribucións relacionadas coa normal: chi-cuadrado de Pearson, t de Student, F de Fisher-Snedecor. Intervalos de confianza baseados nunha e dúas mostras. Determinación do tamaño dunha mostra.
Metodoloxía e conceptos básicos de contraste de hipóteses. Tests de hipóteses sobre medias, proporcións e varianzas. Contrastes de bondade de axustamento.
Tema 4. TÉCNICAS ESTATÍSTICAS E DETERMINISTICAS DE OPTIMIZACIÓN
Comparación de máis de dúas medias: a análise da varianza. Determinación dos niveis óptimos dun proceso productivo. Técnicas de control estatístico para a optimización de procesos productivos. Introducción á programación linear. O método simplex.
Programa de prácticas
Laboratorio. ESTATÍSTICA CON EXCEL E R-COMMANDER
Sesión 1. Utilización de fórmulas e funcións de Excel. Gráficos de estatística descritiva.
Sesión 2. Análise estatística descritiva e variables aleatorias. Elaboración dun libro Excel para a análise estatística de datos.
Sesión 3. Inferencia estatística I.
Sesión 4. Inferencia estatística II.
Sesión 5. Optimización.
Sesión 6. Introducción a R-commander.
Bibliografía básica e complementaria- Arriaza Gómez, A.J. e outros (2008). Estadística básica con R y R-commander. Universidad de Cádiz.
- Asín, J. e outros (2009). Probabilidad y Estadística en Ingeniería: ejercicios resueltos. Prensas Universitarias de Zaragoza.
- Cao, R. e outros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ed. Pirámide.
- Carot Alonso, V. (1998). Control estadístico de la calidad. Univ. Politécnica de Valencia.
- Daniel, W (2004). Bioestadística. Ed. Limusa.
- Delgado de la Torre, R. (2008). Probabilidad y Estadística para Ciencias e Ingenierías.
Delta Publicaciones.
- Devore, J. L. (2003). Probabilidad y estadística para ingeniería y ciencias. Thomson.
- Di Rienzo, J. A. e outros (2009). Estadística para las ciencias agropecuarias. Editorial Brujas.
- García Pérez, A. (2010). Estadística básica con R. U.N.E.D.
- Hines, W. W. y Montgomery, D. C. (1997). Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Administración. CECSA.
- Mendenhall, W. y Sincich, T. (1997). Probabilidad y Estadística para ingeniería y ciencias. Prentice-Hall.
- Montgomery, D. C. y Runger, G.C. (2010). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. Limusa Wiley.
- Moore, D. S. (2005). Estadística aplicada básica. Antoni Bosch, D.L.
- Navidi, W. (2006). Estadística para Ingenieros y Científicos. McGraw-Hill.
- Novo Sanjurjo, V. (2003). Problemas de cálculo de probabilidades y estadística. Sanz y Torres, D.L.
- Parra Frutos, I. (2003). Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC.
- Peña Sánchez de Rivera, D. (2001). Fundamentos de Estadística. Alianza Editorial.
- Peña Sánchez de Rivera, D. (2002). Regresión y diseño de experimentos. Alianza Ed.
- Samuels, M. L. e outros (2012). Fundamentos de Estadística para las Ciencias de la Vida. Pearson.
CompetenciasAdquirir a capacidade para:
-Organizar, resumir e representar datos.
-Formular problemas en termos de modelos estatísticos.
-Realizar os cálculos que requiran os métodos propostos.
-Empregar a folla de cálculo Excel na obtención de resultados.
-Interpretar os resultados das análises estatísticas.
E en particular, a capacidade para:
-Utilizar os métodos estatísticos de presentación e resumen da información.
-Analizar mostras tomando como referencia os modelos estatísticos para problemas de inferencia estatística relativos a medias, proporcións e varianzas.
-Coñecer algunhas técnicas de análise de datos asociadas á optimización e mellora de procesos productivos.
Metodoloxía da ensinanza Ao longo do curso recorrerase a dous tipos de clases.
1. Clases expositivas. Abordarán a metodoloxía estatística. As exposicións faranse mediante presentacións co ordenador que se complementarán coas explicacións necesarias, e coa resolución de problemas, facendo uso do encerado cando sexa conveniente.
As transparencias das presentacións de cada tema estarán a disposición dos estudiantes antes de comezar o tema.
2. Clases interactivas. Son os seminarios e as clases de prácticas.
- Clases de prácticas. Centraranse na aprendizaxe da folla de cálculo Excel e do programa R-commander como ferramentas para levar a cabo análises estatísticas.
- Seminarios. Estarán dedicados á resolución de problemas e casos prácticos.
As clases de prácticas terán lugar nas aulas de informática do centro. Nestas clases empregaranse uns guións que estarán a disposición dos estudiantes antes de cada sesión.
Ademáis, haberá dúas horas de titorías en grupo reducido para valorar o seguimento do curso por parte dos alumnos e orientalos para mellorar os seus resultados académicos.
Estará dispoñible na USC virtual (campus virtual da USC), todo o material de apoio para as clases presenciais (transparencias, boletíns de problemas, material das clases interactivas, etc.) e toda a información relevante relativa ao desenvolvemento da materia. Se poderán consultar dúbidas e aproveitar todos os recursos que se ofertan dende o Campus virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA avaliación farase en base ós dous apartados seguintes.
1. Un exame de metodoloxía estatística, cunha valoración de 6 puntos. Este exame abordará cuestións sobre métodos estatísticos, e a resolución razoada de problemas.
Hai dúas convocatorias, unha en xaneiro e outra en xullo, que se celebrarán nas datas oficiais fixadas polo centro.
2. A avaliación da parte interactiva cunha valoración de 4 puntos.
Hai dúas convocatorias, unha en xaneiro, e outra en xullo.
Valoráranse as actividades de seguimento continuo da materia e os coñecementos adquiridos nas prácticas. O exame desta parte consistirá na resolución de problemas relacionados cos contidos da materia empregando os programas explicados no curso. Terá lugar nas aulas de informática do centro.
A nota da avaliación da parte interactiva de xaneiro consérvase para a convocatoria de xullo, agás para aqueles estudiantes que realicen o exame de prácticas de xullo.
Tamén se poderá valorar a asistencia e a participación activa nas clases.
Tempo de estudo e traballo persoalCréditos no plano de estudios: 4,5
Carga de traballo estimada: 113 h.
Presencial: 38 h., repartidas en: expositiva: 18 h., interactiva: 18 h. (seminarios: 6 h; prácticas na aula de informática: 12 h.), titorías: 2 h. e actividades de avaliación: 4h.
Non presencial (estimadas): 71 h. (estudo e preparación das actividades propostas ós estudiantes)