Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171101 - Aproveitamentos de biomasa forestal ( Industrias e Enerxías Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO.SI
MASEDA EIMIL, FRANCISCO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Capacitar o alumno para coñecer a orixe da biomasa forestal.
    Capacitar o alumno para coñecer os equipos empregados na obtención da biomasa forestal e para organizar o traballo coordinado de todos eles.
    Capacitar o alumno para manexar os diversos conceptos que se utilizan na conversión energética da biomasa.
    Capacitar o alumno para o cálculo dunha instalación de aproveitamento e conversión da biomasa forestal.
    Busca autónoma e manexo de materiais, informáticos, normativos e comerciais de utilidade na xestión da biomasa e nos proxectos de instalacións de su conversión.
    Sensibilizar ao alumno na importancia do aproveitamento da biomasa
    Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

    Contidos
    Materia prima da biomasa forestal.
    Utilización da biomasa forestal como fonte de enerxía.
    Aproveitamento dos residuos silvícolas.
    Procesos de transformación da biomasa.
    Tecnoloxías de conversión térmica.
    Biocombustibles sólidos.
    Biocombustibles líquidos.
    Produción eléctrica e coxeración.

    Bibliografía básica e complementaria
    Sebastian, F.; García Galindo, D. ; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensa Universitarias de Zaragoza
    Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata.
    U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
    Velázquez Martí, Borja. Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético: Valencia : Editorial UPV, 2006

    Competencias
    Competencias xerais
    Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de
    primeira e sucesivas transformacións (CG3).
    Capacidade para ou desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables(CG5)

    Competencias transversais
    Capacidade de análises e síntese.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
    Utilización da información bibliográfica e da internet.
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos

    Competencias específicas

    Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables (CE1)
    Coñecementos axeitados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións (CE3)
    de industrias e produtos forestais.
    Enerxías renovables no medio Forestal e Natural (CE4)

    Metodoloxía da ensinanza
    O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes clasifícanse como segue:
    1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa. O obxectivo destas clases é proporcionar ó alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudio da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia
    2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema. Preténdese que interaccione profesor e os estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios de forma autónoma.
    3. Titorías en grupos reducidos: sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
    4. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituída por cuestións e exercicios dun conxunto de temas. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas.

    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de dun exame final (durante o curso se realizará um exames parciais liberatorios) e varios traballos de forma individual e/ou en grupos muy reducidos, que terán o seguinte peso na cualificación final:

    DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
    Exames: 60%
    Traballos: 40%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS
    Clases expositivas: 12.0
    Clases interactivas: 12.0
    Titorías grupo: 1.5
    Subtotal: 25.5
    Exame e revisión: 2.0
    Total : 27.5

    HORAS TRABALLO ALUMNO:
    Clases expositivas: 24.0
    Clases interactivas: 5.0
    Prácticas: 5.0
    Traballos: 3.5
    Subtotal: 35.5
    Exame e revisión: 10.0
    Total : 45.5
    HORAS TOTAIS: 75.0

    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deberían ter cursado e superado a materias de Matemáticas e Física do primeiro curso e a Tecnoloxía da Madeira