Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171102 - Construción de infraestruturas forestais ( Industrias e Enerxías Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 34.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL.SI
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia está orientada a proporcionar ao alumno a formación precisa para diseñar, calcular, planificar e dirixir as infraestruturas e construcións mais habituais no ámbito da súa competencia. Isto abrangue o estudo dos elementos construtivos na edificación forestal, e a adquisición de coñecementos que permitan o dimensionado e o cálculo de estruturas de aceiro e de madeira na edificación forestal.
    Contidos
    • Edificacións forestais: tipoloxías estruturais e materiais utilizados. Diseño.
    • Cálculo de estruturas metálicas e de madeira co código técnico da edificación. Bases de cálculo. Estados límite último e estados límite de servicio.
    • Cálculo de unións e aparellos de apoio.
    • Dimensionamento con programas informáticos.

    Programa de teoría

    - Unidade I: Estrutura metálica

    Tema 1: Bases de cálculo
    Introdución. Normativa. Produtos de aceiro para estruturas. Tipos de aceiro e clasificación de seccións.
    Tema 2: Vigas. Flexión
    Tipos de vigas metálicas. Estados límites últimos. Estados límites de servizo.
    Tema 3: Soportes. Compresión e pandeo
    Compresión simple. Flexocompresión. Lonxitude de pandeo. Soportes: pezas simples e compostas.
    Tema 4: Bases e unións.
    Bases para soportes articulados. Bases para soportes empotrados. Soportes a tracción. Arriostramentos.



    - Unidade II: Estrutura de madeira

    Tema 1: Bases de cálculo
    Introdución. Normativa. Materiais. Clasificación visual da Madeira Estrutural. Clases resistentes.
    Tema 2: Estados Límites Últimos e de Servicio.
    Comprobación de seccións en dirección paralela e perpendicular. Análise de Pandeo. Análise de inestabilidade por volteo lateral. Determinación de flechas.
    Tema 3: Comprobacións Singulares
    Análise de Vigas a duas augas. Arcos e pasarelas.
    Tema 4: Comprobación a Lume
    Dimensionamento a lume
    Tema 5: Introdución ao Cálculo de Unións
    Tipoloxias e execución de unións en estruturas de madeira

    Programa de actividades interactivas

    - Unidade I: Estrutura metálica

    • Laboratorio 1 (3 horas): Combinación de accións e cálculo de esforzos para pórtico tipo de estrutura metálica con programa informático para o seu posterior dimensionamento.
    • Laboratorio 2 (3 horas): Análise das posibles solucións para o dintel do pórtico anterior e cálculo en estrutura metálica.
    • Laboratorio 3 (3 horas): Análise das posibles solucións para os piares do pórtico anterior e cálculo en estrutura metálica.
    • Laboratorio 4 (3 horas): Análise das posibles solucións para a cimentación do pórtico anterior e cálculo de basas de ancoraxe.
    • Laboratorio 4 (4 horas): Integración do pórtico calculado en nave tipo. Particularidades para o cálculo de correas, arriostramentos, cortaventos...
    • Titoría 1: Estrutura metálica

    - Unidade II: Estruturas de madeira
    • Laboratorio 1 (4 horas): Caracterización mecánica da madeira
    • Laboratorio 2 (4 horas): Introdución ao programa Estrumad
    • Laboratorio 3 (4 horas): Resolución práctica de forxado de madeira.
    • Laboratorio 4 (4 horas): Resolución práctica de Cercha Española
    • Titoría 2: Análise de Estrutura de Madeira

    Bibliografía básica e complementaria
    Unidade I. Estrutura metálica

    a) Bibliografía básica:
    .
     VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: acero Ministerio de Vivienda. Madrid.

    Normativa pola que se rixe actualmente o cálculo de estruturas de aceiro. De obrigado cumprimento, considérase que todo o alumnado ten que coñecela tanto nos seus contidos coma na súa interpretación e aplicación

     ARGÜELLES ALVAREZ, R.; ARGÜELLES BUSTILLO, R.; ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ATIENZA REALES 2005. Estructuras de acero. Cálculo. Ed. Bellisco. Madrid.

    Trátase dun libro moi completo que toca en profundidade practicamente todo os temas de construción metálica.

     ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ARGÜELLES ÁLVAREZ, R. 2003. Estructuras de madera. Diseño y cálculo. AITIM. Madrid.

    Trátase dun libro base para a formación en estruturas de madeira. Aborda de maneira global os aspectos bases para a realización de proxectos de madeira.

     Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.

     Eurocódigo 5. 2006. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto en situación de incendio. AENOR. Madrid.


    b) Bibliografía complementaria:

     ARGÜELLES ALVAREZ, R. 2010. La estructura metálica hoy. Bellisco. Madrid.

     MONFORT LLEONART, J. 2006. Estructuras metálicas para la edificación U.P.V. Valencia.

     MONFORT LLEONART, J. Y otros 2008. Problemas de estructuras metálicas metálicas adaptadas al Código Técnico. U.P.V. Valencia.

     DUPRAZ, P.A.; MOOSER, M.; PFLUG, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.

     FERNÁNDEZ-GOLFÍN SECO, J.I.; DÍEZ BARRA, M.R.; HERMOSO PRIETO, E.; MIER PÉREZ, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.

     HERZOG, T.; NATTERER, J.; SCHWEITZER, R.; VOLZ, M: WINTER, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.










    Competencias

    A) Xerais
    De acordo co apartado 3 do Anexo da Orden CIN/326/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, os titulados deste Máster deberán adquirir determinadas competencias xerais, de entre as que proporciona a materia de Construción de Infraestruturas Forestais son as seguintes:

    • Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planes de actuación integrais no medio natural.
    • Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.

    B) Específicas

    De acordo co apartado 5 do Anexo da Orden CIN/326/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Montes, os titulados deste Máster deberán adquirir as seguintes competencias específicas, entre as que destacamos, como parte fundamental da materia de Construción de Infraestruturas Forestais as seguintes:

    • Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento das enerxías renovables.
    • Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias da celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira.
    • Coñecementos adecuados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e produtos forestais.
    • En todo caso, cabe destacar o papel da materia no proceso de xeración do proxecto de enxeñaría, e a necesidade de considerala como un dos piares deste. Neste senso compre considerar as infraestruturas e edificacións como o soporte físico da actividade industrial ou forestal que as demanda, de modo que o análise estrutural permite un millor coñecemento da realidade constructiva.

    Metodoloxía da ensinanza
    A CLASE TEÓRICA

    Nas clases teóricas emplearase o método expositivo, de maneira que o alumno/a reciba una base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan dunhos coñecementos mínimos.
    En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o argumento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
    A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introducción ao aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que cumpre lograr por outros medios.

    OS SEMINARIOS E AS PRÁCTICAS. TRABALLO EN GRUPO

    Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo.
    Contemplarase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos na resolución de estruturas reais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construcción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
    Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo. Tanto os seminarios, como as clases de problemas e las clases prácticas baséanse na aplicación do método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dudar e cuestionarse..


    O TRABALLO PERSOAL

    Trátase de orientar o esforzo persoal cara un modelo no que será o propio alumnado quen descubra relacións entre feitos, construíndo interpretacións idóneas destes. Neste senso contémplase a posibilidade do encargo e realización de traballos tanto en teoría como en prácticas, que serán evaluados.
    Asimesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos na materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.

    TITORÍAS

    A maiores de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou da formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de alcanzar unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, aínda que estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan abrangue o conxunto do alumnado.
    Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio á titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.

    Sistema de evaluación

    • Exame de contidos teórico-práctico (mínimo un 70% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7).
    • Traballos de curso (ata 30% da cualificación final).

    - Cualificación final

    Obterase como suma das cualificacións acadadas para cada concepto, debendo conseguir un mínimo de 5 puntos para superala materia.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por termo medio, considerase necesario dedicar dúas horas de estudo por cada hora expositiva na materia, ás que se lle engade unha media de tres horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases prácticas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Consellos para o estudo da materia

    Asistencia a clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, é recomendable a lectura ou preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.

    Material de traballo para o alumnado

    Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma da USC onde ten á súa disposición material de diverso: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, boletíns de problemas...