Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4171103 - Deseño de industrias forestais ( Industrias e Enerxías Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ ROCHA, JESUS.NON
Vila Lameiro, Pablo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Identificar as dificultades e puntos críticos no deseño de industrias forestais
    - Coñecer as ferramentas necesarias para lograr un deseño efectivo de industrias forestais
    - Integrar os conceptos de calidade e seguridade e hixiene no deseño de industrias forestais
    - Plasmar nun anteproxecto un modelo actualizado de industria forestal de primeira transformación

    Contidos
    1. INDUSTRIA FORESTAL
    - Panorama xeral do sector
    - Clasificación das industrias forestais
    - Caracterización das principais industrias
    - Actividades do graduado e do máster na actividade industrial forestal

    2. PLANIFICACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL
    - Planificación xeral dunha industria forestal
    - Elección do emprazamento
    - Superficies e edificacións segundo o tamaño e dispoñibilidade de equipos
    - Definición da man de obra mínima necesaria
    - Planificación das operacións a realizar nos diferentes tipos de industrias
    - Stock de materia prima e de produto elaborado

    3. DESEÑO: CONCEPTO E CONCEPTUALIZACIÓN
    - Concepto xeral de deseño
    - Deseño xeral dunha industria forestal
    - Definición do concepto de capacidade de traballo
    - Análise económica da industria
    - Control de calidade da industria forestal
    - Seguridade na industria forestal

    4. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): INDUSTRIA DE SERRADO
    - Conceptos previos no deseño dun serradoiro
    - Descrición dos modelos base de serradoiros
    - Distribución da maquinaria, equipos e personal nun serradoiro
    - Estudio económico dunha industria de serrado

    5. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): CALIDADE, SEGURIDADE E HIXIENE
    - Concepto de calidade
    - Concepto de seguridade e hixiene
    - A contextualización da calidade e a seguridade e a hixiene na industria forestal
    - Distribución en planta de conceptos

    Bibliografía básica e complementaria
    1. TECNOLOGÍA DE LA MADERA. Santiago Vignote. MAPA
    2. LA MADERA Y SU TECNOLOGÍA. Luis García Esteban. AITIM
    3. LA MADERA EN LA CONSTRUCCIÓN. AITIM
    4. LA INDUSTRIA MADERERA – Brown-Bethel –Ed. Limusa, 1965.
    5. ELIMINACIÓN DE PROBLEMAS EN ASERRADEROS CON SIERRAS CIRCULARES – Pacific/Hoe – Portland, Oregon (USA)
    6. ACABADOS DE LA MADERA. S. W. Gibbía. CEAC.
    7. TECHNICAL CRITERIA FOR THE SELECTION OF WOODWORKING MACHINES – United Nations Industrial Development Organization – Viena, 1991.
    8. Manual de construcción de viviendas en madera, Centro de transferencia tecnológica,
    Corporación chilena de la madera CORMA, Chile
    9. Tectónica: monografías de arquitectura, tecnología y construcción, varios números, ATC
    Ediciones, Madrid, 1996 a 2002
    10. Bibliografía electrónica:
    www.aginco.fr
    www.auxitesa.com
    www.awc.org
    www.finnforest.com
    www.gescoinsa.com
    www.halfen.com
    www.holtza.es
    www.huettemann-hotz.de
    www.lignotrend.de
    www.maderasmedina.com
    www.masonite-beam.se
    www.mediamadera.com
    www.merk.de
    www.mitek.fr
    www.nailweb.com
    www.osbguide.com
    www.tecnaria.com


    Competencias
    - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira
    - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, serrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables
    - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira
    - Comprender a importancia do correcto deseño no funcionamiento das Industrias Forestais
    - Capacidade para o cálculo e deseño de instalacións de transformación da madeira
    - Recoñecer os distintos tipos de modelos de deseño de industrias forestais segundo produtos e mercados destes produtos

    Metodoloxía da ensinanza
    É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.

    Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.

    Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.

    Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.

    Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.

    Sistema de evaluación
    - Méritos básicos non imputables na evaluación numérica
    Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas)

    - Méritos imputables na avaliación numérica
    - Opción 1: Presentación, durante o cuatrimestre dun total de 3 traballos que plasman o contido teórico e práctico da asignatura
    - Opción 2: Asistencia a proba escrita
    Preguntas breves 65 % da nota final
    Preguntas tema 35 % da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 2 horas de adicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 20 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 25 horas para a preparación do traballo de documentación.

    É dicir, son necesarias un total de 45/50 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia

    Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos

    Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos

    Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora

    Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada