P4171105 - Produción de biomasa e cultivos enerxéticos ( Industrias e Enerxías Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 34.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAdquirir coñecementos dos sistemas de produción de biomasa lignocelulósica e a súa relación cos principais biocombustibles sólidos utilizados en procesos de produción de enerxía térmica ou eléctrica
ContidosTeóricos: Fundamentos de biomasa e agroenerxía. Sustentabilidade e efectos ambientais. Produción
de biomasa en sistemas forestais: leñas, restos de corta e cepos, uso enerxético de
plantacións forestais tradicionais. Xestión selvícola para aproveitamiento enerxético.
Densidades de implantación. Rareos enerxéticos. Cultivos enerxéticos leñosos de curta
rotación. Cultivos enerxéticos herbáceos. Protección: protección de sistemas forestais e de
cultivos enerxéticos: sistemas de control internacional, axentes causantes de danos,
inventario de danos e control. Características da biomasa como biocombustible.
Prácticos (docencia interactiva):
-Práctica de campo 1: Visita a cultivos enerxéticos leñosos de chopo.
-Práctica de campo 2: Xestión de restos de corta mediante enfarrado.
-Micropropagación de planta para establecemento de cultivos enerxéticos de Miscanthus x giganteus.
-Prácticas de protección en sistemas forestais e de cultivos enerxéticos.
Bibliografía básica e complementaria-Serrada, R., Montero, G., Reque, J., 2009. Compendio de selvicultura aplicada en España
-Vega, D., Dopazo, R., Ortíz, L., 2010. Manual de cultivos energéticos. UVIGO, 211 pp.
-AENOR, 2011. UNE-EN 14961-1. Biocombustibles sólidos: especificaciones y clases de combustibles. Parte 1: requisitos generales
-Camps, M., Marcos, F., 2008. Los biocombustibles. 2ª Edición. Mundi Prensa. 383 pp.
-Energiespaverband, 2010. Biomass heating in upper Austria: green energy, green jobs. 40 pp.
-IDAE, 2009. Guía técnica: instalaciones de biomasa térmica en edificios. Ministerio de Industria, turismo y comercio. 88pp
-Ortíz, L., 2008. Producción de biocombustibles sólidos de alta densidad en España. Boletín del CIDEU, 5, 107-123.
-Raitila, J. & Hillebrand, K. Improvement of firewood quality, Quality Wood Project Report WP3.2/2008, Project EIE/06/178/SI2.444403. Jyväskylä, Finland, December 2008, 38 pages.
- Revistas: Biocombustibles, Biomass and Bioenergy, Bioenergy international (edición España)
- I y II Congresos Ibéricos de biocombustibles.
- Tolosana, E.; Ambrosio, Y.; Laína, R. Y Martínez Ferrari, R.; 2009. Guía de la maquinaria para el aprovechamiento y la elaboración de biomasa forestal. Cesefor, Junta de Castilla y León, 92 pp
CompetenciasA materia pretende cubrir, ao menos en parte, a competencia xeral correspondente ao máster de Enxeñería de Montes: Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables, así como a competencia específica: Enerxías renovables no medio Forestal e Natural.
Metodoloxía da ensinanza A docencia incluirá tanto actividades expositivas (16 h) como interactivas (16 h), de laboratorio ou practicas de campo. Na docencia expositiva achegaranse resumos e análises xerais do estado da arte en temas clave, orientando ao alumnado para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. Nas clases interactivas discutiranse os traballos desenvolvidos polos alumnos e desenvolveranse prácticas de laboratorio e 2 visitas de campo (Prácticas de campo), en particular a parcelas de ensaio. A asistencia ás clases considérase necesaria para a superación da materia.
Sistema de evaluaciónAvaliación: mediante unha combinación de probas de avaliación e traballos da materia, individuais ou en grupo. A asistencia e seguemento das clases, en particular no caso de prácticas e visitas, tenrá un peso importante na avaliación. A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axustarase a unha avaliación continuada, considerando a asistencia a clase, o resultado de probas de avaliación y a avaliación de traballos personais ou exercicios. A entrega de exercicios ou traballos propostos polo profesorado, ou derivados das prácticas, será obrigatoria. Para superar a materia deberá acreditarse a asistencia a un mínimo do 80% das actividades programadas. O peso das probas escritas na cualificación final será dun 60%, debendo aprobarse en calquera caso.
Tempo de estudo e traballo persoalO correspondente á asignación de 4 créditos ECTS á materia. A memoria do máster inclúe 3 horas de traballo en grupo, 24 h de lectura e preparación de temas, 8 h de realización de exercicios, 8 h de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre elas, 6 h de elaboración de traballos de curso e 14 h de preparación de probas de avaliación, xunto con 5 h de realización das ditas probas.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clases e uso do horario de tutorías do profesorado