P4161101 - Construcións e infraestruturas agroindustriais (Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 34.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo fundamental desta materia é proporcionar ao alumno a formación básica necesaria para afrontar o deseño, cálculo, planificación, execución e dirección de proxectos de construción rural, todo iso no marco da normativa vixente en materia de edificación e obra civil.
ContidosA materia estrutúrase en tres unidades fundamentais:
- UNIDADE 1. Naves Agroindustriais.
- UNIDADE 2. Deseño e cálculo de Estruturas Metálicas
- UNIDADE 3: Infraestrutura Rural
PROGRAMA DE DOCENCIA EXPOSITIVA
- UNIDADE 1. Naves Agroindustriais.
o TEMA 1.- Elementos prefabricados en construción agroindustrial
o TEMA 2.- Cubertas y Cerramentos
- UNIDADE 2. Deseño e cálculo de Estruturas Metálicas
o TEMA 3.- Cálculo de pezas a tracción.
o TEMA 4.- Cálculo de pezas a compresión.
o TEMA 5.- Cálculo de pezas a flexión.
o TEMA 6.- Introdución aos métodos anelásticos de cálculo.
o TEMA 7.- Unions soldadas e atornilladas.
o TEMA 8.- Elementos de apoio.
- UNIDAD 3: Infraestrutura Rural
o TEMA 9.- Xeotecnia.
o TEMA 10- Cimentacións. Informe xeotécnico
o TEMA 11.- Estruturas de contención
o TEMA 12.- Presas de Terra
o TEMA 13.- Estabilidade de Taludes
o TEMA 14.- Obras de paso
PROGRAMA DE DOCENCIA DE LABORATORIO E TITORÍAS INTERACTIVAS
- UNIDAD 1. Naves Agroindustriais.
o LABORATORIO 1.- Elementos prefabricados en construción agroindustrial
o LABORATORIO 2.- Cubertas y Cerramentos
- UNIDAD 2. Deseño e cálculo de Estruturas Metálicas
o LABORATORIO 3.- Cálculo de pezas a tracción.
o LABORATORIO 4.- Cálculo de pezas a compresión.
o LABORATORIO 5.- Cálculo de pezas a flexión.
o LABORATORIO 6.- Introducción aos métodos anelásticos de cálculo.
o LABORATORIO 7.- Unións soldadas y atornilladas.
o LABORATORIO 8.- Elementos de apoio.
- UNIDAD 3: Infraestructura Rural
o LABORATORIO 9.- Xeotecnia.
o LABORATORIO 10.1- Cimentacións.
o LABORATORIO 10.2.- Informe xoetécnico
o LABORATORIO 11.1.- Estruturas de contención I
o LABORATORIO 11.2.- Estruturas de contención II
o LABORATORIO 12.- Presas de Terra
o LABORATORIO 13.- Estabilidade de Taludes
o LABORATORIO 14.- Obras de paso
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA RECOMENDADA
- UNIDADE 1. Naves Agroindustriais.
o IECA. 1996. Edificación con prefabricados de hormigón. Madrid.
- UNIDADE 2. Deseño e cálculo de Estruturas Metálicas
o Ministerio de Fomento. 2010. Código Técnico de la Edificación. Madrid.
(http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/).
o Ministerio de Fomento 2011. Instrucción de acero estructural. (http://www.fomento.gob.es/MFOM/LANG_CASTELLANO/ORGANOS_COLEGIADOS/CPA/INSTRUCCIONES/VERSION_CASTELLANO/)
o José Monfort y otros. Problemas de Estructuras Metálicas adaptados al Codigo Técnico de la Edificación. Ed. Universidad Politecnica de Valencia.
o Argüelles Álvarez, R. y otros. 1999. Estructuras de acero. Cálculo, norma básica y eurocódigo. BELLISCO. Madrid.
- UNIDADE 3: Infraestrutura Rural
o Ministerio de Fomento. 2010. Código Técnico de la Edificación. Madrid.
(http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/).
o Ministerio de Fomento. 2009. EHE-08: Instrucción de Hormigón Estructural. Edición 3ª ed. Madrid. Centro de Publicaciones
o Calavera Ruiz, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Calavera Ruiz, J. 2001. Muros de contención y muros de sótano. 3ª ed. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Ayala Carcedo, F. J. 2006. Manual de ingeniería de taludes. Madrid. Instituto Tecnológico Geominero de España.
o Dal-Ré, R. (Coord). 2012. Pequeños embalses de uso agrícola. Madrid : Mundi-Prensa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
o Asociación Española de Normalización y Certificació AENOR. 1999-2001. Eurocódigo 7: proyecto geotécnico. Madrid. Colección Eurocódigos (AENOR).
o Calavera Ruiz, J. 1993. Manual de detalles constructivos en obras de hormigón armado : edificación, obras públicas. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Calavera Ruiz, J. 2008. Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón: en masa, armado y pretensado. 2ª ed. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Dal-Re, R. 2001 Caminos Rurales. Proyecto y construcción. 3ª Edición. Mundi Prensa.
o Jiménez Montoya, P. 2009. Hormigón armado. Edición 15ª ed. basada en la EHE 2008, ajustada al Código modelo y al Eurocódigo EC-2. Gustavo Gili.
o Jiménez Salas. J.A. et al. 1975, 1980, 1981. Geotecnia y cimientos. Tomos I, II y III. Editorial Rueda. Madrid.
o Rodríguez Ortiz, J.M., Serra Gesta, J., Otero Mazo, C. 1982. Curso aplicado de cimentaciones. Madrid. Servicio de Publicaciones del Colegio Oficial de Arquitectos.
CompetenciasCompetencias xerais
Entre as competencias xenerais que o alumno adquire na titulación (apartado 3 do Anexo da Orden CIN/325/2009, de 9 de febrero), a materia de Construcións e infraestruturas agroindustriais trata de contribuir a proporcionar fundamentalmente as seguintes:
- CG2: Capacidade para diseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, os edificios, as instalaciónns e os equipos necesarios para o desenvolvemento eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
- CG4: Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas plantexados en situacións novas, analizando a información proveninte do entorno e sintetizándola de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Competencias específicas da materia
As competencias específicas da materia son as CE4: Construcións agroindustriais, infraestruturas e camiños rurais. (apartado 5 do Anexo da Orden CIN/325/2009, de 9 de febreiro)
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase fundamentalmente a través de clases teóricas, clases de laboratorio, tutorías e control da aprendizaxe. Nas clases teóricas, os profesores exporán aos alumnos os conceptos básicos máis relevantes da materia. O seu contido consistirá fundamentalmente en explicacións dos fenómenos que ocorren nos diferentes elementos estruturais e as comprobacións de cálculo que hai que realizar para asegurar o seu correcto funcionamento. Estas clases completaranse con clases de laboratorio nas que se resolverán casos prácticos mediante cálculo manual e ferramentas informáticas. Durante todo o curso, os profesores que imparten a materia estarán a disposición dos alumnos en horario de titorías, no despacho. Durante o desenvolvemento do curso, os profesores poderán expor probas de control da aprendizaxe, para que o alumno poida ir comprobando o seu grao de comprensión, seguimento e aprendizaxe.
Sistema de evaluación- Asistencia a clase: Recoméndase asistir a clase, sen que sexa obrigatorio facelo para superar a materia. A asistencia regular a clase será considerada positivamente na avaliación final.
- Realización de prácticas, seminarios e traballos: A asistencia regular a prácticas e realización dun traballo individual consideraráse á hora de realizar a avaliación final do aprendizaxe.
- Probas: Únicamente haberá una proba final, con dúas partes (1ª Naves agroindustriais e Elementos de edificación, 2ª Infreastruturas). Apróbase cada parte acadando a lo menos o 50% do seu valor. A nota obtida será a nota media das dúas partes. Si se suspende alguna parte, compensanse as notas dunas partes con outras, sempre que na parte a compensar se obtenga máis do 25% do seu valor e en conxunto todas as notas sumen máis de 5 sobre 10. Si se aprueba alguna parte e se suspende outra, conservase a parte aporobada ata a convocatoria de xullo. No caso de no aprobar a parte pendente en septembro, será necesario repetir a asignatura completa.
Tempo de estudo e traballo persoalTema HE HL Hti Total
1 1 1 0 2
2 1 1 0 2
3 1 1 0 2
4 1 1 0 2
5 1 1 0 2
6 1 1 1 3
7 1 1 0 2
8 1 1 0 2
9 1 1 0 2
10 2 2 0 4
11 2 2 0 4
12 1 1 0 2
13 1 1 0 2
14 1 1 1 3
Total 16 16 2 34
Recomendacións para o estudo da materiaPara alcanzar os obxectivos propostos, convén asistir a clase, conseguir a documentación adicional, tomar notas e realizar as preguntas daqueles aspectos que ofrezan algunha dúbida. É moi importante estar atento sempre ás referencias á Normativa, anotando con claridade o parágrafo do artigo comentado en cada momento da clase.
Para o traballo persoal, tanto individual como en grupo, recoméndase ler e comprender os aspectos teóricos de cada tema, repasar os casos prácticos resoltos en clase e a continuación tratar de abordar os problemas propostos polo profesor.
Resulta fundamental nesta materia comprender ben os conceptos e sabelos aplicar á realidade, polo que hai que tratar de resolver os casos prácticos propostos. Isto axuda a clarificar os conceptos e permite familiarizarse co modo de traballo e os procesos de cálculo e comprobación dos elementos estruturais que se pretende comprender.
Conforme se estuda a materia, convén recompilar todas aquelas dúbidas que vaian xurdindo para acudir ás titorías e resolvelas. En ditas titorías comentarase e comprobarase tamén como se resolveron os problemas propostos polo profesor.
Toda a documentación da materia, se está ben traballada e elaborada, resultará unha axuda básica e fundamental para a realización da proba final da materia, dado que para devandita proba final permitirase utilizar material de consulta.
Se estima que pode ser necesario dedicar entre unha e tres horas de estudo por cada hora de asistencia a clase para poder conseguir os obxectivos finais da materia.