P4161102 - Xestión de recursos hídricos (Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 34.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO alumno aprenderá as ferramentas para a estimación de recursos hídricos superficiais e subterráneos, e fundamentos da xestión dos mesmos. O estudiante acadará un grado suficiente de coñecemento o fluxo de auga en lámina libre e o deseño de obras e instalacións hidráulicas.
Considérase de gran importancia a capacidade de interrelacionar os contidos, e aplicacións, da disciplina impartida con outras materias.
ContidosOs contidos teóricos da materia agrúpanse en duas unidades docentes. Estes bloques didácticos son “Hidroloxía”; “Réxime libre e Hidrometría”
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á HIDROLOXÍA.
TEMA 2. PRECIPITACIÓN.
TEMA 3. AUGA SUBSUPERFICIAL: INFILTRACIÓN.
TEMA 4. AUGA SUPERFICIAL. ESCOAMENTO.
TEMA 5. HIDROGRAMAS
TEMA 6. ESTATÍSTICA HIDROLÓXICA.
TEMA 7. HIDROLOXÍA SUBTERRÁNEA
TEMA 8. LEXISLACIÓN DE AUGAS
TEMA 9. XESTIÓN DE RECURSOS HIDRÁULICOS
TEMA 12. SECAS.
TEMA 13. CALIDADE DE AUGA.
TEMA 14.CORRENTES LIBRES
TEMA 15. CANLES: CONSIDERACIÓNS HIDRÁULICAS
TEMA 16.MOVIMENTO PERMANENTE, UNIFORME E NON UNIFORME
TEMA 17. CANLES: TRAZADO E ELEMENTOS
TEMA 18. AFORO E RÉXIME LIBRE
PRÁCTICAS
A asistencia ás mesmas será obrigatoria, haberá a posibilidade de facer un traballo sobre as prácticas (en grupo, cun máximo de 2 persoas), os traballos valoraranse de 0 a 2 puntos, que se engadirán á nota final da materia. A nota das prácticas conservarase durante dous cursos académicos.
Práctica Nº 1: Delimitación e caracterización dunha conca hidrolóxica usando un Sistema de Información Xeográfico (1 punto)
Práctica Nº 2: Manexo e calibración de modelos hidrolóxicos (1 punto)
Bibliografía básica e complementariaASCE. 1996. River hydraulics. ASCE Press. New York. 144 pp. http://www.usace.army.mil/inet/usace-docs/engmanuals/em.htm
Balairón, L., 2000. Gestión de recursos hídricos. Universidad Politécnica de Cataluña, Barcelona.
Bos M.G. (ed). 1989. Discharge measurement structures, International Institute for Land Reclamation and Improvement, Wageningen.
Brunner, G.W. 2002. HEC-RAS River Analysis System. Hydraulic Reference Manual. HEC-USACE. Davis. 380 pp.
CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
Chaudhry, M.H. 1993. Open-channel flow. Prentice Hall. New Jersey. 483 pp.
Chow, V.T. 1982. Hidráulica de los canales abiertos. Editorial Diana. México. 633 pp.
Chow, V.T.; Maidment, D.R.; Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. Editorial McGraw-Hill Interamericana, Santafé de Bogotá, Colombia.
Collischon, W., Tassi, R. Introduzindo Hidrologia. Apostila IPH/UFRGS. Dispoñible en (http://galileu.iph.ufrgs.br/collischonn/apostila_hidrologia/apostila.html)
Franzini, J.B. y Finnemore, E.J. 1999. Mecánica de fluidos con aplicaciones en ingeniería. Editorial McGraw-Hill, Madrid.
French, W.H. 1988. Hidráulica de canales abiertos. McGraw-Hill. México.
Muñoz Carpena, R, Ritter Rodríguez, A. 2005. Hidrología Agroforestal. MUNDI PRENSA LIBROS S.A
Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. 2007: "Hidráulica". Universidade da Coruña
Villanueva, M. y A.Iglesias (1984) :Pozos y Acuíferos. Técnicas de Evaluación mediante ensayos de bombeo, Instituto Geológico y Minero de España, 426 pp. Dispoñible en (http://www.igme.es/internet/sistemas_infor/PublicAgotadasPDF/pozos_acuiferos_2.pdf)
TEXTOS LEGISLATIVOS
Planes hidrológicos de cuenca
Directiva Marco del Agua
Ley de aguas
Reglamento del Dominio Público Hidráulico
Instrucción de planificación hidrológica
PÁXINAS WEB
Hidrologia.usal.es- material docente relacionado coa hidroloxía
Hercules.cedex.es – base de datos de caudais de ríos de España
CompetenciasAprender a gestionar recursos hídricos mediante a adquisición de competencias en hidroloxía, hidrodinámica, hidrometría, obras e instalacións hidráulicas.
Metodoloxía da ensinanza No transcurso das clases teóricas facilítase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida.
O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico mediante a realización de problemas prácticos.
A materia ten unha compoñente de prácticas, comprensión e cálculo do ciclo hidrolóxico e as suas componentes, manexo de modelos hidrolóxicos, estimación de procesos de hidroloxía subterránea, fluxo en lámina libre, modelación e cálculo.
Sistema de evaluación1. Exame teórico, constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
- Teórico: Consistirá en preguntas ou cuestións teóricas sen apuntes. Supoñen o 30 % da nota do exame teórico sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 para poder facer media coa parte de problemas.
- Problemas: Supón o 70 % da nota do exame teórico e consiste na resolución de varios problemas, para poder facer media coa parte teórica necesítase un mínimo de 3 puntos sobre 10. As fórmulas e táboas necesarias para a resolución proporcionaranse no exame.
2. Programa práctico: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración máxima 2 puntos.
3. Outras actividades, exames en clase (sen previo aviso), exercicios propostos 10% da puntuación total da materia.
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na convocatoria de Maio como na de Xullo.
Os alumnos repetidores poderán conservar a nota do programa práctico e das outras actividades durante dous cursos académicos incluíndo o actual.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo adicado á asistencia presencial para as clases de expositiva é de 16 horas, as clases de interactivas 16 horas, para o traballo persoal do alumno adicado á materia 65 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
ObservaciónsPrazos de entrega de traballos de prácticas:
Os traballos de prácticas deberán ser entregados nun prazo máximo de 30 días naturais a partir da data de realización da práctica.