Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161103 - Xestión enerxética nos procesos agroalimentarios (Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MASEDA EIMIL, FRANCISCO.NON
Rodríguez Rodríguez, Manuel Ramiro.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
    • Saber xestionar equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción agroalimentaria, destacando a importancia da eficiencia enerxética destes.
    • Busca autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.

    2.- OBXECTIVOS ACTITUDINALES
    • Sensibilizar aos estudantes sobre a importancia do aforro enerxético e a xestión da enerxía, como base fundamental para a eficiencia da produción de alimentos.
    • Sensibilizar ao alumno en relación cos deseños máis axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista de enerxético.
    Contidos
    1.- CONTIDOS TEÓRICOS
    • Regulación, instrumentación e control de sistemas e liñas de produción.
    • Visualización e optimización de procesos agroalimentarios: Monitorización e control enerxético.
    • Sostibilidade e eficiencia enerxética.
    • Sistemas de xestión enerxética: auditorías enerxéticas.
    • Mellora da xestión enerxética: coxeración e aforro enerxético.
    • Distribución e comercialización da enerxía eléctrica.
    • Tarifas e custo da enerxía.

    2.- CONTIDOS PRÁCTICOS
    • Tarificación básica.
    • Técnicas de aforro enerxético. Certificación do Sistema de Xestión Enerxética ISO 50001.
    • Auditorías enerxéticas.
    Bibliografía básica e complementaria
    1.- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    • Carretero Peña, Antonio y García Sánchez, Juan M., (2012): Gestión de la eficiencia energética: cálculo del consumo, indicadores y mejora. AENOR Ediciones. Madrid (216 páx.). ISBN: 9788481437522.
    • Fernández Salgado, José María. (2011): Eficiencia energética en los edificios. AMV Ed, 1ª ed. Madrid (244 pax.). ISBN: 9788496709713.

    Competencias
    1.- COMPETENCIAS XERAIS

    • CG1: Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
    • CG2: Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
    • CG4: Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas formulados en situacións novas, analizando a información proveniente do ámbito e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
    • CG5: Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
    • CG7: Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.

    2.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    • CE3: Xestión de equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción agroalimentaria.

    3.- COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    • CT1: Capacidade de análise e síntese.
    • CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    • CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    • CT4: Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
    • CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
    • CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    • CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
    • CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
    • CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
    • CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
    • CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
    Metodoloxía da ensinanza
    1.- DOCENCIA EXPOSITIVA

    Empregarase o modelo de lección maxistral, onde se incidirá nos aspectos máis importantes de cada tema. Empregaranse a lousa e o canón de vídeo. Para estudar cada tema, o alumno terá á súa disposición a aula virtual os seguintes materiais:
    • Diapositivas das clases expositivas.
    • Desenvolvemento do temario teórico.
    • Cuestionarios de auto-avaliación.
    • Outra información de interese.
    Promoverase a lectura dos temas antes da súa exposición, a preparación e o estudo destes e a posterior realización dos cuestionarios de autoavaliación. Requírese a participación dos estudantes para aclarar dúbidas durante a clase.

    2. -DOCENCIA INTERACTIVA

    Fomentarase a participación e traballo do alumno a través da aplicación práctica dos conceptos aprendidos á resolución de problemas relacionados coa xestión da enerxía:
    • Tarificación básica
    • Técnicas de aforro enerxético
    - Verificación termográfica
    - Introdución ao mantemento predictivo
    - Integración de sistemas renovables en ámbitos agroindustriales
    - Optimización de sistemas de climatización agroindustrial
    • Certificación do Sistema de Xestión Enerxética ISO 50001
    • Auditorías enerxéticas

    3. -TITORÍAS INDIVIDUAIS

    Os alumnos poden acudir a estas titorías no horario do profesor para calquera cuestión relacionada coa materia.
    Sistema de evaluación
    As actividades de avaliación que se contemplan son:
    • Exame final, exames parciais e controis: 60%
    • Traballos e outras actividades desenvolvidas durante o curso: 40%
    Levarase a cabo un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de probas parciais e traballos de forma individual e/ou en grupo, que se levarán a cabo de modo aleatorio ao longo do curso. Aqueles alumnos que non superen a materia mediante os traballos e probas parciais, farán un exame final da totalidade do programa da materia.
    Todos os traballos e actividades levadas a cabo nas clases, tanto expositivas coma interactivas, deberán ser entregados nos prazos establecidos, e nunca despois da data do exame do primeiro período de avaliación.
    Para o segundo período de avaliación manterase a distribución da cualificación e as cualificacións de todos os apartados da convocatoria ordinaria, é dicir, das probas parciais, traballos e outras actividades realizadas. O alumno presentarase ao exame final nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
    Os estudantes que xa cursaron a materia e teñan entregado e aprobado os traballos e actividades relacionados coas clases interactivas non é necesario que os repitan e conservarán a nota do curso anterior.
    A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non teñan cualificación ningunha nos distintos apartados dá avaliación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    1.- TRABALLO PRESENCIAL: 26.0

    • Docencia expositiva: 12.0
    • Docencia interactiva: 12.0
    • Actividades de avaliación: 2.0

    2.- TRABALLO NON PRESENCIAL: 49.0

    • Docencia expositiva: 20.0
    • Docencia interactiva: 10.0
    • Actividades de avaliación: 9.0
    • Elaboración de traballos de curso: 10.0

    3.- HORAS TOTAIS: 75.0



    Recomendacións para o estudo da materia
    Va a ser de gran utilidad que los alumnos tengan conocimientos de Electrificación Rural o Instalaciones Eléctricas, Termotecnia e Instalaciones Térmicas y Automatización y Control de las Instalaciones.
    Observacións
    As titorías serán luns e martes de 10:00 a 13:00 h no despacho número 13 do pavillón 2, planta 2ª superior.
    Os estudantes matriculados na materia contarán con atención continuada a través do Campus Virtual. O correo electrónico do profesor é: manuelramiro.rodriguez@usc.es.
    O idioma empregado será o galego e o castelán ao 50% cada un deles.
    A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información encóntrase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).