P4161106 - Sistemas de rego e drenaxe (Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é dotar o alumno de ferramentas para o estudo, a compresión e a utilización dos sistemas e tecnoloxías de goberno da irrigación e o drenaxe. Outros obxectivos atinxen á modernización e avalación da eficiencia da utilización da auga en zonas regables. Presentaranse os grandes eixos económicos, sociais e ambientais sobre os que debe asentarse unha xestión racinal de regadios
Neste sentido, búscase que os alumnos poidan dominar con soltura os principios teóricos e prácticos da enxeñaría no campo da hidráulica aplicada. Ademais, preténdese que adquiran unha visión dos diferentes campos de aplicación destes coñecementos. Considérase de gran importancia a capacidade de interrelacionar os contidos, e aplicacións, da disciplina impartida con outras materias.
ContidosSistemas de rega. Avaliación de sistemas de rega
Modernización e rehabilitación de regadios
Xestión de regadíos. Modelización
Sistemas de asesoramento ao regante. Deseño e utilización
Xestión ecosistemica da auga
Sisteamas de drenaxe
Bibliografía básica e complementariaDe Paco López‐Sánchez,, J. 1993. Fundamentos del cálculo hidráulico en los sistemas de riego y drenaje. Ed. Mundi Prensa.
Hardy, L. ; Garrido, A .2010. Análisis y evaluación de las relaciones entre el agua y la energía en España. Papeles de Agus Virtual nº 6, Fundación Botín. Madrid
IDEA. 2005. Ahorro y eficiencia energética en agricultura de regadío. Madrid, IDEA
Lecina, S. 2009. Efecto de la modernización de regadíos sobre la cantidad y la calidad de las aguas : la cuenca del Ebro como caso de estudio . Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria, Madrid..
Martín de Santa Olalla, F. y J. De Juan Valero. 1993. Agronomía del riego. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Merriam J. ; J. Keller. 1978. Farm Irrigation system evaluation: A guide for management. Department of Agriculture and Irrigation Engineering. Utah State University, Logan, Utah, USA.
Pizarro, F. 1978. Drenaje agrícola y recuperación de suelos salinos. Ed. Agrícola Española. Madrid
Tarjuelo, J.M., 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ediciones Mundi-Prensa. 569 pp.
CompetenciasBúscase que os alumnos poidan dominar con soltura os principios teóricos e prácticos da enxeñaría no campo da Hidráulica aplicada. Ademais, preténdese que adquiran unha visión dos diferentes campos de aplicación destes coñecementos
Metodoloxía da ensinanza A docencia articúlase mediante as clases de docencia expositiva, complementada con outras de docencia interactiva (seminarios e salas de informática). No transcurso das clases teóricas, facilitase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida. O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición, dun xeito participativo, dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico, mediante a realización de exercicios aplicados e a resolución de supostos.
Os seminarios dedícanse á resolución de supostos prácticos que sirvan para comprender mellor os conceptos teóricos e a súa aplicación a casos reais. Con este tipo de exercicios estimúlase a capacidade de análise, relación e creatividade dos alumnos. Nas horas dedicadas a seminarios tamén se tratan temas específicos de xeito monográfico que complementen as clases teóricas.
As clases prácticas de seminario/laboratorio concíbense como continuación das prácticas desenvolvidas no primeiro ciclo e perseguen a mellor comprensión dos conceptos explicados nas clases teóricas. Tamén se utilizarán programas de simulación hidrolóxica e hidráulica utilizados no exercicio profesional, para familiarizarse tanto cos seus principios teóricos como co seu manexo, e podelos aplicar á resolución de problemas reais.
É importante mencionar as titorías, o apoio non presencial á docencia e as actividades complementarias programadas.
As titorías permítenlles aos profesores realizar un labor docente personalizado. Unha das principais utilidades das horas de titorías consiste na resolución das dúbidas presentadas sobre a materia explicada ou sobre algún tipo de problema ou exercicio proposto na clase.
A Universidade de Santiago de Compostela proporciona un soporte ás actividades de ensinanza, tanto presencial como a distancia, mediante o Campus Virtual. Ademais, tamén está á disposición dos alumnos, e de calquera persoa interesada nalgún tipo de consulta, a páxina web da Escola Politécnica Superior de Lugo (http://www.lugo.usc.es/epslugo/) e a do Departamento de Enxeñaría Agroforestal (http://www.lugo.usc.es/~enagr/), onde se pode atopar información relativa á docencia da materia.
Sistema de evaluaciónNormas curso 2013-20014
- Un exame final (8,0 puntos)
- Titorias individualizadas -para un suposto práctico- (2 puntos), válidas para un curso académico
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial en aula (clases, seminarios, prácticas, titorias, avaliación): 27 horas
Traballo persoal do alumno ( lectura e preparación temas, preparación previa prácticas, preparación probas de avaliación): 48 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia a clase é moi importante. Recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas.