Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4161108 - Mellora xenética animal (Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xenética
  • Áreas: Xenética
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SAN MIGUEL SALAN, EDUARDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A Mellora Xenética é a aplicación da ciencia xenética aos rendementos dos animais domésticos. O obxectivo básico é a predición do valor xenético dun individuo a partir dos datos obtidos deste ou dos seus parentes. O propósito da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán aos seus descendentes.

    Contidos
    Tema 1. - INTRODUCIÓN. A mellora xenética e os carácteres produtivos. Ferramentas da mellora xenética. Carácteres cuantitativos, cualitativos e merísticos. Bibliografía
    Tema 2. - COMPOSICIÓN DA VARIANZA FENOTÍPICA. Valor genotípico, valor fenotípico e desviación ambiental. Valor medio da poboación. Efecto medio dun xene. Valor reprodutivo ou mellorante. Varianzas genotípica e ambiental. Correlación xenotipo-ambiente. Varianza xenotipo-ambiente. Norma de reacción. Herdabilidade en sentido amplo.
    Tema 3. - METODOS DE ESTIMA DA HERDABILIDADE. Parecido entre fillos e un parenteral. Parecido entre fillos e parenteral medio. Parecido entre irmáns. Parecido entre medios irmáns. Precisión das estimacións. Repetibilidade. Datos das estimas de herdabilidades a nivel mundial.
    Tema 4. - RESPOSTA Á SELECCIÓN. Concepto de resposta. Selección masal e familiar. Detección de QTLs. Biotecnoloxía e mellora xenética animal: selección asistida por marcadores. Endogamia e o seu efecto nos carácteres métricos: depresión endogámica en animais domésticos e na natureza. Heterosis.
    Tema 5. - VARIACIÓNS CROMOSÓMICAS EN MELLORA XENÉTICA. Variacións cromosómicas e a mellora en acuicultura: poboacións monosexo e triploides; exemplos en salmónidos e outros grupos de especies acuícolas cultivadas.
    Tema 6. - XENÉTICA DA CONSERVACIÓN. A diversidade xenética é o obxectivo da Xenética da Conservación. O censo poboacional e o seu impacto sobre a supervivencia das especies. Conservación ex Situ e in situ.

    Bibliografía básica e complementaria
    FALCONER, D.S. y MACKAY, T.F.C. 2001. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
    GJEDREM, T. (Editor). 2005. Selection and Breeding Programs in Aquaculture. Springer.
    LEGATES, J.E. y WARWICK, E.J. 1992. "Cría y Mejora del Ganado". Ed. Interamericana.
    LUTZ, C.G. 2001. Practical Genetics for Aquaculture. Blackwell.
    LOPEZ-FANJUL, C. y M.A. TORO. 1990. "Mejora genética de peces y moluscos”. Ed. Mundi-Prensa.
    NICHOLAS, F.W. 1998. Introducción a la Genética Veterinaria. Ed. Acribia.
    PETRIE, A.; WATSON, P. 2006. Statistics for Veterinary and Animal Sciences. Blackwell.
    Competencias
    Ao finalizar o curso, o alumno debe ter:

    1) Coñecementos sobre a natureza xenética dos carácteres de interese económico nas diferentes especies de animais.

    2) Capacidade para seleccionar os reprodutores de maior valor xenético dentro dunha poboación e deseñar esquemas de selección que permitan maximizar a ganancia xenética deste.

    3) Proximidade ás aplicacións da xenética molecular na mellora xenética animal.

    4) Familiaridade coa conservación dos recursos xenéticos animais e coas novas tecnoloxías reprodutivas.

    5) Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas e interactivas de lousa
    Van ser o núcleo básico da metodoloxía docente desta materia. Daranse ao grupo completo. Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa e a aplicación destes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas ou casos prácticos. O desenvolvemento dos contidos farase con axuda de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, encerado, etc.).

    Prácticas de laboratorio e/ou aula de informática
    Son tres as prácticas a realizar na materia, cada unha delas conta cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Tras a finalización da práctica estes contestarán un cuestionario que entregarán ao devandito profesor para a súa avaliación.
    Práctica 1. - Biometría dun carácter métrico de interese comercial e a estimación da súa herdabilidade por regresión lineal (laboratorio de Xenética).
    Práctica 2. - Cálculo de consanguinidades mediante o programa ENDOG (aula de informática ou laboratorio de Xenética).
    Práctica 3. - Simulación de distintos situacións en Xenética de poboacións (selección, deriva xenética, etc.) utilizando o programa POPULUS (aula de informática ou laboratorio de Xenética).


    Boletíns de problemas

    Os estudantes dispoñerán de boletíns de problemas e cuestións de complexidade crecente, relacionados cos conceptos tratados ao longo do semestre; a maioría dos problemas resolveranse en clase.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación consistirá nunha proba final escrita (non hai parciais) baseada nunha serie de cuestións e problemas que supoñerá o 85% da cualificación. O 15% restante da cualificación global establecerase sobre todo a partir da cualificación das prácticas, e da asistencia e participación do alumno nas clases interactivas e expositivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas e interactivas de encerado: Requirirán un total de 18 horas presenciais; 20 horas de traballo serán por parte do alumno.
    Clases prácticas: 6 horas presenciais e de asistencia obrigatoria por parte do alumno en aula de informática e/ou laboratorio de Xenética. Un total de 15 horas prevense necesarias para que o alumno chegue á comprensión de problemas e elabore os resultados das prácticas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    . Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases expositivas ou interactivas.
    . As prácticas de laboratorio son un bo momento para refrescar ideas ou conceptos, así como para formular dúbidas que aínda puidesen quedar.
    . Facer os boletíns de problemas á vez que se avanza no desenvolvemento dos conceptos.
    . Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.
    . Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web,…) que enriquecerán a súa perspectiva xa que comprenden moita máis casuística que a tratada durante o desenvolvemento das clases.