P4161110 - Sistemas de producción vexetal (Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 34.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaProfundizar nos coñecementos das bases da produción vexetal, das relacións do cultivo co seu entorno, e das técnicas agronómicas fundamentadas nas mesmas.
Relacionar estes coñecementos cos recibidos anterior ou simultaneamente integrándoo todo nun conxunto de coñecemento agronómico que dea criterio e capacidade para o deseño e o manexo de sistemas agrícolas no marco dunha agricultura sostible.
ContidosOs contidos da materia desenvolven os seguintes apartados:
1.- Sistemas agrícolas: características, criterios de análise e avaliación.
2.- Manexo de sistemas de produción vexetal.
3.- Evolución e perspectivas dos sistemas agrícolas en España e Galicia
4.- Estudio e análise dos principais sistemas agrícolas en Galicia.
Prácticas de campo: visita a diferentes sistemas agrícolas
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Loomis, R.S. y Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos: productividad y manejo en sistemas agrarios. Mundi-Prensa.
Urbano, P. 2002. Fitotecnia. Ingeniería de la producción vegetal. Mundi-Prensa
Villalobos, F.J. et al. 2002. Fitotecnia. Bases y tecnologías de la producción vegetal. Mundi-Prensa.
Bibliografía complementaria:
Na documentación de cada tema dispoñible para o alumno se sinala bibliografía específica
CompetenciasCoñecemento das bases e técnicas da produción vexetal e capacidade para aplicalas axeitadamente para deseñar, implantar e dirixir sistemas de explotación agrícola no marco dunha agricultura sostible: economicamente rentable e respetuosa co entorno.
Capacidade de avaliar sistemas de cultivo, identificar os problemas e oportunidades que presentan e propoñer vías de mellora axeitadas.
Metodoloxía da ensinanza Desenvolvemento dos contidos temáticos mediante clases expositivas apoiadas con material audiovisual
Aplicación dos conceptos adquiridos durante as clases expositivas nas clases prácticas:
- resolución de casos prácticos en pizarra e mediante uso de ordenador
- prácticas de laboratorio e campo
- viaxe de prácticas a distintas explotacións agrarias
As clases expositivas e as prácticas se coordinan alternándose ó longo do curso.
Sistema de evaluaciónA avaliación conta con dúas compoñentes obrigatorias: exame e traballo. A nota final da materia será a media ponderada segundo a relación:
- Exame: 65%.
- Traballo: 35%.
Tanto o exame como o traballo son obrigatorios e é necesario obter alomentos unha nota de 4.5 en calquera de eles para facer a media.
A asistencia a prácticas é obrigatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalAs actividades presenciais son as previstas na programación da materia, incuindo clases expositivas e interactivas, titorías e probas de avaliación.
O tempo non presencial é o que se estima necesitará o alumno de traballo autónomo para poder superar con éxito a materia e inclúe a preparación de temas tralas clases expositivas, o traballo complementario ás clases interactivas (seminarios e prácticas), a preparación de traballos e un tempo adicional para a preparación das probas de avaliación.
A distribución das horas presenciais (P) e non presenciais (NP) que se estiman necesarias para completar a materia é:
Presencial No presencial
Clases teóricas 16 15
Seminarios 8 10
Practicas lab e campo 8 10
Elaboración de traballos 10
Preparación exames 15
Avaliación 4
Titoría persoal 4
TOTAL 40 60
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir á clase e levar a materia ao día.
- Realización de todas as tarefas propostas
- Estudio razoado, tratando de identificar y entender os conceptos principais.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias complementarias.
- Relacionar os coñecementos adquiridos cas súas aplicacións prácticas na agricultura.